Henrique I de Navarra
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1244 (Gregoriano) |
Morte | 22 de xullo de 1274 (29/30 anos) Pamplona, España |
Lugar de sepultura | Catedral de Santa María da Asunción de Pamplona |
Rei de Navarra | |
1271 – 1274 | |
Actividade | |
Ocupación | gobernante |
Outro | |
Título | Rei de Navarra |
Familia | Casa de Blois |
Cónxuxe | Branca de Artois (1269 (Gregoriano)–) |
Fillos | Joanes Enríquez Lacarra, Tebaldo di Navarra, Xoana I de Navarra |
Pais | Teobaldo I de Navarra e Margarida de Bourbon |
Irmáns | Teobaldo II de Navarra Beatriz de Navarra Margarida de Navarra, Duquesa de Lorena Branca de Navarra Gil de Rada |
Descrito pola fonte | Encyclopædia Britannica |
Henrique I de Navarra o Gordo (en francés: Henri "le Gros"), nado contra 1244 e finado en Pamplona o 22 de xullo de 1274, foi, desde 1270 até 1274, rei de Navarra e conde de Champaña e de Brie (como Henrique III).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Henrique era o fillo máis novo de Teobaldo I de Navarra e Margarida de Borbón.[1] e irmán de Teobaldo II. Durante o reinado do seu irmán máis vello Teobaldo II, que non tiña fillos, ocupou a rexencia durante moitas das numerosas ausencias de Teobaldo. En 1269, Henrique casou con Branca de Artois, filla do rei Lois IX de Francia e irmá do conde Roberto I de Artois.[2] Entrou así no "Círculo anxevino" da política internacional dos Capetos.
Reinado
[editar | editar a fonte]Recoñecido como presunto herdeiro durante o reinado do seu irmán máis vello, Henrique sucedeuno nos tronos do Reino de Navarra e do Condado de Champaña cando Teobaldo II morreu sen descendencia en decembro de 1270, sendo proclamado como rei Henrique I en Pamplona o ano seguinte, o 1 de marzo de 1271.[3], e a súa coroación pospúxose aínda até maio de 1273, xa que, tras xurar os Foros de Navarra, desprazouse a Francia para prestar homenaxe feudal a Filipe o Atrevido polos seus dominios de Champaña.
Debido á súa obesidade, morreu aos tres anos do seu reinado, o que no permite formarnos unha idea acertada da personalidade deste monarca. Parece que mostrou interese polo pobo de Navarra. Permitiu que a Navarrería se desvinculase da unión dos burgos de San Cernin e San Nicolás, acordada en 1266. Concedeu privilexios a vilas e cidades como Estella, Los Arcos e Viana, e mantivo relacións cordiais coa nobreza, coa que negociou compra vendas e cesións de patrimonio.
Inicialmente, Henrique intentou recuperar os territorios perdidos que pasaran a Castela por axudar á rebelión do infante Filipe de Castela contra o seu irmán o rei Afonso X o Sabio en 1270. Pero finalmente declinou, prefirindo manter a paz, o que o levou a rexeitar as pretensións do infante Sancho, que e rebelara tamén contra o seu pai Afonso X, e establecer unha alianza con Castela mediante o matrimonio do seu fillo Teobaldo con Violante, filla de Afonso X, en setembro de 1272.[4]
Porén, a voda non se puido celebrar debido á morte do xove Teobaldo ao caer dunha amea do castelo de Estella en 1273.[5] Violante casaría en 1282 en Toledo con Diego López V de Haro, señor de Biscaia.[6]
Descendencia
[editar | editar a fonte]Do seu matrimonio con Branca de Artois tivo dous fillos:
- Teobaldo, que morreu antes del ao caer desde unha amea do castelo de Estella, como quedou dito, e
- Xoana, que tiña 3 anos á morte do pai, e que sería a súa herdeira como Xoana I de Navarra.
- Tivo ademais un fillo natural antes do seu matrimonio, Xoán Enríquez de Lacarra.
Morte, sepultura e legado
[editar | editar a fonte]Henrique non sobreviviu moito tempo ao seu fillo. Morreu sufocado, segundo as fontes, pola súa propia graxa. Foi enterrado na Catedral de Santa María da Asunción de Pamplona.
Sobrevivíronlle unicamente o seu fillo natural e a súa filla lexítima Xoana, que o sucedeu baixo a rexencia da súa nai Branca. Xoana casaría en 1284 con Filpe o Fermoso, futuro rei de Francia, e nese mesmo ano a coroa de Navarra uniríase á de Francia, e Champaña pasaría posteriormente a ser un dominio real francés.
Na Divina Comedia, Dante Alighieri, un contemporáneo máis novo que Henrique, viu o espírito do rei fóra das portas do Purgatorio, cun grupo dun gran número doutros monarcas europeos do século XIII. Henrique non se cita directamente, pero Dante refírese a el como "a bondadosa cara" e "o sogro da Praga de Francia".[7]
Antepasados de Henrique I de Navarra
[editar | editar a fonte]16. Teobaldo II de Champaña | ||||||||||||||||
8. Henrique I de Champaña | ||||||||||||||||
17. Matilde de Carintia | ||||||||||||||||
4. Teobaldo III de Champaña | ||||||||||||||||
18. Lois VII de Francia | ||||||||||||||||
9. María Capeto | ||||||||||||||||
19. Leonor de Aquitania | ||||||||||||||||
2. Teobaldo I de Navarra | ||||||||||||||||
20. García V Ramírez | ||||||||||||||||
10. Sancho VI de Navarra | ||||||||||||||||
21. Margarida de l'Aigle | ||||||||||||||||
5. Branca de Navarra | ||||||||||||||||
22. Afonso VII de León | ||||||||||||||||
11. Sancha de Castela | ||||||||||||||||
23. Berenguela de Barcelona | ||||||||||||||||
1. Henrique I de Navarra | ||||||||||||||||
24. Guillerme I de Dampierre | ||||||||||||||||
12. Guido II de Dampierre | ||||||||||||||||
25. Ermengauda de Mouchy | ||||||||||||||||
6. Archimbaldo VIII de Borbón | ||||||||||||||||
26. Archimbaldo de Borbón | ||||||||||||||||
13. Matilde I de Borbón | ||||||||||||||||
27. Alicia de Borgoña | ||||||||||||||||
3. Margarida de Borbón | ||||||||||||||||
7. Guigona (Alicia) de Forez | ||||||||||||||||
Predecesor: Teobaldo II de Navarra |
Rei de Navarra 1270 - 1274 |
Sucesor: Xoana I e Filipe I (Rei consorte) |
Predecesor: Teobaldo V de Champaña |
Conde de Champaña e de Brie 1270 - 1274 |
Sucesor: Xoana I e Filipe I (Conde consorte) |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Evergates 2007, p. 248.
- ↑ Gee 2002, p. 141.
- ↑ Proctor 1980, p. 255.
- ↑ Kinkade 1992, p. 294.
- ↑ Woodacre 2013, p. 25.
- ↑ Moxó, Salvador de (dir) (1969): "La transformación nobiliaria castellana en la Baja Edad Media". En Instituto Jerónimo Zurita. Estudios sobre la sociedad castellana en la Baja Edad Media. Cuadernos de Historia: Anexos de la Revista Hispania Volumen 3 (1ª edición). Madrid: Consejo Superior de Investigaciones Científicas, pp. 1-211.
- ↑ Alighieri 2003, p. 122.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alighieri, Dante (2003): The Divine Comedy of Dante Alighieri: Volume 2. Purgatorio. Tradución e edición Robert M. Durling; Introdción e notas Ronald L. Martínez e Robert M. Durling. Nova York, NY: Oxford University Press. ISBN 0-1950-8795-3.
- Colección diplomática de los reyes de Navarra de la dinastía de Champaña 3: Enrique I de Navarra (1270-74)Arquivado 13 de outubro de 2017 en Wayback Machine.. San Sebastián: Editorial Eusko Ikaskuntza, S.A. Sociedad de Estudios Vascos. ISBN 84-8951-602-2.
- Evergates, Theodore (2007): The Aristocracy in the County of Champagne, 1100-1300. Philadelphia: University of Pennsylvania Press. ISBN 978-0-8122-0188-8.
- Gallego Gallego, Javier (1994): De Enrique I a Carlos I (1270-1328). Pamplona: Editorial Mintzoa, S.L. ISBN 84-8589-157-0. (Parte da obra completa: T. 12).
- Loveday Lewes, Gee (2002): Women, Art, and Patronage from Henry III to Edward III: 1216-1377. Martlesham, Suffolk, UK: Boydell & Brewer Ltd. ISBN 78-0-8511-5861-7.
- Kinkade, Richard P. (1992): "Alfonso X, Cantiga 235, and the Events of 1269-1278", Speculum 67 (2): 284-323.
- Procter, Evelyn S. (1980): Curia and Cortes in León and Castile 1072-1295. Cambridge, UK: Cambridge University Press. ISBN 978-0-5211-3532-0.
- Suárez Fernández, Luis (1970): Historia de España: Edad Media. Madrid: Editorial Gredos. ISBN 978-84-2493-134-6.
- Woodacre, Elena (2013): The Queens Regnant of Navarre: Succession, Politics, and Partnership, 1274-1512. Londres: Palgrave Macmillan. ISBN 978-1-137-33914-0.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Henrique I de Navarra |
- Kings of Navarre. Chapter 3. Kings of Navarre 1234-1305 (Champagne) en Medieval Lands (en inglés).