Haematobia exigua
Haematobia exigua | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
Haematobia exigua é unha especie de díptero da familia Muscidae. A especie está presente e é abondosa en Australia, vivindo en Australia Occidental, Territorio do Norte, Queensland e Nova Gales do Sur. É considerada unha praga e causa moitos danos ao gando vacún. Como pertence ao xénero Haematobia, debe alimentarse do sangue do gando para sobrevivir, cortando a súa pel coas súas pezas bucais.
En 1928-1930 os entomólogos australianos Mabel Josephine Mackerras e Ian Murray Mackerras fixeron importantes investigacións sobre esta mosca, incrementando o coñecemento dos métodos do seu control. A investigación de Josephine Mackerras sobre as infestacións desta mosca publicáronse en moitos artigos, asinados por ela soa ou en colaboración co seu marido e colega Murray Mackerras.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Williams, Lesley. Mackerras, Mabel Josephine (Jo) (1896–1971). Australian Dictionary of Biography (en inglés) (Canberra: National Centre of Biography, Australian National University). Consultado o 2022-11-02.
- H. exigua Arquivado 04 de febreiro de 2023 en Wayback Machine. CSIRO
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |