Guillerme de Mortain
Nome orixinal | (fr) Guillaume de Mortain |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | século XI |
Morte | 1140 (Gregoriano) Bermondsey, Reino Unido (en) |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata |
Outro | |
Título | Conde |
Cónxuxe | Adelaide (?) |
Pais | Roberto, conde de Mortain e Matilda de Montgomery |
Irmáns | Denise de Mortain Emma of Mortain |
Guillerme de Mortain, nado antes de 1084,[1] e finado despois de 1140, foi un nobre inglés, que foi conde de Cornualla (1090 - 1104) e conde de Mortain (1090 - 1106)
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Guillerme era fillo de Roberto de Mortain, medio irmán de Guillerme o Conquistador,[2] e de Maud de Montgomery, filla de Roxerio II de Montgomery, primeiro conde de Shrewsbury e Mabel de Bellême.[2]
Desde a súa nenez, Guillerme tiña unha prounda aversión cara a seu primo Henrique I de Inglaterra, e reclamou orgullosamente, non só os condados de seu pai, de Mortain e Cornualla, senón tamén o condado de Kent. Entre as razóns desta intensa animadversión, estaría a familia da súa nai, especialmente os seus tíos Robert de Bellême, Hugh Montgomery, II conde de Shrewsbury, Arnulfo de Montgomery e Roxerio o Poitevino, todos eles enimigos acérrimos de Henrique, porque foran desposuídos das súas posesións inglesas e desterrados de Inglaterra pouco despois da coroación de Henrique[3] e do seu tío Odo de Bayeux. A crónica de Hyde cualifícao de "incorrixible e turbulento" e a de Guillerme de Malmesbury descríbeo como posuidor dunha "arrogancia desvergonzada". O rei rexeitou as demandas de Guillerme sobre o condado de Kent, ofrecéndolle a cambio a man de María de Escocia, irmá da raíña Matilde, que Guillerme rexeitou.[4] Henrique concertou entón o matrimonio entre María e Eustaquio III, conde de Boulogne. Henrique continuou rexeitando as peticións de Guillerme até que tivo que tratar cos Montgomerys, tíos de Guillerme, e os exiliou de Inglaterra. Henrique entón desposeeu a Guillerme das terras de Cornualla, que supostamente se apropiara de maneira ilícita, tras o que Guillerme partiu para Normandía, onde se uniu a Roberto Curthose. En Normandía Guillerme atacou moitas das posesións de Henrique, o quefixo que o rei desposeera a Guillerme de todos os seus honores ingleses.[5]
Guillerme foi capturado xunto a Roberto Curthose na Batalla de Tinchebrai (1106) e despoxado de Mortain. Permanecru encarcerado durante varios anos na Torre de Londres, profesando como monxe cluniacense en 1140 na abadía de Bermondsey.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ George Edward Cokayne (1913): The Complete Peerage of England Scotland Ireland Great Britain and the United Kingdom, Extant Extinct or Dormant, Vol. III, Ed. Vicary Gibbs (The St. Catherine Press, Ltd., London), p. 428.
- ↑ 2,0 2,1 Detlev Schwennicke (1989): Europäische Stammtafeln: Stammtafeln zur Geschichte der Europäischen Staaten, Neue Folge, Band III Teilband 4 (Marburg, Germany: Verlag von J. A. Stargardt), Tafel 694B.
- ↑ J. F. A. Mason (1963): "Roger de Montgomery and His Sons (1067-1102)". Transactions of the Royal Historical Society, 5th series vol. 13, pp. 1-28.
- ↑ Warren Hollister, C. (2003): Henry I. New Haven & London: Yale University Press, p. 182.
- ↑ David Crouch (2007): The Normans. The History of a Dynasty. London & New York: Hambledon Continuum, p. 173.
- ↑ George Edward Cokayne (1913): The Complete Peerage of England Scotland Ireland Great Britain and the United Kingdom, Extant Extinct or Dormant, Vol. III, Ed. Vicary Gibbs (The St. Catherine Press, Ltd., London, pp. 428-429.