Saltar ao contido

Halki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaHalki
Vista aérea
Imaxe

Localización
Mapa
 36°13′49″N 27°34′14″L / 36.2303, 27.5706
EstadoGrecia
Administracións descentralizadasadministración descentralizada do Exeo
PeriferiasExeo Meridional
Unidades periféricasRodes (pt) Traducir
ConcelloChalki Municipality (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie28 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Exeo Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal851 10 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario

Páxina webdimoschalkis.gr Editar o valor en Wikidata

Halki grego: Χάλκη, Chalki, Halki, tamén Chalce) é unha illa grega e un municipio no arquipélago do Dodecaneso no mar Exeo, a 6 km ao oeste de Rodas. Cunha área de 28 km², é a illa máis pequena habitada do Dodecaneso. Ten unha poboación permanente de 330 habitantes (aumenta durante os meses de verán), concentrados en Emborio o único pobo. O censo de 2001 deu unha poboación de 313 habitantes, é o municipio (demos) máis pequeno de Grecia. A comunidade está dividida en dúas partes, Chorio (Emborio) e o porto.

A illa tiña unha poboación moito máis grande pero por mor da emigración a mediados do século XX Chorio foi case completamente abandonada. Un castelo medieval en ruínas da orde dos Cabaleiros de San Xoán, domina a cidade vella e a capela contén algúns dos frescos orixinais.

Lista de gobernantes de Halki:

Imperio Romano 27 aC - 395
Imperio Bizantino 395 - 7 º século
Árabes 7 º século - 825
Imperio Bizantino 825 - 1204
Venecia 1204 --
Xénova - 1523
Imperio Otomán 1523 - 1912
Italia 1912 - 1948
Grecia 1948

Municipio

[editar | editar a fonte]

O Municipio de Halki inclúe varias illas deshabitadas, a maior das cales é Alimia ao nordés, que ten unha superficie total de 37´043 km². A industria primaria da illa é o Turismo, aínda que a pesca é tamén considerable. Practicamente non hai subministración de auga natural na illa e a choiva recóllese en cisternas de gran tamaño. A auga potable é traída de Rodas, pero pode haber escaseza durante os meses de verán co aumento da poboación.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]