Hipersensibilidade dental
Hipersensibilidade dental | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
En odontoloxía denomínase hipersensibilidade ou sensibilidade dental a unha dor dental de carácter aguda e de curta duración, que xorde na superfice da dentina en resposta a estímulos térmicos, evaporativos, táctiles, osmóticos, químicos ou eléctricos; e que non pode atribuírse a ningunha outra doenza dental.[1][2][3]
Que exista certo grao de sensibilidade na dentina é normal, pero por norma xeral non adoita experimentarse dor nas actividades cotiás, como beber unha bebida fría. Así, aínda que os termos de sensibilidade da dentina e dentina sensible úsanse indistintamente para referirse á hipersensibilidade dental,[4] este último termo é máis axeitado.
Causas
[editar | editar a fonte]Os motivos que provocan a hipersensibilidade dental son diversos, tendo a súa orixe na erosión do esmalte do dente. Existen bebidas e alimentos ácidos que poden provocar molestias nos dentes. Ademais, as bacterias provocadas pola carie dental (relacionado co punto anterior) poden ser outra causa de aparición. Outro motivo pode ser o uso dalgúns medicamentos (con contido en Aspirina ou vitamina C). Un lavado de dentes incorrecto (con moita presión ou con demasiada frecuencia) pode provocar a devandita erosión no esmalte. O bruxismo é outro motivo principal da hipersensibilidade dental. Ademais, cabe destacar que a enfermidade das encías ou a recesión das mesmas poidan facer que a raíz do dente quede exposta, favorecendo a hipersensibilidade.[5]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "NCBI - Discussion: how can we improve diagnosis of dentin hypersensitivity in the dental office?"
- ↑ "NCBI - Dentin hypersensitivity: Recent trends in management"
- ↑ "NCBI - Potassium containing toothpastes for dentine hypersensitivity"
- ↑ "NCBI - Dentin hypersensitivity: Recent trends in management"
- ↑ "La Sensibilidad Dental - Qué Es Y Cómo Combatirla"