Halvaria
Halvaria | |||||
---|---|---|---|---|---|
En sentido horario,: unha haptófita, diatomeas, un oomiceto, unha criptomónada, e unha Macrocystis, que é unha alga parda. As diatomeas, os oomicetos e Macrocystis son de Halvaria. | |||||
Clasificación científica | |||||
| |||||
Filos | |||||
|
Halvaria é un grupo de organismos eucarióticos que inclúe a Alveolata e a Heterokonta (stramenopiles).[1]
Análises realizadas en 2007 e 2008 coincidiron en que as heterocontas e os alveolados están relacionados, formando un grupo reducido do clado dos cromalveolados. Foron agrupados xunto cos Rhizaria (orixinariamente un dos seis maiores grupos de eucariotas) para formar un clado denominado supergrupo SAR.[2][3][4] Porén, análises filoxenéticas de 2016 puxeron en dúbida este grupo Halvaria ao suxerir que os Alveolata son o grupo máis próximo a Rhizaria, o clado R A do supergrupo SAR.
Xa que nese estudo se incorporaron novos datos de secuenciación de Rhizaria, argumentan que o grupo Halvaria podería ser un artefacto por mor de falta de esforzo de mostraxe e polo efecto de aliñamento de secuencias distantes ("long branch attraction").[5][6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cavalier-Smith T (2010). "Kingdoms Protozoa and Chromista and the eozoan root of the eukaryotic tree". Biol. Lett. 6 (3): 342–5. PMC 2880060. PMID 20031978. doi:10.1098/rsbl.2009.0948.
- ↑ Fabien Burki, Kamran Shalchian-Tabrizi, Marianne Minge, Åsmund Skjæveland, Sergey I. Nikolaev, Kjetill S. Jakobsen, Jan Pawlowski (2007). "Phylogenomics Reshuffles the Eukaryotic Supergroups". PLoS ONE 2 (8): e790. PMC 1949142. PMID 17726520. doi:10.1371/journal.pone.0000790.
- ↑ Burki, Fabien; Shalchian-Tabrizi, Kamran & Pawlowski, Jan (2008). "Phylogenomics reveals a new 'megagroup' including most photosynthetic eukaryotes". Biology Letters 4 (4): 366–369. PMC 2610160. PMID 18522922. doi:10.1098/rsbl.2008.0224.
- ↑ Kim, E; Graham, LE (2008). "EEF2 analysis challenges the monophyly of Archaeplastida and Chromalveolata.". PLoS ONE 3 (7): e2621. PMC 2440802. PMID 18612431. doi:10.1371/journal.pone.0002621. Arquivado dende o orixinal (Free full text) o 04 de novembro de 2014. Consultado o 14 de febreiro de 2013.
- ↑ En estudos de filoxenia, o efecto por aliñamento de secuencias distantes (en inglés, "long branch attraction") é un erro sistemático no que liñas filoxenéticas distantes alíñanse de xeito incorrecto como próximas.
- ↑ He, Ding; Sierra, Roberto; Pawlowski, Jan; Baldauf, Sandra L. (2016-08-01). "Reducing long-branch effects in multi-protein data uncovers a close relationship between Alveolata and Rhizaria". Molecular Phylogenetics and Evolution 101: 1–7. doi:10.1016/j.ympev.2016.04.033.