Hugo I de Francia
Nome orixinal | (fr) Hugues Capet |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 940 Dourdan, Francia |
Morte | 24 de outubro de 996 (55/56 anos) Les Juifs, Francia (en) |
Causa da morte | Varíola |
Lugar de sepultura | Basílica de Saint-Denis |
Rei dos francos | |
3 de xuño de 987 – 24 de outubro de 996 ← Lois V de Francia – Roberto II de Francia ⊟ | |
Actividade | |
Ocupación | realeza |
Outro | |
Título | Duque |
Familia | Dinastía dos Capetos |
Cónxuxe | Adelaide da Aquitânia (969 (Gregoriano)–) |
Fillos | Gisèle de France, Hedwig of France, Countess of Mons, Roberto II de Francia |
Pais | Hugo o Grande (robertiano) e Edviges da Saxônia |
Irmáns | Beatriz de França Emma of Paris Henrique I de Borgoña Otto, Duke of Burgundy Erberto d'Auxerre |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron The Nuttall Encyclopædia >>>:Hugh Capet Meyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890) |
Hugo I de Francia ou Hug Capeto, nado en Dourdan en 940 e finado en Les Juifs, preto de Chartres, o 24 de outubro de 996, foi conde de París, duque de Francia (956 - 987), rei dos francos (987 - 996) e fundador da dinastía dos Capetos[1].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Liñaxe
[editar | editar a fonte]Hugo Capeto era o fillo de Hugo o Grande, duque dos francos, e a súa esposa Edwiga de Saxonia. Por liña paterna era neto do rei Roberto I de Francia, e por liña materna de Henrique I de Alemaña.
Hugo o Grande morreu o 16 de xuño de 956, cando aínda era menor o mozo Hugo, o irmán máis vello dos tres fillos do falecido duque. Os tres quedaron baixo a tutela do seu tío Bruno de Colonia, arcebispo de Colonia, mentres que as súas "honras" pasaron ás mans do Güelfo, Hugo o Abade.
Duque dos francos
[editar | editar a fonte]En 960 converteuse en duque dos francos, tamén foi conde de Orleans e abade laico de Saint-Martin, de Marmoutier, de Saint-Germain-des-Prés e de Saint-Denis.
Rei dos francos
[editar | editar a fonte]Foi elixido rei por unha grande asemblea reunida en Senlis o 1 de xuño de 987 despois de que o rei carolinxio Lois V de Francia falecese sen sucesión por mor dun accidente de caza no 987. Foi coroado en Noyon o 3 de xullo de 987 polo arcebispo de Reims, co que se converteu en rei por dereito divino. O "rei do capuchón"[2] inaugurou, así, a dinastía Capeto que durará ata 1328 -con ramas colaterais ata 1792-, e puxo fin á dinastía precedente aínda que o carolinxio Carlos de Lotarinxia tamén optase ao trono de Francia. Non obstante, tanto a intervención do arcebispo de Reims como o apoio do partido imperial, contrario á unión de Lorena co reino occidental, xa que se convertería nun reino demasiado poderoso que podería facer sombra á autoridade imperial, foron decisivos para que Hugo Capeto fose elixido rei malia a lexitimidade da candidatura de Carlos de Lorena.
Reinado de Hugo Capeto
[editar | editar a fonte]Contorno económico
[editar | editar a fonte]O seu reinado supuxo a feudalización da moeda. A debilidade do poder real levou a moitos bispos, señores e abadías a cuñaren a súa propia moeda e difundiuse a práctica de pesar as moedas para comprobar o seu valor[3].
Contorno eclesiástico
[editar | editar a fonte]A dirección das abadías encoméndase a persoas laicas, coas que se relaxou a disciplina monástica e o nivel cultural dos sacerdotes caeu. En contraste, aqueles raros mosteiros que mantiveron unha conduta irreprochábel recibiron numerosas doazóns económicas a cambio de cartas de absolución, especialmente post mortem[4]. Algúns mosteiros, coa súa fama, gañaran algo de autonomía, por exemplo Cluny, cuxo abade era amigo persoal do rei[5].
As revoltas dos vasalos
[editar | editar a fonte]Hugo atopouse cos intentos de independencia dos seus vasalos na zona comprendida entre o Sena e o Loira. O conde Teobaldo I de Blois, que fora fiel ao seu pai, Hugo o Grande, e, a cambio, se lle encomendara o goberno da cidade de Laon, autoproclamouse conde de Blois, fortificou as principais cidades e buscou apoio de Chartres e Châteaudun.
Carlos de Lorena intentara ser elixido rei de Francia á morte do último dos carolinxios, Lois V de Francia, pero o bispo Adalberón de Reims desacreditárao nunha reunión cos grandes señores na que expuxo o carácter traizoeiro de Charles acusándoo de diferentes cargos: intento de usurpación da coroa (978), aliarse con Odón II e difamación da súa cuñada acusándoa de adulterio a raíña Emma de Italia[6]. Durante o reinado de Hugo, Carlos fíxose forte en Laon e o rei tivo que montar un cerco á cidade[7]. Entón morreu o bispo Adalberón e Hugo nomeou para substituílo a Arnoul, un fillo ilexítimo do falecido Lotario de Francia, coa esperanza de que estivese do seu lado, pero este entregou Reims a Carlos de Lorena. Hugo só recibiu o apoio de Eudes I de Blois. Unha vez que gañou a cidade, fixo xulgar a Arnoul nun concilio en Saint-Basle-de-Verzy (o 18 e o 19 de xuño de 991), que o depuxo e nomeou a Xerberto de Aurillac no seu lugar.
En 991 formouse unha coalición entre o rei, o conde de Anjou e o duque de Normandía para vencer a rebelión de Eudes de Blois. Entre todos gañaron a cidade de Melun, pero Eudes retomou as armas e apoderouse de Nantes, que sería liberado polo conde de Anjou Fulques Nerra.
Preocupados polas ansias de poder do conde de Anjou, Ricardo I de Normandía, Eudes de Blois e Balduíno IV de Flandres aliáronse contra el (995-996). O conflito veríase interrompido pola morte de Eudes en marzo de 996 e definitivamente pola morte de Hugo Capeto a finais de outubro do mesmo ano[a][9].
Os ducados silenciosos
[editar | editar a fonte]Entre todas estas loitas contra o rei Hugo, houbo condados que se mantiveron á marxe.
- O Ducado da Bretaña porque gozaba de certo grao de autonomía.
- O condado de Aquitania tampouco causou problemas. A irmá do conde de Aquitania estaba casada con Hugo.
- O condado de Borgoña estaba dirixido polo irmán do rei Henrique Odón[10].
Matrimonio e descendencia
[editar | editar a fonte]Hugo Capeto casou en 968 con Adelaida de Aquitania, filla de Guillerme III de Aquitania. Tres fillos naceron deste matrimonio.
- Xisela de Francia (970 - c 1000), casada con Hugo I de Ponthieu.
- Edwiga de Francia (969 - 1013), casada cara a 996 con Rainiero IV de Hainault e máis tarde con Hugo III de Dasbourg.
- Roberto o Piadoso (972 - 1031), rei de Francia.
Tivo un fillo ilexítimo coñecido como Guaslín de Francia (? - 1030 ), arcebispo de Bruxas.
Sucesión
[editar | editar a fonte]Do mesmo xeito que o rei Lotario I, o primeiro capeto fixo escoller e coroou rei de todo o dominio real ao seu herdeiro, Roberto, a finais do ano 987, evitando así as loitas dinásticas entre irmáns que foran moi frecuentes durante as dinastías merovinxias e caroloxias. Hugo Capet morreu preto de Chartres, sendo posteriormente enterrado na catedral de Saint-Denis.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Hug I de França". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana.
- ↑ "Capet". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana.
- ↑ Philippe Contamine, Marc Bompaire, Stéphane Lebecq, Jean-Luc Sarrazin:"L'économie médiévale", Collection U, Armand Colin 2004, p. 128
- ↑ Georges Duby:" L'an mil", Paris, Gallimard, 1993 (ISBN 978-2-07-032774-4) pàg276
- ↑ Michel Balard, Jean-Philippe Genet et Michel Rouche:" Le Moyen Âge en Occident", Hachette 2003, p. 104-105
- ↑ Michel Parisse:"Le roi de France et son royaume autour de l'an mil", Paris, Picard, 1992 (ISBN 978-2-7084-0420-5)pàg 31-32
- ↑ François Menant i altres:" Les Capétiens. Histoire et dictionnaire". 987-1328, Paris, Robert Laffont, 1999 (ISBN 978-2-221-05687-5) pàg 32
- ↑ Sassier, Yves (1987). Hugues Capet (en francés). París: Fayard. p. 265. ISBN 978-2-213-01919-2.
- ↑ Les Capétiens. Histoire et dictionnaire (987-1328) (en francès). París: Robert Laffont. 1999. ISBN 978-2-221-05687-5.)
- ↑ "BURGUNDY duchy. dukes of burgundy".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hugo I de Francia |