Hynobius nebulosus
Hynobius nebulosus | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Hynobius nebulosus (Temminck & Schlegel, 1838) | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
Hynobius nebulosus é unha especie de anfibio da orde dos urodelos ou caudados e familia dos hinobíidos, unha das numeroas integradas no xénero Hynobius, do que é a súa especie tipo.
Endémica do Xapón, habita en bosques temperados, ríos, pantanos, mananciais de auga doce e terreos de regadío.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1838 polo naturalista neerlandés Coenraad Jacob Temminck e o herpetólogo alemán, que traballou en Leiden, Hermann Schlegel, baixo o nome de Salamandra nebulosa,[2] no seu traballo:
- Temminck, C. J. & Schlegel, H. (1838): "Reptilia" (Ver texto completo). En: Fauna Japonica, de Philipp Franz von Siebold.
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[2]
- Ellipsoglossa nebulosa (Temminck & Schlegel, 1838)
- Hynobius ikishimae Dunn, 1923
- Hynobius nebulosus subsp. nebulosus (Temminck & Schlegel, 1838)
- Hynobius peropus Boulenger, 1882
- Salamandra nebulosa Temminck & Schlegel, 1838 (protónimo)
Área de distribución
[editar | editar a fonte]Endémico do Xapón, Hynobius nebulosus ten unha área de distribución de 44 018 km2 que se estende pola metade norte do centro e oeste de Kyūshū, nas prefecturas de Fukuoka, Saga, Kumamoto, Kagoshima e Nagasaki, incluíndo as illas adxacentes de Iki e Fuku (Fukuejima), encontránsose a altitudes compendidas entre os 15 e os 670 m.[3]
A súa área de distribución e, polo tanto, a súa poboación, está moi fragmentada. E aínda que é unha especie común, observouse un descenso nos seus efectivos, e algunhas poboacións desapareceron recentemente.[1]
Bioloxía
[editar | editar a fonte]Esta especie ocupa bosques temperados onde se atopa en lugares húmidos baixo pedras e troncos.[4]
Cría en pozas, marismas, arrozais abandonados, cunetas e mananciais, onde tamén se desenvolven as larvas. Os sacos de ovos están unidos a plantas acuáticas ou restos delas. A reprodución prodúcese desde finais de xaneiro até finais de marzo.[3]
Ameazas
[editar | editar a fonte]Esta especie está ameazada pola construción de vivendas e de estradas, pola contaminación das augas, a presenza de especies invasoras e á diminución da humidade do seu hábitat. Tamén se captura para o comercio de mascotas. A súa área de distribución diminuíu moito debido principalmente á ampliación das áreas urbanas.[1]
Estado de conservación
[editar | editar a fonte]A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), tendo en conta que a súa distribución relativamente ampla e a súa poboación é, presuntamente grande, cualifica o status da especie como LC (pouco procupante). Porén, recentemente houbo algúns descensos da súa poboación, e a súa área diminuíu moito debido principalmente á ampliación das áreas urbanas, polo que se debería controlar a súa poboación.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 IUCN SSC Amphibian Specialist Group.(2021): Hynobius nebulosus na Lista vermella da UICN. Versión 2021-2. Consultada o 16 de novembro de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 Hynobius nebulosus (Temminck & Schlegel, 1838) no GBIF. Consultado o 16 de novembro de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 Matsui, M. et al. (2019): "Systematics of the Widely Distributed Japanese Clouded Salamander, Hynobius nebulosus (Amphibia: Caudata: Hynobiidae), and its closest relatives". Current Herpetology 38 (1): 32–90.
- ↑ Sato, I. (1943): A Monograph of the Tailed Batrachians of Japan. Osaka: Nippon Shuppan-sha.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hynobius nebulosus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Hynobius nebulosus |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Vitt, Laurie J. & Janalee P. Caldwell (2014): Herpetology: An Introductory Biology of Amphibians and Reptiles. 4th Edition. San Diego, California, USA: Academic Press. ISBN 978-0-1238-6919-7.
- Zug, G. R.; Vitt, L. J. & Caldwell, J. P. (1993): Herpetology: an introductory biology of amphibians and reptiles. San Diego, California, USA: Academic Press. ISBN 0-1278-2622-X.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Hynobius nebulosus en amphibiaweb.org.
- Hynobius nebulosus (Temminck & Schlegel 1838) na EOL.