Historia ecclesiastica gentis Anglorum
Historia ecclesiastica gentis Anglorum (en galego: Historia eclesiástica do pobo inglés) é unha obra en latín de Beda sobre a historia da Igrexa en Inglaterra, e de Inglaterra en xeral. O seu tema principal é o conflito entre o cristianismo latino e cristianismo céltico.
Esta obra é considerada unha das referencias orixinais máis importantes sobre a historia anglosaxoa. Considérase que foi completada no ano 731, cando Beda tiña aproximadamente 60 anos de idade.
Atópase dividido en cinco libros (ao redor de 400 páxinas), a Historia cobre a historia de Inglaterra, eclesiástica e política, da época de Xulio César á data da súa conclusión (731). Os primeiros vinte e un capítulos, tratan o período antes da misión de Agostiño, son compilados de escritores anteriores tales como Orosio, Xildas, Próspero de Aquitania, as cartas do papa Gregorio I, e outros, coa inserción de lendas e tradicións.
Despois de 596, úsanse fontes documentais, que Beda se esforzou en obter a través de toda Inglaterra e de Roma, así como testemuños orais, os cales empregou coa súa característica consideración crítica.
A Historia, como outros textos históricos do seu período, posúe un nivel de obxectividade máis baixo cós textos históricos modernos. A Historia é unha combinación de feitos, lenda e literatura. Por exemplo, Beda tomouse a liberdade de elaborar citas ficticias de xente que non foron os seus contemporáneos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Historia ecclesiastica gentis Anglorum |
- http://www.fordham.edu/halsall/basis/bede-book1.html Arquivado 30 de agosto de 2009 en Wayback Machine. en inglés.
- http://www.thelatinlibrary.com/bede.html, en Latín.