Herta Müller
(2016) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de agosto de 1953 (71 anos) Nițchidorf (pt) |
Residencia | Berlín |
Educación | West University of Timișoara (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía e ensaio |
Lugar de traballo | Berlín |
Ocupación | escritora, tradutora, novelista, poetisa, lingüista, ensaísta |
Período de actividade | 1976 - |
Empregador | Universidade Libre de Berlín Nikolaus Lenau High School (en) |
Membro de | |
Xénero artístico | Poesía e ensaio |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Richard Wagner (1984–1989) Harry Merkle |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Metzler Autorinnen Lexikon (en) , (p.372–374) >>>:Müller, Herta |
Herta Müller, nada en Nițchidorf (Timișoara, Romanía) o 17 de agosto de 1953, é unha escritora alemá de orixe romanesa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Herta Müller é filla de granxeiros suabos de fala alemá. Estudou xermanística e literatura romanesa na Universidade do Oeste de Timișoara. Formou parte do Aktionsgruppe Banat, un parladoiro de escritores idealistas romanés-alemáns. En 1976 empezou a traballar como tradutora para unha compañía de enxeñería, pero deixou o emprego en 1979 para non cooperar coa Securitatea Statului, a policía secreta do réxime comunista romanés. Estivo empregada nun xardín de infancia e impartindo clases de alemán. O seu primeiro libro foi publicado en 1982 en Romanía e apareceu só en versión censurada, como moitas outras obras dese tempo. Pouco despois prohibíronlle seguir publicando no seu país, aínda que os seus libros triunfaban en Alemaña e Austria.
En 1987 marchou a Alemaña co seu home, o novelista Richard Wagner. Fixo algúns lectorados en universidades alemás nos anos seguintes e fixou a súa residencia en Berlín.
Destaca polos seus relatos acerca das durísimas condicións de vida en Romanía baixo o réxime de Nicolae Ceaușescu. Foi galardoada co Premio Nobel de Literatura en 2009 pola súa capacidade para describir "a paisaxe dos desposuídos".[1]
Obras
[editar | editar a fonte]- Niederungen, 1982.
- Drückender Tango, 1984.
- O home é un grande faisán no mundo, 1986 (Der Mensch ist ein großer Fasan auf der Welt, traducido ao galego por Frank Meyer en 2001).
- Barfüßiger Februar, 1987.
- Reisende auf einem Bein, 1989.
- Wie Wahrnehmung sich erfindet, 1990.
- Der Teufel sitzt im Spiegel, 1991.
- Der Fuchs war damals schon der Jäger, 1992.
- Eine warme Kartoffel ist ein warmes Bett, 1992.
- Der Wächter nimmt seinen Kamm, 1993.
- Angekommen wie nicht da, Lichtenfels (1994)
- Herztier, Reinbek bei Hamburg (1994)
- Hunger und Seide, 1995.
- In der Falle, 1996.
- Heute wär ich mir lieber nicht begegnet, 1997.
- Der fremde Blick oder Das Leben ist ein Furz in der Laterne, 1999.
- Im Haarknoten wohnt eine Dame, 2000.
- Heimat ist das, was gesprochen wird, 2001.
- Der König verneigt sich und tötet, 2003.
- Die blassen Herren mit den Mokkatassen, 2005.
- Este sau nu este Ion, 2005.
- Randea do alento, 2009 (Atemschaukel, traducido ao galego por Marga do Val en 2010).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Hertha Müller gaña o Nobel de Literatura" Arquivado 14 de xullo de 2015 en Wayback Machine., artigo en Galiciaé, 8 de outubro de 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galicitas posúe citas sobre: Herta Müller |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Herta Müller |