Horst Seehofer
Horst Lorenz Seehofer (Ingolstadt, Baviera, 4 de xullo de 1949) é un político alemán do CSU, actualmente é ministro presidente de Baviera. Foi Ministro Federal de Saúde e Seguridade Social entre 1992 e 1998 no gabinete de Helmut Kohl e Ministro Federal de Alimentación, Agricultura e Protección do Consumidor no gabinete de Angela Merkel entre 2005 e 2008. En outubro de 2008 pasou a ser o ministro presidente do Estado Libre de Baviera.
Foi membro do parlamento alemán desde 1980. No ano 2008 o seu partido, a CSU, perdeu un 17% dos votos nas eleccións ao estado de Baviera. Isto ocasionou a dimisión do ministro presidente aínda daquela no cargo, Günther Beckstein e o director do CSU, Erwin Huber. Horst ocupou de seguido os dous postos. Nunha convención do que tivo lugar o 25 de outubro de 2008 foi confirmado como director da CSU co 90% de votos a favor e o 27 de outubro foi escollido ministro presidente de Baviera cos votos da CSU e máis do Partido Democrático Liberal, co que goberna en coalición en Baviera. Por primeira vez desde 1962 existe un goberno en colalición en Baviera, onde tradicionalmente gobernaba a CSU con maioría absoluta só interrompida nunhas eleccións desde o fin da Segunda guerra mundial.
En 2012 convértese en Presidente federal interino na súa calidade de presidente do Busndesrat, tras a dimisión de Christian Wulff e ata o nomeamento de Joachim Gauck o 18 de marzo de 2012.