HC Ambrì-Piotta
Aparencia
HC Ambrì-Piotta | |
---|---|
Fundación | 1937 |
Cidade | Quinto, Tesino Suíza |
Estadio | Valascia (7.000 espectadores) |
Liga | National League A |
Adestrador | Serge Pelletier |
Cores | Azul e vermello |
Na rede | |
http://www.hcap.ch |
O Hockey Club Ambrì-Piotta é un equipo profesional de hóckey sobre xeo das localidades de Ambrì e Piotta, no cantón de Tesino (Suíza). O club foi fundado o 19 de setembro de 1937 e é coñecido tamén como "Bianco-Blu". Actualmente compite na máxima categoría do hóckey sobre xeo suízo, a National League A. Aínda que nunca gañou o título de liga, o club nunca descendeu á National League B dende que ascendera á máxima categoría en 1985, o mesmo ano que viu a chegada de Dale McCourt. En 1999 conseguiu o subcampionato de liga logo de ter finalizado a liga regular na primeira posición, e caer nas series finais fronte aos seus rivais do sur, o HC Lugano por catro partidos a un.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Continental Cup (2): 1999, 2000
- Super Cup (1): 1999
- Copa suíza (1): 1962
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: HC Ambrì-Piotta |
A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey sobre xeo |