Saltar ao contido

Hradčany

Modelo:Xeografía políticaHradčany
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 50°05′22″N 14°23′50″L / 50.089444444444, 14.397222222222
PaísRepública Checa
Concello con privilexiosPraga Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.774 (2021) Editar o valor en Wikidata (1.170,96 hab./km²)
Xeografía
Superficie1,515 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude250 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Fuso horario

Hradčany (ˈɦrat͡ʃanɪ),[1] ou Distrito do Castelo, é un distrito da cidade de Praga, República Checa. Hradčany rodea o Castelo de Praga, a maior fortaleza do mundo cunha área de case 70.000 , sendo 570 metros de lonxitude e unha media duns 130 metros de ancho. A meirande parte do distrito consiste en palacios históricos da nobreza, tamén está no barrio a Catedral de San Vito. Esténdese sobre 151 hectáreas.

A historia do barrio remóntase ao século IX, nos primeiros anos de vida da cidade. Hradčany converteríase en veciñanza en 1784, cando os catro distritos que constituían Praga pasaron a ser unha única cidade. Os outros tres distritos eran: Malá Strana, Staré Město e Nové Město.

A entrada principal do Castelo de Praga está gardada por unha porta coroada con dous xigantes da loita. Hradcany está situado nun outeiro. Nel atópanse o Palacio Real, tres igrexas, unha catedral, un mosteiro e diversos xardíns. Os arcos escuros da Catedral de San Vito e o castelo dominan a cidade.

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2011. Consultado o 29 de marzo de 2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]