Hispano-Suiza H6
Hispano-Suiza H6 | |
Outros nomes | Hispano-Suiza Tipo H6 |
Fabricante | Hispano-Suiza |
País | España |
Deseño | Marc Birkigt |
Produción | 2350 producidos[1] |
Montaxe | La Sagrera (Barcelona, Cataluña) Bois-Colombes (Francia) |
Período | 1919-1933 |
Configuración | |
Tipo | Automóbil de luxo |
Segmento | Segmento F |
Configuración | Motor dianteiro / tracción traseira |
Dimensións | |
Lonxitude | 5537 mm |
Anchura | 1791 mm |
Altura | >1524 mm |
Peso | 1583 kg (H6C Tulipwood Torpedo) |
Características técnicas | |
Motor | 6597 cc seis cilindros en liña 7983 cc seis cilindros en liña |
Modelos relacionados | |
Sucesor | Hispano-Suiza J12 |
O Hispano-Suiza H6 é un coche de luxo que foi fabricado pola marca catalá Hispano-Suiza, maioritariamente en Francia. Presentado en 1919 no Salón do Automóbil de París, o H6 foi fabricado até 1933.
Especificacións
[editar | editar a fonte]O Hispano-Suiza H6 foi equipado cun motor de seis cilindros en liña de aluminio, con 6.597 centímetros cúbicos, inspirado no deseño de Marc Birkigt para motores de aeronaves.[2] Á parte da nova árbore de levas en cabeza (OHC), en esencia era o deseño V12 de Birkigt para aviación. O Hispano-Suiza H6B de 1922 era un pouco máis potente. Nos H6C utilizouse un motor de 8,0 litros (7983 cc).[3][4]
Unha das características máis notábeis do H6 eran os seus freos; tiña tambores de aliaxe lixeira nas catro rodas e servofreo mecánico.
O H6 foi substituído en 1933 polo J12, que inicialmente utilizou un motor V12 de nove litros e medio.
Produción
[editar | editar a fonte]Algúns dos primeiros H6 fabricáronse no complexo industrial de Hispano-Suiza situado en La Sagrera, Barcelona, pero a maioría destes autos construíronse na división francesa de Hispano-Suiza situada no municipio de Bois-Colombes.
100 exemplares do H6 foron producidos por Škoda baixo licenza en Checoslovaquia dende 1926 até 1929. Nos H6 checoslovacos a relación de compresión limitouse a 4,5:1 e a potencia do motor a 100 HP (75 kW) a 1800 rpm.[5][6]
Contando todas as versións do Hispano-Suiza H6, foron producidas 2350 unidades.[1]
Versións especiais
[editar | editar a fonte]H6B de carreiras
[editar | editar a fonte]En 1922 construíuse unha serie de cinco unidades do H6B de carreiras, con distancias entre eixos máis curtas e motores máis potentes. Estes foron denominados "Boulogne", para celebrar a tripla vitoria do H6 na carreira de autos deportivos en Boulogne polos pilotos Dubonnet, Garnier e Boyriven en 1923. Woolf Barnato pilotou un Boulogne até acadar oito marcas internacionais, incluída unha media de 92 mph (148 km/h) en 300 millas (480 km) en Brooklands, en 1924.
H6A de seis rodas
[editar | editar a fonte]O rei de Grecia Constantino I ordenou un Hispano-Suiza H6A de seis rodas, pero despois da súa abdicación este auto único foi comprado polo director de cinema D. W. Griffith por $35000.[7]
A carrozaría do H6A foi deseñada por Leon Rubay, e a fabricación do auto realizouse en Barcelona en 1923.[7] Agora este coche atópase no Museo Forney en Denver, Colorado.
H6C Dubonnet Boulogne Targa Florio Speedster
[editar | editar a fonte]En 1924 André Dubonnet, un enxeñeiro e piloto francés de avións e coches de carreiras, comprou un chasis de Hispano-Suiza para construír un automóbil lixeiro e aerodinámico, que foi chamado H6C Dubonnet Boulogne Targa Florio Speedster (tamén coñecido como H6C Tulipwood Torpedo).
O H6C Dubonnet Targa Florio Speedster é un exemplar único que posúe unha carrozaría feita de madeira de caoba fabricada con milleiros de remaches de aluminio, a cal foi deseñada polo enxeñeiro Henri Chasseriaux na empresa Nieuport-Astra e só pesa 72,5 kg. As dimensións do auto son 5537 mm de longo e 1791 mm de largo, e pesa 1583 kg.
Mecanicamente, conta cun motor Hispano-Suiza de 6 cilindros en liña que desenvolve unha potencia de 195 HP a 3000 rpm. André Dubonnet competiu con este Hispano-Suiza na Targa Florio de 1924, e ficou na sexta posición.
O H6C Dubonnet Boulogne Targa Florio Speedster estivo en exposición durante anos no Museo Blackhawk preto de Danville, California.
En agosto de 2022, o H6C Tulipwood Torpedo foi poxado en California por RM Sotheby's, sendo vendido por 9 245 000 dólares.[8]
H6B Dubonnet Xenia
[editar | editar a fonte]En 1938, André Dubonnet ordenou a construción dun Hispano-Suiza H6B único, que foi chamado H6B Dubonnet Xenia (este último nome en homenaxe á súa falecida esposa), no que se instalou o motor de 8.0 L e 160 HP do H6C e unha suspensión personalizada. Este exemplar único ten unha carrozaría que foi deseñada polo carroceiro Saoutchik, e serviu como o automóbil persoal de Dubonnet, ademais de servir tamén como unha mostra das súas tecnoloxías automotrices e innovacións aerodinámicas.
O H6B Dubonnet Xenia é actualmente propiedade de Peter W. Mullin e está en exhibición no Museo do Automóbil de Mullin en Oxnard, California.
O superdeportivo Hispano-Suiza Carmen está inspirado no H6B Dubonnet Xenia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Hispano Suiza 1934. Classiccarcatalogue.com.
- ↑ "1922 Hispano Suiza H6B". Conceptcarz.com (en inglés). Consultado o 8 de xuño de 2020.
- ↑ Hispano Suiza H6C Monza. Ultimatecarpage.com.
- ↑ Hispano Suiza H6C Kellner Landaulet. Ultimatecarpage.com.
- ↑ "Nachtschicht im Schloss: A report on a concours d'elegance at Schloss Bensberg". Auto Motor und Sport. Heft 25 2010: Seite 12. 18 de noviembre de 2010.
- ↑ "Škoda – Hispano Suiza 25/100 KS (1926–1929): Poprvé s okřídleným šípem" (en checo). Veteran Auto. 10 de mayo de 2011. Arquivado dende o orixinal o 22 de mayo de 2013.
- ↑ 7,0 7,1 1923 Hispano Suiza Victoria Town Car. www.forneymuseum.org.
- ↑ Vendido por una cifra récord este Hispano-Suiza H6C “Tulipwood” Torpedo de 1924. Periodismodelmotor.com.