Handsup
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2014.) |
O Handsup é un tipo de música electrónica creado en Alemaña no ano 2003 e caracterizado por ser melódico, dinámico e cun ritmo forte, e xeralmente é cantado.
Estilo
[editar | editar a fonte]Difícil de clasificar pola da súa complexa melodía, o Handsup aparece a miúdo confundido co «Hard Dance» ou co «Euro-Trance». Adoita amosarse coma unha evolución do Eurodance, resultado da mestura de Trance, Techno e Dance na década de 1990.
Este estilo de música tivo un grande éxito en Europa, sobre todo en Alemaña, Polonia, Portugal, España e os Países Baixos. En Inglaterra, o Handsup tivo unha enorme acollida e atopou o seu lugar grazas ao nacemento dun subxénero, o Handsup UK, caracterizado por un ritmo máis rápido (150-155 BPM fronte a 140-145).
Especificacións técnicas
[editar | editar a fonte]Tecnicamente, a estrutura do Handsup consiste nos «kicks» ou «bombos», unha serie de pulsacións rítmicas acompañadas de platillos, aplausos... xunto cun baixo a contrapunto. Ademais, consta dunha parte cantada ou con melodía sen ritmo.
Estruturalmente, o Handsup resulta relativamente pobre. Porén, a cantidade de melodías diferentes que contén é moi grande.