Saltar ao contido

Guillerme X de Aquitania

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGuillerme X de Aquitania

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1099 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Tolosa, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte9 de abril de 1137 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (37/38 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacatedral de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónaristócrata Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloDuque Editar o valor en Wikidata
FamiliaRamnulfids (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeLionor de Châtellerault
Emma de Limoges Editar o valor en Wikidata
FillosAliénor de Aquitania
 () Lionor de Châtellerault
Petronila de Aquitania
 () Lionor de Châtellerault Editar o valor en Wikidata
PaisGuillerme IX de Aquitania Editar o valor en Wikidata  e Filipa, Condessa de Toulouse Editar o valor en Wikidata
IrmánsInês da Aquitânia, rainha de Aragão
Raimundo de Poitiers
Henri de Poitiers Editar o valor en Wikidata

sen valor Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Aquitaine-179

Guillerme X, nado en Tolosa en 1099 e finadl o 9 de abril de 1137, alcumado O Santo, foi duque de Aquitania, Duque de Gascuña e Conde de Poitou (co nome de Guillerme VIII) entre os anos 1126 e 1137.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Era fillo de Guillerme IX e da súa segunda esposa, Filipa de Tolosa, e naceu durante o breve período no que os seus pais rexeron a vila de Tolosa. O seu nacemento quedou rexistrado na Cronica de Saint-Maixent no ano 1099: Willelmo comiti natus est filius, equivoce Guillelmus vocatus ("ao conde Guillerme naceulle un fillo, púxoselle de nome Guillerme, coma el."). Nese mesmo ano, e en contra dos desexos da súa esposa, o duque Guillerme IX entregou Tolosa ao primo de Filipa, Bertrand de Tolosa, e partiu ás Cruzadas.

Moedas de Guillerme X, 8.90g.

Filipa e o seu fillo Guillerme marcharon a Poitiers. Anos despois da volta de Guillerme IX, este foi vivir con Dangerose, muller dun dos seus vasalos, e abandonou a súa esposa legal, Filipa. Isto causou un distanciamento entre pai e fillo, ata que Guillerme X casou con Lionor de Châtellerault, filla da amante do seu pai, no 1121.

Tivo tres fillos con ela:

  • Aliénor, que sería a herdeira do seu ducado;
  • Petronila, que casou con Raúl I de Vermandois, e que morreu en 1151 ou 1152;
  • Guillerme Aigret, que morreu aos catro anos, en 1130, case ao tempo que a morte da súa nai.

Talvez tivo tamén un fillo extramatrimonial, Guillerme, chamado de Poitiers.

Duque de Aquitania

[editar | editar a fonte]

Guillerme foi un amante e protector das artes e un home culto en tempos nos que o analfabetismo era norma, incluso entre a nobreza. Na corte de Poitiers exercía o mecenado con trobadores e poetas, coma cantou o trobador Cercamon no planh (elexía) que compuxo á súa morte. Seguía así a tradición do seu pai Guillerme IX, alcumado o trobador. Coñecemos polo menos o nome dun destes trobadores, Blédhri, un celta (irlandés ou talvez galés), que residía na súa corte.[1]

Era tamén un home de armas. Entrou en conflitos coa Normandía (atacouna en 1136, aliado con Godofredo V, conde de Anjou que reclamaba esas terras no nome da súa muller) e con Francia.

Tamén dentro do seu ducado tivo que facer fronte á alianza dos Lusignans e os Parthenays en contra del, resolveu o conflito coa total destrución dos seus inimigos.

Bernaldo de Claraval converte a Guillerme X.

En cuestións de política internacional, Guillerme X apoiou nun principio ao antipapa Anacleto II, nas loitas do cisma de 1130, opoñéndose ao Papa Inocencio II, e en contra do desexo dos seus propios bispos. No ano 1134, Bernaldo de Claraval convenceu a Guillerme de que abandonase o partido de Anacleto e apoiase a Inocencio. Sobre este feito, existe a lenda de que Guillerme, farto da insistencia do monxe, decide terminar dunha vez con esas molestias e irrompe armado na igrexa de Partenay onde san Bernaldo estaba celebrando misa. Ao ver entrar ao duque, o abade foi ao seu encontro levando nas mans o cáliz e a hostia. Sometido pola forza que emanaba do home santo, Guillerme caeu de xeonllos, cheo de arrepentimento e someteuse ao que se lle pedía[2].

En 1137 Guillerme iniciou a peregrinación a Santiago de Compostela, talvez para expiar os seus pecados, pero morreu no camiño, posiblemente dunha intoxicación alimentaria. Sabéndose morrer, escribiulle unha carta ao rei Lois VI de Francia encomendándolle a protección da súa filla e herdeira Aliénor, que entón tiña quince anos, e pedíndolle que lle atopase un marido axeitado. Lois VI aceptou o encargo e casou á herdeira de Aquitania co seu propio fillo, o futuro Lois VII de Francia. Coa intención de que o ducado de Aquitania e o reino de Francia quedaron unidos, aínda que o devalar dos acontecementos posteriores non fixo tan simple esta manobra política.

Personaxe literaria

[editar | editar a fonte]

A súa morte camiño de Santiago, levou ao seu trobador Cercamon a compoñer un planh, unha elexía na súa honra coñecida como Lo plaing comenz iradamen[3], que comeza dicindo:

Facendo dó comezo este lamento
un canto que enche de tristura o meu corazón;
sinto dor, pena e angustia,
Por ver como se esvae a xuventude;
a ledicia mingua e o mal aumenta
desde que o conde de Poitou morreu

e que remata facendo referencia á peregrinación:

Ai, como fan dó os gascóns
e os homes e Aragón e de España!
Santiago, pregámosche que lembres ao barón
que se debruza ante ti coma un peregrino

Co tempo e apoiándose na versión máis serodia da súa morte que aseguraba que dera chegado a Santiago e que, sabéndose moi enfermo, ordenou que o levaran á Catedral, onde morreu ante a tumba do Apóstolo, converteron a Guillerme X nunha personaxe literaria, o protagonista do Romance de don Gaiferos, que canta esta peregrinación a Compostela[4].

  1. Régine Pernaud: Eleonora d'Aquitania (trad. italiana), ed. Jaca Book, Milán, pax. 27
  2. Régine Pernaud: Eleonora d'Aquitania (trad. italiana), ed. Jaca Book, Milán, pax. 43
  3. Tradución propia a partir de Troubadour Poems from the South of France pax. 49.
  4. Deaños Santiago, Carlos: «Un estudio revela la auténtica personalidad de Don Gaiferos» Arquivado 04 de marzo de 2017 en Wayback Machine. El Correo Gallego, 13/9/2010 (en castelán).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Paden, William D. e Francess Freeman (2007). D.S. Brewer, ed. Troubadour Poems from the South of France. Cambridge. ISBN 978-1-84384-129-6. .

Outros artigos

[editar | editar a fonte]