Saltar ao contido

Happy Death Day

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Happy Death Day
Ficha técnica
Título orixinalHappy Death Day
DirectorChristopher Landon
ProdutorJason Blum
GuiónScott Lobdell
Intérpretes
MúsicaBear McCreary
FotografíaToby Oliver
MontaxeGregory Plotkin
EstudioBlumhouse Productions
DistribuidoraUniversal Pictures
Estrea 13 de outubro de 2017
Duración96 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Orzamento4,8 millóns de dólares[1]
Recadación125,5 millóns de dólares[1]
Na rede
http://www.happydeathdaymovie.com/
IMDB: tt5308322 Filmaffinity: 724026 Allocine: 130104 Rottentomatoes: m/happy_death_day Mojo: blumhousehorror2018 Allmovie: v671673 Metacritic: movie/happy-death-day
Facebook: happydeathdaymovie Instagram: happydeathdaymovie Netlix: 80188939 Editar o valor en Wikidata

Happy Death Day é un filme estadounidense de 2017 dirixido por Christopher Landon e escrito por Scott Lobdell. Está protagonizado por Jessica Rothe e Israel Broussard. Foi producido por Jason Blum a través da produtora Blumhouse Productions, en asociación con Digital Riot Media e Vesuvius Productions. Conta a historia dunha estudante universitaria que é asasinada a noite do seu aniversario e volve vivir o mesmo día unha e outra vez.

Anunciado orixinalmente en 2007 baixo o título Half to Death, estreouse finalmente o 13 de outubro de 2017 a través de Universal Pictures.[2] Recadou 125 millóns de dólares en todo o mundo sobre un orzamento de 4,8 millóns de dólares e recibiu valoracións positivas,[3] cos críticos considerando o filme entretido e eloxiando a actuación de Rothe,[4] e describíndoo como unha mestura de Groundhog Day e Scream.[5] A súa secuela, Happy Death Day 2U, estreouse o 13 de febreiro de 2019.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  • Jessica Rothe como Theresa "Tree" Gelbman
  • Israel Broussard como Carter Davis
  • Ruby Modine como Lori Spengler
  • Charles Aitken como Gregory Butler
  • Laura Clifton como Stephanie Butler
  • Jason Bayle como David Gelbman
  • Rob Mello como John Tombs
  • Rachel Matthews como Danielle Bouseman
  • Phi Vu como Ryan Phan
  • Tenea Intriago como protestante estudantil
  • Blaine Kern III como Nick Sims
  • Cariella Smith como Becky Shepard
  • Jimmy Gonzales como oficial de policía no hospital
  • Donna Duplantier como enfermeira Deena
  • Dane Rhodes como oficial Santora
  • Caleb Spillyards como Tim Bauer
  • Missy Yager como Mrs. Gelbman
  • Tran Tran como Emily
  1. 1,0 1,1 "Happy Death Day (2017)". Box Office Mojo. Consultado o 9 de decembro de 2017. 
  2. Miska, Brad (20 de abril de 2017). "Get Scared 'Half to Death' This October". Bloody Disgusting. Consultado o 20 de abril de 2017. 
  3. "Happy Death Day Reviews". Metacritic. CBS Interactive. Consultado o 21 de outubro de 2020. 
  4. Giles, Jeff (12 de outubro de 2017). "Happy Death Day Is Familiar but Fun". Rotten Tomatoes. Consultado o 13 de outubro de 2017. 
  5. D'Alessandro, Anthony. "Blumhouse Has Plenty To Smile About As 'Happy Death Day' Scares Up $26M Opening". Deadline Hollywood. Consultado o 15 de outubro de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]