H. E. Bates
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de maio de 1905 Rushden, Reino Unido (pt) |
Morte | 29 de xaneiro de 1974 (68 anos) Canterbury, Reino Unido |
Educación | Kettering Grammar School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Actividade literaria, Prosa, drama, literatura infantil e xuvenil e autobiografía |
Ocupación | escritor, dramaturgo, xornalista, guionista, ensaísta |
Carreira militar | |
Rama militar | Royal Air Force |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en |
|
Premios | |
Herbert Ernest Bates, máis coñecido como H. E. Bates, nado o 16 de maio de 1905 e finado o 29 de xaneiro de 1974, foi un escritor inglés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Rushden, Northamptonshire, estudou en Kettering. Despois de deixar a escola traballou como xornalista e como mozo de almacén. A maioría dos seus libros inspíranse na vida rural de Northamptonshire.
Aínda que se sabe que escribiu dúas novelas antes, a primeira que publicou foi The Two Sisters (1926). Durante a segunda guerra mundial escribiu para a RAF novelas co alcume literario de Flying Officer X, aínda que a súa mellor novela bélica, Fair Stood the Wind for France (1944), escribiuna co seu propio nome.
Aínda que foi un autor coñecido en vida, o seu grande éxito chegoulle postumanente, coas adaptacións televisivas dos seus libros The Darling Buds of May e as súas secuelas, e My Uncle Silas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial (en inglés)