Honoré Daumier
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de febreiro de 1808 Marsella, Francia |
Morte | 10 de febreiro de 1879 (70 anos) Valmondois, Francia |
Lugar de sepultura | Cemiterio do Père-Lachaise, 24 (1880–) Cemetery of Valmondois (en) (1879–1880) Grave of Honoré Daumier (en) |
Outros nomes | Daumier, Honore Daumier, Honore Victorin |
Actividade | |
Campo de traballo | Gravado |
Lugar de traballo | París |
Ocupación | pintor, gravador, ilustrador, artista gráfico, litógrafo, caricaturista, escultor, debuxante arquitectónico, artista visual |
Empregador | Le Charivari (en) La Silhouette (en) La Caricature (en) |
Xénero artístico | Caricatura e figura |
Movemento | Realismo |
Catálogo crítico | The Daumier Register (en) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Alexandrine Dassy |
Cronoloxía | |
13 de febreiro de 1879 | Funeral |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Arquivos biográficos da biblioteca e museo Billy Ireland Cartoon Biblioteca dixital BEIC |
Honoré Daumier, nado en Marsella o 26 de febreiro de 1808 e finado en Valmondois o 10 de febreiro de 1879, foi un caricaturista, pintor, debuxante e escultor francés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Honoré Daumier naceu o ano 1808 na cidade de Marsella, pero sendo neno debeu transladarse a París xunto coa súa familia. En París, moi novo traballou como uxier nun tribunal de xustiza e cadete nunha librería, logo dedicouse a estudar pintura e debuxo. Deste xeito deu inicio á súa carreira de artista realizando traballos en xilografía e a ilustración de anuncios publicitarios nos que se nota o influxo de Nicolas-Toussaint Charlet.
En 1828 comezou as súas primeiras litografías para o diario La Silhouette (A Silueta). En 1830 iniciou o seu labor na revista humorística La Caricature onde adquiriu merecido renome polos seus gravados e debuxos cheos de sátira e crítica social (incluíndo escenas domésticas). En 1832 comezou a traballar en Le Charivari, xornal humorístico-político dirixido por Charles Philipon particularmente crítico co goberno de Lois Filipe I de Orleáns, alí tivo como colegas a outros sinalados caricaturistas: Raffet, Devéria e Grandville. Daumier precisamente por realizar unha caricatura na cal ese monarca aparecía retratado como Pantagruel (o larpeiro personaxe de Rabelais), sufriu unha prisión de seis meses.
En 1835 debido á instalación da censura en Francia, Daumier evitou a caricatura política directa e no seu lugar dedicouse a ridiculizar as convencións e costumes entón imperantes.
Retornou á sátira política coa Revolución de 1848. A partir dese mesmo ano 1848 apaixonouse pola pintura, tendo entón un estilo moi influído por Delacroix, Corot, Millet, Rousseau e -nas súas últimas obras- por Fragonard (Estudo do pintor) e os impresionistas (por exemplo: A lavandeira).
Tamén son moi valoradas as súas esculturas e bustos de xeso (escaiola) e bronce que realizaba principalmente para que lle servisen de modelos ao realizar as súas ilustracións.
Os seus gravados destácanse pola mordacidade descarnada e con todo de matices exquisitos e liñas nada exentas de sutileza, ao traballar sarcásticamente os rostros, as expresións, os xestos, con precisas esaxeracións logra dar noción da personalidade dos suxeitos representados. É interesante notar nas súas litografías o sabio uso das combinacións cromáticas para lograr os seus labores de expresar situacións emotivas nun ámbito social (existe aquí un influxo desde a obra de Goya); as súas litografías teñen unha calidade moi próxima á pintura, en canto á súa menos coñecida pintura, caracterízase por un patetismo logrado con masas escuras e contrastes de cores frías e cálidas, é así que se nos seus últimos tempos Daumier recibiu influxos dos impresionistas, el previamente xa influíra neles, pero non queda nisto a gravitación de Daumier, tamén influíu sobre os expresionistas, por exemplo en Nolde, Ernst Barlach e Ensor.
En 1865 coñecendo a grave situación económica pola cal pasaban Daumier e a súa esposa, o seu amigo o escultor Geoffroy Dechaume convenceulles para que fosen vivir a Valmondois (en Val d'Oise) onde o seu outro amigo, Corot, prestoulles unha pequena casa no centro do pobo; alí faleceu Daumier.
Obra
[editar | editar a fonte]Daumier realizou preto de 4000 litografías, 300 debuxos e 200 pinturas así como decenas de esculturas. Entre os seus gravados e pinturas destácanse:
- Gargantúa (1831)
- Un heroe en xullo (1832)
- O ventre lexislativo (1832)
- A liberdade de imprenta (1832)
- O membro de todas as academias (1842)
- A República (1848)
- Os emigrantes, tamén coñecido como Os fuxitivos, (1852-1855)
- Os ladróns e o asno (h. 1858)
- O melodrama (h. 1860)
- O levantamento
- O primeiro baño
- Charles Philipon
- A lavandeira (1863)
- O vagón de terceira (h. 1862-1864)
- Don Quixote e Sancho Panza ou Don quixote (h. 1868)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Honoré Daumier |