Saltar ao contido

Guillermo Llorca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Guillermo Llorca Freire»)
Modelo:BiografíaGuillermo Llorca
Biografía
Nacemento28 de marzo de 1950 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, historiador Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoEnsaio, Narrativa
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeÁnxela Loureiro Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1721752 BUSC: llorca-freire-guillermo-1950 Dialnet: 896882

Guillermo Llorca Freire, nado en Ferrol o 28 de marzo de 1950[1], é un historiador e escritor galego, licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu como profesor de Xeografía e Historia no Instituto Sofía Casanova de Ferrol ata o ano 2011 no que se xubilou.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Como historiador ten unha extensa obra de investigación e divulgación, amplamente publicada en libros, revistas e xornais. Ten feito tamén achegas á didáctica da Xeografía e da Historia, en diversas publicacións e como conferenciante. Un gran número de artigos ilustran nos xornais a súa vocación de xornalista. Destaca a súa gran dedicación á historia de Ferrol. No campo do audiovisual foi director e guionista de varios vídeos didácticos, premiados en diversos certames.[Cómpre referencia] A súa obra no eido da literatura está representada por libros de relatos. Formou parte dos consellos de redacción das revistas Concepción Arenal. Ciencias y Humanidades, FerrolAnálisis e Deceme. Revista de Historia e Ciencias Sociais.

Entre a súa extensa obra pódense destacar colaboracións na Gran Enciclopedia Gallega en temas de Historia e temas relativos a persoeiros ferroláns. Ten publicado artigos nos xornais Ferrol Diario, Norte de Galicia, La Voz de Galicia, Diario 16 e Diario de Ferrol. Investigacións súas teñen aparecido nas revistas Cuadernos do Ateneo Ferrolán, Galicia 10, Ingenium, FerrolAnálisis e Concepción Arenal.

Entre os seus libros, sobre cuestións históricas pódense citar: Ferroláns, Ferroláns en Cuba, Historia da prensa ferrolá, Los partidos políticos en Ferrol durante la II república. No eido literario publicou: Relatos para ver mundo, O túnel da Malata e outros relatos do tren.

Foi membro fundador, directivo e presidente do Ateneo Ferrolán.

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Libros publicados

[editar | editar a fonte]
Xeografía e Historia

No eido da investigación e divulgación histórica e xeográfica:

  • Ferrolterra na colección Guillermo Escrigas de tarxetas postais, en Novo Sécula, Barcelos-Portugal, 1992. ISBN 84-87777-12-0.
  • Historia da prensa ferrolá, en Ediciós do Castro, Sada 1993. ISBN 84-7492-674-2.
  • Ferroláns, en Edicións Embora, Betanzos 1996. ISBN 84-930143-2-X.
  • Ferroláns en Cuba, en Edicións Embora, Pontedeume 1997. ISBN 84-930143-4-6.
  • Guías turísticas do Concello de Ferrol, Ferrol 1998.
  • O 10 de marzo no contexto da prensa obreira de Ferrol, en 10 de Marzo, órgano de comisións obreiras de Ferrol, edición facsímile, Santiago 1999. ISBN 84-930595-0-1.
  • Francisco Iglesias Brage: no centenario do seu nacemento, Concello de Ferrol- LaCaixa, 2000. ISBN 84-923163-0-6.
  • Ferrol no patrimonio mundial, Concello de Ferrol 2002. D.L.: C-232/2002.
  • Ferrol: Memoria da vida cotiá, ISBN 84-921363-5-9.
  • Ferrolanos en la Argentina, Editor Pablo Zaera Silvar, Betanzos 2012.
  • La Ibense: Una heladería artesana en Ferrol, en Edicións Embora, Ferrol 2012.
  • Cen anos do ferrocarril Ferrol-Betanzos, en Edicións Embora, Ferrol 2013. ISBN 978-84-92644-70-4.
  • Juan García Niebla: entre a innovación pedagóxica e o compromiso cidadán. Muíño do Vento, 2015. ISBN 978-92-0-140448-0
  • Centenario das escolas de instrucción dos "Naturales del Ayuntamiento de Fene". 1916-2016, A Coruña, Deputación da Coruña, 2018. ISBN 978-84-9812-314-2
  • Ferroláns, (s.l.) Edicións Embora, 2018. ISBN 978-84-16456-87-1
Literatura

No eido literario:

  • Relatos para ver mundo, en Edicións Embora, Betanzos 2002 ISBN 84-95460-22-X.
  • O túnel da Malata, e outros relatos do tren, en Ediciones de la librería del campus, Narón 2005. ISBN 84-921363-4-9.

Publicacións colectivas

[editar | editar a fonte]

Publicou, xunto con outros autores, entre outros, os seguintes libros:

  • Camiños de Ferrolterra, Pontedeume, Mancomunidade de Ferrol, 1982.
  • Traballos prácticos de Xeografía, Santiago, Obradoiro de Educación, 1982.
  • Ferrol, su historia, sus gentes, 1986.
  • A Historia das Civilizacións a través do cine, Dirección Xeral de Ensinanzas Medias, proxectos de innovación educativa, 1988.
  • Ferrol a través dos textos históricos e literarios, 1990.
  • Referencias periodísticas, históricas e literarias sobre a cidade de Ferrol, 1995.
  • Historia de Ferrol, 1998.
  • Ferrol cidade da ilustración, 2005.
  • Sede de la Fundación Caixa Galicia. De fábrica ilustrada a referente socio-cultural, 2006.
  • Ferrol: 150 anos de cidade, 2009.
  • Homenaxe a Ferrol Vello, (s.l.) Edicións Embora, 2015. 978-84-16456-01-7.
  • Memoria histórica do barrio de Esteiro, (s.l.) Edicións Embora, 2016. ISBN 978-84-16456-22-2.
  • 100 años Escuela Obrera Ferrol. Un siglo de porvenir, Santiago, Navantia, 2016. ISBN 978-84-617-4191-5.
  • Memoria histórica do barrio da Magdalena, (s.l.) Edicións Embora, 2018. ISBN 978-84-16456-76-5.
  • Memoria histórica do barrio de Canido, (s.l.) Edicións Embora, 2019. ISBN 978-84-17824-02-2.

En revistas

[editar | editar a fonte]


Entre estes traballos poderíanse destacar:

  • Formación política y participación democrática, en Cuadernos de Pedagogías, nº 49,1979
  • El cine como instrumento en la didáctica de la historia, en Revista de Bachillerato, nº 18, 1981
  • Os Ateneos Ferroláns na súa Historia, en Cuadernos do Ateneo Ferrolán nº 3.
  • O dique da Campá de Ferrol. A máis importante obra hidraulica da Galicia do XIX, en Ingenium nº 2, 1990.
  • Páxinas de Pontedeume na prensa galega da emigración na Argentina, en Cátedra, nº 19, 1993.
  • Concepción Arenal e Hispanoamérica. Pegadas dunha presencia, en Cuadernos do Ateneo Ferrolán nº 9, 1993.
  • Ferrolterranos na emigración americana. O seu papel na educación, en Cuadernos do Ateneo Ferrolán nº 10, 1994.
  • Orígen del Patronazgo de San Julián sobre la ciudad de Ferrol, (Premio Ingeniero Comerma do Concello de Ferrol), en Concepción Arenal. Ciencias y Humanidades nº VI, 1996.
  • Los partidos políticos durante la II República, (Premio de Investigación Jaime Quintanilla Martínez do Concello de Ferrol) en Concepción Arenal. Ciencias y Humanidades (monografía), 1998.
  • Concepción Arenal. Cinco momentos na súa memoria, en Cuadernos FerrolAnálisis 1993.
  • A ilusión das América, en Xurdimento nº 11, 1998.
  • A alimentación como sinal de identidade da emigración galega, en Xurdimento nº 14, 2001.
  • O asociacionismo ferrolán en Bos Aires, en Xurdimento nº 15.
  • Juan García Niebla. A pedagoxía ó servicio do cidadán, en Idea nº 6, 2000.
  • El goce de la creacción: arte y gastronomía, en Arte Galicia, 2016.

Audiovisuais

[editar | editar a fonte]

Foi director e guionista dos seguintes vídeos documentais:

  • La Sociedade de Instrucción y Recreo Naturales del Ayuntamiento de Fene, 1910-1934. 1987.
  • Ferrol: Historia dunha terra, 1989.
  • O ferrolán Francisco Iglesias Brage no centenario do seu nacemento, 2000.
  • O barrio da Magdalena, unha aventura urbana, 2009. (WebQuest de autoría colectiva).
  1. Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Llorca Freire, Guillermo". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 320. ISBN 84-8064-113-4. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]