Saltar ao contido

Hideki Shirakawa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHideki Shirakawa

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ja) 白川 英樹 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de agosto de 1936 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Toquio Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaManchukuo (–1944)
Takayama (1940, 1944–década de 1950)
Taiwan sob domínio japonês (pt) Traducir (1939–1940)
Prefectura de Toquio Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeXapón Editar o valor en Wikidata
EducaciónTokyo Institute of Technology (pt) Traducir
Universidade de Pensilvania Editar o valor en Wikidata
Director de teseShū Kanbara (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoQuímica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónquímico , catedrático , enxeñeiro , académico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversity of Tsukuba (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Influencias
LinguaLingua xaponesa e lingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Familia
ParentesNaoko Takahashi (pt) Traducir () Editar o valor en Wikidata
Premios

Hideki Shirakawa (白川英樹?), nado o 20 de agosto de 1936 en Toquio, Xapón, é un químico e profesor universitario xaponés galardoado co Premio Nobel de Química do ano 2000.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Doutor en Química polo Instituto Tecnolóxico de Toquio en 1966. Ese mesmo ano ocupou a praza de profesor asociado no Instituto de Ciencias dos Materiais na Universidade de Tsukuba (Xapón). Desde 1982 é profesor numerario desa mesma institución, aínda que actualmente coa cátedra de profesor emérito.

Ademais, é parente de Naoko Takahashi, a gañadora do ouro do maratón feminino dos Xogos Olímpicos de Sidney 2000.

Investigacións científicas

[editar | editar a fonte]

As súas investigacións no campo dos polímeros, especialmente do acetileno, leváronlle ao descubrimento, cando ocupaba a praza de investigador asociado no laboratorio de Química do Instituto Tecnolóxico de Tokio, das propiedades condutoras deste material ao ser contaminado con trazas doutras substancias.

Os descubrimentos de Shirakawa interesaron ao químico neozelandés Alan MacDiarmid e ao físico estadounidense Alan J. Heeger, cos que iniciou unha frutífera relación científica e investigadora que deu como resultado a publicación conxunta do artigo Síntese de polímeros orgánicos condutores da electricidade: derivados halógenos do poliacetileno (CH) n, no prestixioso Journal of Chemical Society no verán de 1977, no cal anunciaban o descubrimento do poliacetileno.

En 2000 recibiu o premio Nobel de Química, galardón que compartiu cos seus compañeiros de investigación Alan J. Heeger e Alan G. MacDiarmid, polo descubrimento e desenvolvemento dos polímeros condutores.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Ahmed H. Zewail
Premio Nobel de Química

2000
con
Alan J. Heeger
e
Alan MacDiarmid
Sucesor:
William Standish Knowles,
Ryoji Noyori
e
K. Barry Sharpless