Saltar ao contido

Harald Lesch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHarald Lesch

(2021) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de xullo de 1960 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Gießen, Alemaña Editar o valor en Wikidata
RelixiónProtestantismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Giessen
Rheinische Friedrich-Wilhelms-Universität Bonn Editar o valor en Wikidata
Director de teseReinhard Schlickeiser (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía da natureza, física, astronomía, filosofía, astrofísica e Escrita creativa e profesional Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Múnic Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo, escritor de ciencia, escritor de non ficción, profesor universitario, escritor, astrofísico, astrónomo, presentador de televisión, xornalista, físico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Múnic Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
DoutorandoSusanne von Linden (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1770140 Musicbrainz: 892eb6a5-3ae3-4f21-9fa6-89831f188348 Discogs: 4798768 Editar o valor en Wikidata

Harald Lesch, nado o 28 de xullo de 1960 en Gießen, Hesse, é un astrónomo alemán, físico, filósofo natural, escritor, presentador e profesor na Universidade Ludwig Maximilian de Múnic (LMU) e na Universidade de Filosofía de Múnic (Hochschule für Philosophie München). É moi coñecido en Alemaña polas súas extensas contribucións á divulgación científica a través de varios programas de televisión.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formación e docencia

[editar | editar a fonte]

Após completar o ensino secundario en 1978 na Theo-Koch-Schule de Grünberg, Hesse, Lesch estudou Física na Universidade de Giessen e despois na Universidade de Bonn, onde completou o seu doutoramento en 1987 e traballou no Instituto Max Planck de Radioastronomía. De 1988 a 1991 foi axudante de investigación no observatorio Estatal de Heidelberg-Königstuhl. En 1992 foi profesor visitante na Universidade de Toronto. En 1994 foi habilitado na Universidade de Bonn.[1]

Lesch en 2010

Desde 1995, Lesch é profesor de astrofísica teórica no Instituto de Astronomía e Astrofísica da LMU de Múnic.[2] Ademais, ensina filosofía natural na Universidade de Filosofía de Múnic. As súas principais áreas de investigación son a física do plasma cósmico, os buracos negros e as estrelas de neutróns. É o experto en astrofísica da Deutsche Forschungsgemeinschaft (DFG) (Sociedade Alemá de Investigación) e membro da Astronomische Gesellschaft (Sociedade Astronómica). Tamén é autor de varios libros de texto.

Desde 1998, Lesch presentou diversas series para o canal BR-alpha, incluíndo alpha-Centauri, Lesch & Co., Denker des Abendlandes e Alpha bis Omega. Tamén presentou series televisivas máis breves, tentando facer accesibles ao público temas complexos de física e filosofía.[3]

Aparicións en televisión

[editar | editar a fonte]

Durante moitos anos, Lesch presentou varias series de televisión para a canle BR-alpha, algunha xunto co profesor de filosofía Wilhelm Vossenkuhl. Entre elas, Alpha bis Omega trata a contradición e a coherencia da relixión e da ciencia natural, a través de conversas entre Lesch e o teólogo católico Thomas Schwartz.

Na celebración do Ano de Einstein 2005, BR-alpha emitiu a serie de 8 capítulos The Physics of Albert Einstein, onde en cada episodio, Lesch presentou un único descubrimento científico de Einstein, explicando o seu significado.

Para a canle de televisión de pago Syfy diferenciou os compoñentes científicos e ficticios da franquía Star Trek na serie Star Trek – Science vs. Fiction. De abril até finais de 2007, Lesch moderou o programa semanal Sci_xpert de 5 minutos para esta canle, que trataba preguntas dos espectadores sobre, principalmente, a viabilidade dos conceptos de ciencia ficción.

Desde setembro de 2008, Lesch presenta a revista académica ZDF Abenteuer Forschung (Aventuras na investigación). Ao comezo do "Ano Internacional da Astronomía 2009", Lesch moderou en ZDF un especial de 2 horas e media.

Desde 2010, Lesch presenta o espectáculo Lesch's Kosmos, un programa de 15 minutos na canle de documentais alemá ZDFneo que trata temas de diversos ámbitos científicos.[4]

Desde maio de 2024, Lechs presenta un novo formato de programa en ZDF, trocando o nome do antigo Lech's Kosmos a Terra X.[5]

Premios e honras

[editar | editar a fonte]
Harald Lesch recibiu o Deutscher Fernsehpreis en 2019
  • 1988 Otto-Hahn-Medallion da Sociedade Max Planck (pola tese "Nonlinear Plasma Processes in Active Galactic Cores")
  • 1994 Premio Bennigsen-Foerder do Land de Renania do Norte-Westfalia (75.000 EUR): "Quentamento das nubes galácticas de alta velocidade mediante a reconexión magnética"
  • 2004 Premio de Xornalismo Científico da Fundación Grüter (10.000 euros)
  • No ano 2005 foi galardoado co Premio Communicator pola DFG, dotado con 50.000 euros, e o Stifterverband für die Deutsche Wissenschaft polas súas aparicións divulgativas e publicacións.
  • En 2009 recibiu o Medallón en Ouro da Sociedade Astronómica de Nuremberg. "Bene Merenti de Astronomia Norimbergensi" e o Premio IQ.
  • O 15 de marzo de 2011, a Naturforschende Gesellschaft zu Emden (Sociedade de Investigación da Natureza) concedeulle unha membresía honoraria como recoñecemento ao seu traballo para facer comprensibeis ao gran público os achados científicos.[6]
  • Premio Hanns Joachim Friedrichs en 2019
  • En 2023 recibiu a Cruz de Oficial da Orde do Mérito da República Federal de Alemaña.[7]
  1. 1,0 1,1 "Harald Lesch Biography". Consultado o 2023-10-02. 
  2. "Prof Dr Harald Lesch' Homepage". www.usm.uni-muenchen.de. Consultado o 2024-10-02. 
  3. "Harald Lesch Biography". Consultado o 2023-10-02. 
  4. "Frag den Lesch" (en alemán). Consultado o 2024-10-02. 
  5. "Leschs Kosmos mit Professor Harald Lesch". www.zdf.de (en alemán). Consultado o 2024-10-02. 
  6. "Harald Lesch Awards". Consultado o 2023-10-02. 
  7. "Verdienstorden-TdDE". Der Bundespräsident; bundespraesident.de (en alemán). 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]