Guillermo Suárez Mason
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de xaneiro de 1924 Buenos Aires, Arxentina |
Morte | 21 de xuño de 2005 (81 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Causa da morte | doenza cardiovascular |
Lugar de sepultura | Cemiterio de La Chacarita |
Educación | Colégio Militar da Nação (pt) |
Actividade | |
Ocupación | oficial |
Período de actividade | 1944 - 1984 |
Carreira militar | |
Lealdade | Arxentina |
Rama militar | Exército Arxentino |
Rango militar | general de divisão (pt) |
Outro | |
Condenado por | asasinato Crime de lesa humanidade |
Guillermo Suárez Mason, nado en Buenos Aires o 2 de xaneiro de 1924 e finado en Villa Devoto o 21 de xuño de 2005, foi un militar arxentino, un dos principais represores durante a ditadura entre 1976 e 1983. Foi xefe do I Corpo de Exército entre 1976 e 1980; coñecido como o carniceiro do Olimpo, en referencia a un dos máis grandes centros de detención e morte, do cal foi o seu principal responsable.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Suárez Mason graduouse na Academia Militar no ano 1944, na mesma promoción que Jorge Rafael Videla e Roberto Viola. Formou parte do infrutuoso golpe dirixido por Benjamín Menéndez en 1951 contra Juan Domingo Perón, e exiliouse no Uruguai durante os anos seguintes, ata que a chamada Revolución Libertadora derrocou a este en 1955.
Foi agregado militar da emabajada arxentina en Ecuador durante o goberno de Juan Carlos Onganía. En 1972 foi ascendido a xeneral, e encargado de tarefas de intelixencia militar; desempeñou un papel destacado no Operativo Independencia comezado durante o goberno de María Estela Martínez de Perón contra a disidencia política de esquerda; en declaracións de 1996 á revista Noticias afirmaría que "na guerra non existen os excesos; a guerra é un xogo no que o máis duro gana, e tiñamos que gañar".
Comandou o I Corpo do Exército Arxentino durante a ditadura; baixo a súa xurisdición operaron os centros de tortura de Automotores Orletti, o Pozo de Banfield, A Cacha e O Olimpo, e era o mando directo de Ramón Camps, o xefe da Policía Bonaerense. Baixo o control de Suárez Mason operaba tamén o Batallón 601 de Intelixencia do Exército, destinado a operacións de secuestro extorsivo; o Batallón contaba cun Grupo de Tarefas Extraterritoriales, que colaborou no golpe de estado de 1981 en Bolivia, e proporcióno adestramento aos contras nicaraguanos nunha base da CIA en Florida.
En 1980 foi trasladado ao Estado Maior do Exército, desde onde promoveu a guerra contra Chile pola disputa da canle do Beagle. Tras a derrota na guerra de Malvinas, Suárez Mason foi nomeado presidente de Yacimientos Petrolíferos Fiscales; as finanzas da puxante compañía estatal sufriron un duro revés baixo o seu mando, incrementando vertiginosamente o seu pasivo. Investigacións posteriores acusaríano de adulterar o combustible entregado a través da empresa Sol Petróleo S.A. para financiar operativos de intelixencia e apoiar aos contras en Centroamérica, no marco da Operación Cóndor. Operou tamén para a loxa masónica Propaganda Due, de Licio Gelli; o seu nome atopouse nos documentos deste, xunto co de José López Rega e outros militares, membros como el da Alianza Anticomunista Internacional.
Á caída do réxime militar fuxiu da Arxentina, e estableceuse en San Francisco, California en 1984. O pedido de extradición do goberno arxentino non foi satisfeito ata 1988, e foi condenado a indemnizacións millonarias, pero antes do fin do xuízo penal na súa contra o indulto concedido polo entón presidente Carlos Menem garantiulle a liberdade.
Acusado de roubar fillos dos desaparecidos nacidos en cativerio, foi novamente extraditado desde California a mediados dos anos 1990, por cargos de delitos contra a humanidade, solicitado polo entón fiscal Luís Moreno Ocampo. Volveu ser arrestado, e en atención á súa idade concedéuselle o arresto domiciliario. Violou os termos deste celebrando o seu octoxésimo aniversario no estadio do Argentinos Juniors, en cuxas divisións inferiores xogara como porteiro, polo que foi encarcerado no penal de Villa Devoto. Morreu o 21 de xuño de 2005 aos 81 anos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Muleiro, Vicente (2011). 1976: el golpe civil (en castelán). Barcelona: Planeta. ISBN 978-950-49-2655-9.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Necrolóxica de Suárez Mason Arquivado 03 de febreiro de 2008 en Wayback Machine. no diario Clarín
- Necrolóxica de Suárez Mason Arquivado 30 de maio de 2020 en Wayback Machine. no diario La Nación
- Necrolóxica de Suárez Mason no diario Página/12
- "Cry for Argentina". Briarpatch, decembro de 2000. [1]