Heorhii Yaroshevskyi
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de novembro de 1872 (Xuliano) Kamianets-Podilskyi, Ucraína (pt) |
Morte | 8 de febreiro de 1923 (50 anos) Varsovia, Polonia |
Causa da morte | homicidio |
Arcebispo metropolitano | |
Bispo | |
Datos persoais | |
Relixión | Cristianismo ortodoxo, Igrexa ortodoxa polaca e Igrexa ortodoxa rusa |
Educación | Kyiv Theological Academy (en) (–1897) |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote |
Empregador | Saint Petersburg Theological Academy (en) Tula Theological Seminary (en) Taurida Theological Seminary (en) |
Consagración | Vladimir (Bogoyavlensky) (en) |
Cronoloxía | |
8 de febreiro de 1923 | Assassination of metropolitan George of Warsaw (en) |
Heorhii (Yurii) Yaroshevskyi (polaco: Jerzy Jaroszewski, ucraíno: Георгій (Юрій) Григорович Ярошевський, ruso: Григорий Григорьевич Ярошевский) nado en Ternivka, Gobernación de Podolia, Imperio Ruso) o 18 de novembro de 1872 e finado en Varsovia o 8 de febreiro de 1923, foi un eclesiástico ortodoxo, primeiro metropolita de Varsovia e toda Polonia da Igrexa ortodoxa autocéfala polaca dende 1922 até o seu pasamento.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En marzo de 1900 foi tonsurado monxe e ordenado sacerdote.[1] En 1906 foi ordenado bispo de Kashira e vigairo da eparquía de Tula.[1] O 1 de febreiro de 1908 pasou a ser bispo de Pryluky e vigairo da eparquía de Poltava.[1] A partir do 19 de novembro de 1910 foi bispo de Iamburg, e logo do 13 de maio de 1913 bispo de Kaluga e Vorovsk.[1]
O 6 de xullo de 1916 pasou a ser bispo de Minsk-Turaŭ,[1] mais a súa eparquía ficou dividida entre a URSS e Polonia polo tratado de Riga do 18 de marzo de 1921. Deixou a Unión Soviética e marchou a Italia, e de alí a Polonia onde foi aceptado polas autoridades como cabeza da Igrexa ortodoxa rusa no país.[2] O patriarca de Moscova Tikhon nomeouno exarca de Polonia o 27 de setembro de 1921, e o 30 de marzo de 1922 nomeouno metropolita.[2][1] Tratou de obter un status de autocefalia, mais coa oposición do patriarca e de gran parte do clero.[2][1] Administrou o que o goberno chamou a Igrexa ortodoxa autocéfala polaca.[2] Foi asasinado polo arquimandrita Smarahd Latshenko o 8 de febreiro de 1923.[2][1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Лабынцев, Ю. А.; Щавинская, Л. Л. (2002). "ГЕОРГИЙ (Ярошевский)". Православная энциклопедия 11. Moscova: Церковно-научный центр «Православная энциклопедия». pp. 39–40. ISBN 9785895720172.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Blazejowskyj, Dmytro (1990). Hierarchy of the Kyivan Church (861-1990). Roma: Editiones Universitatis Catholicae Ucrainorum S. Clementi Papae. p. 418. OCLC 22834909.