Hertha Wambacher
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de marzo de 1903 Viena, Austria |
Morte | 25 de abril de 1950 (47 anos) Viena, Austria |
Causa da morte | cancro |
Educación | Universidade de Viena |
Director de tese | Marietta Blau |
Actividade | |
Campo de traballo | Físico |
Ocupación | física, profesora universitaria |
Empregador | Universidade de Viena |
Partido político | Partido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores |
Compañeiro profesional | Marietta Blau |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Wissenschafterinnen in und aus Österreich (en) , (p.786-788) biografiA: Lexikon österreichischer Frauen (en) , (vol:3, p.3452-3453) >>>:Wambacher Hertha |
Hertha Wambacher, nada en Viena o 9 de marzo de 1903 e finada na mesma cidade o 25 de abril de 1950, foi unha física austríaca. Foi nomeada ao Premio Nobel de Física en 1950, xunto con Marietta Blau, de Erwin Schrödinger . [1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Hertha estudou química e despois física na Universidade de Viena. A súa tese dirixiuna Marietta Blau, con quen Wambacher continuou colaborando pouco despois de doutorarse en 1932. A súa cooperación levou a un método fiable de identificación e detección de partículas ionizantes. Polo seu traballo con Marietta, ambos recibiron o Premio Lieben da Academia de Ciencias de Viena en 1937. As dúas publicaron varios artigos nese campo.[1]
Tamén en 1937, Blau e Wambacher descubriron xuntas "estrelas en desintegración" en placas fotográficas que foran expostas á radiación cósmica a unha altitude de 2300 metros sobre o nivel do mar. Estas "estrelas" eran os patróns de traxectoria de partículas das reaccións nucleares das partículas de raios cósmicos cos núcleos da emulsión fotográfica.[1]
Despois de que Marietta tivese que abandonar Austria en 1939 co avance do nazismo, Hertha continuou traballando na identificación de partículas das reaccións nucleares dos raios cósmicos con emulsión. Con este traballo, obtivo o seu certificado de docente en 1940, dando clases na Universidade de Viena. En 1945, por ser do Partido Nazi desde 1934, Hertha foi retirada do profesorado da universidade e detida en Rusia. [2] Dise que regresou a Austria en 1946. A pesar do seu cancro, continuou traballando en Viena nun laboratorio.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Leopold Halpern on the working relationship of Marietta Blau and Hertha Wambacher". Consultado o 5 de xullo de 2019.
- ↑ Byers, Nina (2010). Out of the Shadows: Contributions of Twentieth-Century Women to Physics. ISBN 978-0521169622.