Hasdai Crescas
Nome orixinal | (ca) Hasdai Cresques |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 1340 Barcelona (Coroa de Aragón) |
Morte | 1410 (69/70 anos) Zaragoza (Coroa de Aragón) |
Grupo étnico | Pobo xudeu |
Relixión | Xudaísmo |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía, filosofia judaica (pt) , Halacá (pt) e Talmud |
Lugar de traballo | Barcelona España |
Ocupación | filósofo, rabino, teólogo, escritor |
Profesores | Nissim of Gerona (en) e Jonah de Maistre (en) |
Alumnos | Ishaq Ben Séset Perfet, José Albo (pt) , Abraham ben Judah Leon (en) , Joseph ibn Habib (en) e Zerachja ben Jicchak (en) |
Influencias | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Parentes | Hasdai ben Judah Crescas, avó |
Descrito pola fonte | Enciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Encyclopædia Britannica |
Hasdai ben Abraham ben Hasdai ben Judá ben Hasdai Crescas ou Cresques (en hebreo: חסדאי קרשקש), nado en Barcelona (Cataluña) en 1340 e finado en Zaragoza (Aragón) en 1412, foi un filósofo, xurista e escritor xudeu catalán, rabino en Barcelona e Zaragoza e cunha obra importante, Or Adonai, que critica o pensamento de Maimónides e de Gersónides e adopta o punto de vista racionalista sobre a fe xudía.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Hasdai Crescas naceu en Barcelona no seo dunha estirpe de eruditos. Estudou baixo a tutela de Nissim Gerondi, chamado o RaN, ao lado de Isaac ben Chechet (o Ribash), e formou grandes sabios, entre os que estiveron Joseph Albo, o rabino Mattathias de Zaragoza e o rabino Zerahia ha-Lévi Saladin. Foi tamén avidamente lido por Baruch Spinoza, quen se fundou nel para rebater a unión de filosofía e religión que propuña Maimónides. Como o seu mestre, Crescas foi un gran talmudista e filósofo. Tivo igualmente unha opinión experta en materia de lei xudía, a pesar de non ocupar nunca un posto oficial de rabino. Tras deixar Barcelona, obtivo a posición administrativa de rabino da coroa en Aragón.[1]
Gozou dunha certa riqueza material e da estima dos poderosos, de xeito que en 1393 foi nomeado executor testamentario exclusivo do seu tío, Vitalis Azday, por Xoán I de Aragón. Porén, coñeceu unha boa parte de sufrimentos e miserias: en 1378 foi feito prisioneiro sobre a base dunha falsa acusación, e calumniado numerosas veces polo feito de ser xudeu. En 1391 o seu fillo único morreu no transcurso dos pogroms antisemitas da época.
Non obstatne, estes sucesos non anubraron as súas facultades nin a súa fe, xa que redactou as súas obras máis grandes despois deste período. Outro episodio que marcou a súa vida foi o seu reencontro co suposto mesías Cisneros, do que foi brevemente partidario. En 1401 marchou a visitar a Joseph Orabuena por petición de Carlos III de Navarra, nos anais do que consta que se pagaron as viaxes por varias vilas do reino de Navarra do "Rabino de Zaragoza".[2]
Obras
[editar | editar a fonte]Os seus traballos haláquicos non chegaron á actualidade e talvez non existisen nunca en forma organizada, a pesar do comentario sobre o Mishné Torá. Consérvanse, non obstante, outros traballos fundamentais:
- Or Adonai ("Luz do Eterno"), unha das tentativas máis logradas para cuestionar a dogmática do xudaísmo a través, en especial, de reflexións sobre a natureza da fe e as crenzas cardinais da Biblia e do Talmud. Decidir sobre doutrinas xudías levou a Crescas a entrecruzar os mundos do aristotelismo medieval, dos seus comentaristas xudeus e árabes, das sentenzas rabínicas, do Talmud e do Midrash e, en fin, dos herexes xudeus. É unha obra concibida orixinariamente para criticar a Maimónides e aqueles entre os pensadores xudeus que aceptaron a súa visión do mundo ao tempo que rexeitaban aqueles dos seus elementos contrarios á tradición. Estre traballo converteuse no precursor da revolución científica do século XVI.[3]
- Refutación de los principios cristianos, redactada en catalán en 1398 a petición de grandes de España. Non se coñece máis que a tradución de Joseph ibn Shem Tov. Aínda que a obra fose redactada con fins indiscutiblemente polémicos, converteuse rapidamente en apoloxética, pois o fin de Crescas era en verdade expor as razóns polas que os xudeus eran tan fieis á súa fe fe ancestral.
- El sermón pascual, onde fala de filosofía relixiosa, pero tamén de Halajá.
- Carta a la congregación de Avignon, publicada como apéndice á edición de Wiener de Shevet Yehuda, en que conta os eventos acontecidos no curso dos pogroms de 1391.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Berlin, Adele; Himelstein, Shmuel (2011). "Crown Rabbi". The Oxford Dictionary of the Jewish Religion (2nd ed.). Oxford; New York: Oxford University Press. ISBN 978-0-19-973004-9. Consultado o 31 May 2015. p. 194
- ↑ Jacobs, l.c. Nos. 1570, 1574
- ↑ Un estudo importante deste traballo foi realizado por Harry Austryn Wolfson (Crescas’ Critique of Aristotle Cambridge, Harvard University Press, 1929).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Cataluña |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Warren Zev Harvey, Physics and Metaphysics in Hasdai Crescas, Amsterdam Studies in Jewish Thought, J.C. Gieben, Amsterdam, 1998.
- Warren Zev Harvey, Great Spirit and Creativity within the Jewish Nation: Rabbi Hasdai Crescas(Hebrew), Mercaz, Zalman Shazar, Jerusalem 2010.
- Marc Tobiass, Maurice Ifergan, Hasdaï CRESCAS, un philosophe Juif dans l'Espagne médiévale, Éditions du CERF 2007, ISBN 978-2-204-05111-8
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Artigo da Enciclopedia Aragonesa Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
- O infinito peculiar de Hasdai Crescas por Renato Roschel (en portugués)