Gulfstream IV
Aparencia
Gulfstream IV | |
---|---|
Tipo | reactor executivo |
Fabricante | Gulfstream Aerospace |
Primeiro voo | 19 de setembro de 1985 |
Principais usuarios | USAF Armada dos Estados Unidos Administración Oceánica e Atmosférica Nacional |
Produción | 1985 - 2018 |
Unidades construídas | máis de 900 |
O Gulfstream IV (tamén coñecido como G-IV ou GIV) e derivados é unha familia de reactores bimotores usados principalmente como avións executivos. A familia foi deseñada e construída por Gulfstream Aerospace, unha compañía de General Dynamics baseada en Savannah, Xeorxia, dende 1985 ata 2018. O avión está impulsado por dous turboventiladores Rolls-Royce RB.183 Tay.
Tras a entrega do derradeiro G450, máis de 900 GIV/GIV-SP/G450 foran producidos. Ese último G450 foi entregado o 19 de xaneiro de 2018 tras 365 entregas en 12 anos desa variante, rematando así 30 anos de produción e sendo substituído polo G500.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sarsfield, Kate. "Gulfstream launches G500 global demo tour". Flight Global (en inglés). Consultado o 2022-05-19.