Guilty é o noveno álbum de estudio da cantante xaponesa Ayumi Hamasaki, publicado o 1 de xaneiro do ano 2008 baixo o selo da discográfica avex trax e producido por Max Matsuura. A propia cantante escribiu tódalas letras do álbum, que chegou a vender máis de 400.000 copias nas súas dúas primeiras semanas. Alcanzou a sétima posición na United World Chart na súa primeira semana e se mantivo na terceira posición durante a segunda. Dúas semanas despois do seu lanzamento, avex anunciou que se enviaran 750.000 copias do álbum as tendas.
Guilty vendeu máis de 202.000 copias durante a súa primeira semana, e combinando as vendas totais da primeira e da segunda, situaron o álbum na segunda posición con 432.113 copias vendidas. Esta foi a primeira vez que Ayumi Hamasaki ten vendas tan baixas nas súas primeiras semanas cun álbum de estudio, xa que sempre debutou na primeira posición. Kobukuro superou así á cantante en 22.488 vendas. Aínda que só chegou a ser segundo, Guilty conseguiu debutar en primeira posición nas listas de Taiwán cun 39,78% do total das vendas de J-Pop e 6,7% do total da música na súa primeira semana. Foi editado en dúas versións, unha versión CDDVD e outra con unicamente un CD. Ademais, as copias iniciais puxéronse á venda cun álbum de fotos limitado. A versión CD DVD inclúe os vídeos dende "Glitter" ata "Together when...", así como os “makink of”. Aínda que a data de saída do disco era o 1 de xaneiro de 2008, comezou a venderse unha semana antes (o 25 de decembro).
En decembro de 2007, Hamasaki actuou en directo dez veces en programas xaponeses. A canción que se promocionou foi "Together When...". Por outra parte, Ayumi Hamasaki apareceu en portada oito veces en diversas revistas: "Sweet", "Voce", "Bea’s Up", "Vivi", "Popteen", "Cawaii", "S Cawaii" e "Tokyo Headline". Así mesmo, a finais de decembro colocáronse bastante carteis e pósteres en Shibuya (Toquio) promocionando Guilty.