Höfuðborgarsvæði
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2014.) |
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
País insular | Islandia | ||||
Capital | Reiquiavik | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 233.034 (2020) (219,39 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 1.062,2 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
ISO 3166-2 | IS-1 | ||||
Código NUTS | IS001 | ||||
Höfuðborgarsvæði (en galego: Distrito da Capital) é unha das oito Rexións administrativas de Islandia. Correspóndese coa área metropolitana da súa capital, Reiquiavik.
Demografía
[editar | editar a fonte]Höfuðborgarsvæði é con moito a rexión máis habitada do país, ao ter unha poboación de 200,852 habitantes (2009), o que supón un 62,1% da poboación total do país para unha rexión que constitúe unicamente un 1% da superficie total do país. A súa área é de 1.062 km², e a súa densidade de poboación é de 187.4 habitantes por quilómetro cadrado.
Ano | Poboación | Porcentaxe da poboación islandesa |
1920 | 21 441 | 22,70 % |
1930 | 33 854 | 31,16 % |
1940 | 43 841 | 36,06 % |
1950 | 65 080 | 45,10 % |
1960 | 89 493 | 49,93 % |
1970 | 109 238 | 53,40 % |
1980 | 121 698 | 52,65 % |
1990 | 145 980 | 56,65 % |
2000 | 175 000 | 61,44 % |
2007 | 196 161 | 62,30 % |
Condados
[editar | editar a fonte]Na rexión de Höfuðborgarsvæði está situado un dos vinte e tres condados de Islandia, o de Kjósarsýsla.
Municipios
[editar | editar a fonte]A área metropilitana de Reiquiavik comprende os seguintes municipios:
- Reiquiavik (120.165)
- Kópavogur (29.886)
- Hafnarfjörður (27.726)
- Garðabær (10.331)
- Mosfellsbær (8.625)
- Seltjarnarnes (4.437)
- Álftanes (2.487)
- Kjósarhreppur (190)
Con respecto á capital, os municipios están localizados do seguinte xeito:
- Oeste de Reiquiavik: Seltjarnarnes
- Nordeste de Reiquiavik: Mosfellsbær e Kjósarhreppur
- Sur de Reiquiavik: Kópavogur, Garðabær, Hafnarfjörður e Álftanes
Cada municipio ten o seu propio concello independentemente elixido.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A cidade de Reiquiavik está situada na península de Seltjarnarnes, cuxa extensión é de 8 km. de longo por 5 km. de ancho e se estende dende a costa suroriental da baía de Faxaflói. A súa paisaxe posúe varios pequenos outeiros e un val principal, o Laugardalur. Na costa norte de Seltjarnarnes hai unha pequena baía chamada Reiquiavik, e na súa beira se atopa o centro histórico e a parte máis antiga da cidade.
A raíz do seu desenvolvemento ao longo das décadas, o centro xeográfico da área metropolitana está na actualidade en Kópavogur, o segundo municipio en poboación máis grande do país. Cinco dos seis núcleos urbanos da área desenvolvéronse nos últimos 50 a 70 anos, a excepción de Hafnarfjörður, que era unha antiga vila pesqueira.
A meirande parte da poboación da área vive na península de Seltjarnarnes ou nos tres suburbios de Reiquiavik. Cada un deles foi planeado de xeito individual, e entre estes existen grandes áreas verdes sen edificar. Estes suburbios son de sur a norte:
- Breiðholt: o suburbio máis grande.
- Árbær: é o suburbio máis pequeno, mais inclúe a rúa máis populosa do país, Hraunbær, con 2.403 habitantes.
- Grafarvogur: o suburbio máis austral.
Grafarholt tamén é un distrito residencial, mais ao ser pequeno é considerado como parte de Grafarvogur.
Todos estes núcleos están localizados ao sueste de Reiquiavik. A paisaxe da área caracterízase polas súas pequenas penínsulas, baías e centos de illotes. A península Seltjarnarnes esténdese de sur a oeste, estando separada do continente por unha baía que se estende de norte a sur, directamente a través da península. Seltjarnarnes só se une con terra firme polo sur.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Reiquiavik e a baía de Faxaflói