Hans-Georg Pflaum
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de xuño de 1902 Berlín, Alemaña |
Morte | 26 de decembro de 1979 (77 anos) Linz, Alta Austria. |
Director de investigación do CNRS | |
Presidente Société Française de Numismatique | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Alemá. Francesa. |
Educación | Universidade Humboldt de Berlín. |
Q89547790 | Director de investigación do CNRS. Presidente da SFN. |
Actividade | |
Campo de traballo | Epigrafía, numismática e historiografía.. |
Ocupación | historiador, erudito clásico, antropólogo, numismático |
Empregador | École pratique des hautes études. Centre national de la recherche scientifique. |
Membro de | |
Alumnos | François Jacques, Michel Christol e Patrick Le Roux |
Premios | |
Premio Gobert (1979). | |
Lista
|
Hans-Georg Pflaum, nado en Berlín o 3 de xuño de 1902 e finado en Linz, Austria, o 26 de decembro de 1979, foi un historiador alemán naturalizado francés, especializado en prosopografía e epigrafía latinas, e en numismática.[1]
Está considerado como o maior representante da epigrafía latina desde Theodor Mommsen.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Hans-Georg Pflaum procedía dunha familia de fabricantes téxtiles berlineses. Inicialmente cursou estudos de Dereito, aínda que despois comezou os estudos de Historia da Antigüidade na Universidade de Berlín,[3][4] materia á que dedicou a súa vida profesional.[2]
En 1933 tivo que interromper os seus estudos e fuxir da Alemaña nazi, e decidiu exiliarse. Instalouse en París e alí concluíu a súa formación en historia antiga,[4] con Jérôme Carcopino. Foi un dos primeiros membros do Centro Nacional da Investigación Científica (CNRS, polas súas siglas en francés), que se fundara pouco antes.[5] Suspendido entre 1940 e 1944 por mor das leis racistas do réxime de Vichy, tivo que agocharse en Montpellier e logo en Lión, baixo a protección doutros científicos, en particular de Jérôme Carcopino, quen o introduciu na epigrafía,[6] e grazas quen puido publicar en 1940 o seu Essai sur le cursus publicus, aínda que omitindo o nome do autor.[2]
Finalizada a segunda guerra mundial, Pflaum reintegrouse no CNRS Nesta segunda etapa na institución publicou un estudo sobre o Mármore de Thorigny en 1948, que acadou unha gran repercusión e consolidou a súa reputación científica.[2]
Paralelamente aos seus traballos sobre a administración dos procuradores, confiáronselle tamén outras responsabilidades científicas, sinaladamente en 1947, cando se lle pediu que recompilase un corpus das inscricións latinas de Alxeria,[7] un traballo no que recompilou máis de 7.000 inscricións en dous volumes monumentais.[2]
Hans-Georg Pflaum doutorouse en 1948, cunha tese sobre os procuradores ecuestres do Alto Imperio Romano,[8] e logo foi nomeado director de investigación do CNRS en 1956. A partir de 1961 exerceu a docencia na cuarta sección da École pratique des hautes études, impartindo un seminario que durou ata 1979. Como consecuencia das súas actividades científicas, Hans-Georg Pflaum pasou varias tempadas en Alxeria a partir dos anos 50, tomando conciencia das inxustizas da situación colonial e das dificultades económicas ás que se enfrontaban moitos dos habitantes da nova nación.[9] Xunto coa súa esposa, intentou arranxar a situación a nivel local, a través de asociacións,[10] especialmente en torno ao sitio arqueolóxico de Djemila.[11]
Gran coñecedor de toda a administración romana, centrou o interese das súas investigacións en aspectos como o papel dos libertos imperiais á sombra dos aristócratas e senadores, as traxectorias dos procuradores ecuestres baixo o Imperio Romano, e a historia administrativa do Imperio. Tamén dedicou importantes traballos á historia do norte de África romano, e realizado traballos prosopográficos salientables sobre o período antonino e, en particular, sobre as vidas da Historia Augusta.[2][7]
Hans-Georg Pflaum tamén dedicou parte dos seus esforzos á numismática. Estudou a cuñaxe de moedas do Imperio Romano nos séculos II e V, contribuíndo particularmente mediante a publicación de tesouros monetarios. A súa colección de máis de 5.000 moedas foi adquirida pola Biblioteca Nacional de Francia en 1991, e incluía unha importante sección dedicada ao emperador Probo.[12]
Hans-Georg Pflaum finou repentinamente durante unha visita a Linz, na Alta Austria, o 26 de decembro de 1979, aos 77 anos.[2][13][4]
Honras
[editar | editar a fonte]Polos méritos acadados ao longo da súa carreira, Tflaum foi nomeado membro honorario da Universidade de Berna e da Universidade de Friburgo, membro da Academia de Ciencias de Gotinga e membro correspondente da Academia Británica.[14] Pertenceu tamén ao Instituto Arqueolóxico Alemán e ao Instituto de Estudos Avanzados de Princeton.[2]
Tflaum formou parte da Sociedade Francesa de Numismática, entidade que presidiu entre 1969 e 1971,[15][16] e foi secretario xeral da Asociación Internacional de Epigrafía Grega e Latina.[2]
En 1979 foi recoñecido co premio Gobert, outorgado pola Académie des inscriptions et belles-lettres, pola publicación da súa obra Les fastes de la province de Narbonnaise.[17]
En 1981, Hans-Georg Pflaum foi honrado coa publicación dun volume conxunto na súa memoria, titulado Gedächtnisschrift für Hans-Georg Pflaum.[18]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Esta é unha escolma dos traballos monográficos publicados por Hans-Georg Pflaum ao longo da súa traxectoria:[19][20]
- (1940). Essai sur le cursus publicus sous le Haut-Empire Romain. Imprimerie nationale, París.
- (1948). Le marbre de Thorigny. Champion, París.
- (1950). Les procurateurs équestres sous le Haut-empire romain, París.
- (1960). Les carrières procuratoriennes équestres sous le haut-empire romain. Geuthner, París.
- (1966). Les sodales antoniniani de l'époque de Marc Aurèle. Imprimerie Nationale, París.
- (1969). La Trouvaille de Canakkale (Turquie). Deniers et antoniniani émis de 261 à 284 (con P. Bastien). Wetteren, 1969
- (1974). Abrégé des procurateurs équestres. Boccard, París.
- (1976). Inscriptions Latines d'Algérie, t. II, vol. 2: Inscriptions de la confédération cirtéenne, de Cuicul et de la tribu des Suburbures. Académie des Inscriptions et Belles-Lettres, París. ISBN 978-2877541398
- (1978). Les fastes de la province de Narbonnaise. CNRS, París. ISBN 978-2222019015
- (1978). L'Afrique romaine (Scripta Varia I). L'Harmattan, París.
- (1981). La Gaule et l'empire romain (Scripta Varia II). L'Harmattan, París.
- (1982). Les carrières procuratoriennes équestres sous le haut-empire romain (Supplément). IFPO, París. ISBN 978-2705301897
- (2003). Inscriptions Latines d'Algérie, t. II, vol 3: Inscriptions de la confédération cirtéenne, de Cuicul et de la Tribu des Suburbures. Académie des Inscriptions et Belles-Lettres, París. ISBN 978-2877541398
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Pflaum, Hans Georg". Enciclopedia Treccani (Treccani.it).
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 Alföldi, G. (1980).
- ↑ Demougin, S. et al. (2006). Páxina 8.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Vidman, L. (1980). Páxina 96.
- ↑ Demougin, S. et al. (2006). Páxina 9.
- ↑ Beschaouch, A.; Le Glay, M. (1980). Páxina 563.
- ↑ 7,0 7,1 Vidman, L. (1980). Páxina 97.
- ↑ Le Glay, M. (1981). Páxina 8.
- ↑ Beschaouch, A.; Le Glay, M. (1980). Páxina 564.
- ↑ Demougin, S. et al. (2006). Páxinas 36-376.
- ↑ Demougin, S. et al. (2006). Páxinas 16-17.
- ↑ Demougin, S. et al. (2006). Páxinas 207-210.
- ↑ Le Glay, M. (1981). Páxina 7.
- ↑ "Deceased Fellows". British Academy.
- ↑ Le Rider, G. et al. (1965). "La Société française de numismatique: 1865-1965". En Revue Numismatique. Tomo 7. Páxina 24.
- ↑ "Les présidents de la SFN". Société française de numismatique.
- ↑ Damargne, P. (1979). "Palmarès de l'année 1979". En Comptes rendus des séances de l'Académie des Inscriptions et Belles-Lettres. Páxina 674.
- ↑ Gedächtnisschrift für Hans-Georg Pflaum (col. "Zeitschrift für Papyrologie und Epigraphik", 43). 1981. Habelt, Bonn.
- ↑ Clauss, M.; Holtheide, B. (1977). "Bibliographie von Hans-Georg Pflaum". En Arheoloski Vestnik. 28. Páxinas 235-244.
- ↑ "Pflaum, Hans-Georg (1902-1979)". Persee.fr
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alföldi, G. (1980). "Hans-Georg Pflaum". En Gnomon. 52, H-2. Páxinas 203-206.
- Beschaouch, A.; Le Glay, M. (1980). "H.-G. Pflaum (1902-1979)". En Mélanges de l'école française de Rome. 92-2. Páxinas 563-565.
- Demougin, S. et al. (2006). H.-G. Pflaum, un historien du XXe: actes du colloque international, Paris les 21, 22 et 23 octobre 2004. Droz, Xenebra. ISBN 2-600-01099-8
- Le Glay, M. (1980). "Hans-Georg Pflaum". En Epigraphica. 42. Páxinas 212-230.
- Le Glay, M. (1981). "Hans-Georg Pflaum (1902-1979)". En Antiquités africaines. 17. Páxinas 7-9.
- Liebs, D. (1980). "Hans-Georg Pflaum, 1902-1979". En Zeitschrift der Savigny-Stiftung für Rechtsgeschichte. Romanistische Abteilung, 97. Páxinas 555–557.
- Sonnabend, H. (2012). "Pflaum, Hans-Georg". En Kuhlmann, P.; Schneider, H. (eds.). Geschichte der Altertumswissenschaften. Biographisches Lexikon. Metzler, Stuttgart/Weimar. Páxinas 964-966. ISBN 978-3-476-02033-8
- Vidman, L. (1980). "Zemřel H.-G. Pflaum (1902-1979)". En Listy filologické / Folia philologica. 103-2. Páxinas 96-97.
- Zawadzki, Z. (2002). "Un vrai Européen: Hans-Georg Pflaum (1902-1979)". En Appel, W. (ed.). Magistri et discipuli. Kapitel zur Geschichte der Altertumswissenschaften im 20. Jahrhundert. Torun, 2002. Páxinas 101-113. ISBN 8-323-11521-4
Predecesor: Jacques Yvon |
Presidente da Sociedade Francesa de Numismática 1969-1971 |
Sucesor: Julien Guey |
- Nados en 1902
- Nados en Berlín
- Finados en 1979
- Alumnos da Universidade Humboldt de Berlín
- Profesores da Universidade de París
- Historiadores de Francia
- Historiadores de Alemaña
- Historiadores de Historia Antiga
- Numismáticos de Francia
- Numismáticos de Alemaña
- Membros da Sociedade Francesa de Numismática
- Membros da Academia Británica
- Membros do Instituto Arqueolóxico Alemán
- Membros da Sociedade de Anticuarios de Francia
- Epigrafistas
- Coleccionistas
- Franceses de ascendencia alemá