Saltar ao contido

Guillerme III de Sicilia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGuillerme III de Sicilia

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1185 Editar o valor en Wikidata
Palermo, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte1198 Editar o valor en Wikidata (12/13 anos)
Alt-Ems, Austria (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónaristócrata Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloNobreza Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Hauteville Editar o valor en Wikidata
PaisTancredo de Sicilia Editar o valor en Wikidata  e Sibylla of Acerra Editar o valor en Wikidata
IrmánsValdrada di Sicilia
Constance of Sicily, Dogaressa of Venice
Roger III de Sicilia
Elvira of Sicily
Sibylla of Sicily Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Altavilla-22

Guillerme III de Sicilia, nado probabelmente contra 1186,[1] e finado en 1198 en Schloß Hohenems, Alemaña,[2] foi rei de Sicilia durante un breve período, do 20 de febreiro ao 25 de decembro de 1194, baixo a rexencia da súa nai.

Foi o último descendente da casa dos Hauteville que reinou no Reino de Sicilia antes da chegada da casa dos Hohenstaufen.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Vida e reinado

[editar | editar a fonte]

Guillerme foi o segundo fillo e sucesor do rei Tancredo e da súa esposa Sibila de Acerra.[2]

Subiu ao trono o 20 de febreiro de 1194 tras a morte de seu pai. Desde setembro do ano anterior era correi tras a súbita morte do seu irmán máis vello Roxerio III), porque seu pai, pouco antes de falecer, coroárao simbolicamente para asegurar a continuidade dinástica e contrarrestar as pretensións xermánicas dos Hohenstaufen, que reclamban o trono dos normandos desde a morte sen descendencia do rei Guillerme II.[1] Debido á súa curta idade, quedou baixo a rexencia da súa nai (como sucedera co seu irmán Roxerio).

A historiografía considera porén pouco probábel que Tancredo puidera asistir a esta coroación, iniciativa que seguramente fora obra de Sibila que, como rexente na que recaera a carga de organizar a resistencia na illa contra as tropas de Henrique VI Hohenstaufen, que viña reclamando o Reino desde varios anos antes baseándose nos dereitos da súa esposa, Constanza I de Sicilia, filla póstuma do rei Roxerio II de Sicilia, e pretendente lexítima desde 1189.[1]

O grupo de fieis familiares nos que podía confiar Sibila era moi reducido, incluíndo agora só aos fillos do defunto Mateo d'Ajello, o conde Ricardo d'Ajello e Nicolao, arcebispo de Salerno, así como o arcebispo de Palermo, Bertomeu, que non dubidaron, porén, en pasarse rapidamente ao partido do emperador Henrique.

Derrocamento e morte

[editar | editar a fonte]

En maio de 1194, Henrique VI volveu a Italia, onde acaba de morrer Tancredo. O exército Imperial encontrou pouca resistencia e Henrique foi coroado como rei de Sicilia o 25 de decembro. O mozo Guillerme foi capturado e obrigado a ceder a súa coroa. Foi torturado antes de que lle sacaran os ollos de ser castrado. Despois foi enviado ao exilio a Alemaña (talvez a Alsacia ou ao hoxe cantón dos Grisóns), onde morreu en condicións escuras, probabelmente pouco despois.[3]

Henrique Hohenstaufen emprendeu nese mesmo día un masacre sanguento dos baróns normandos. Os nobres e os bispos que asistiran á coroación do seu rival Tancredo foron queimados vivos nun campo cerca de Palermo, a cincocentos metros do palacio real. Henrique fixo logo desenterrar os restos de Tancredo e do seu fillo Roxerio, aos que lles arricou as súas coroas de ouro antes de mandar decapitar os seus cadáveres. O único fillo do seu matrimonio con Constanza, o futuro Frederico II, naceu ao día seguinte en Iesi, cerca de Ancona.[3]

Segundo algunhas fontes, Guillerme III morreu en torno ao ano 1198, prisioneiro en Schloß Hohenems (Alemaña).[2]

Antepasados

[editar | editar a fonte]
O emperador Henrique VI castrando e cegando ao rei Guillerme III.
Ilustración dunha edición de De casibus Virorum illustrium de Giovanni Boccaccio.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Roxerio I de Sicilia
 
 
 
 
 
 
 
8. Roxerio II de Sicilia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Adelaida del Vasto
 
 
 
 
 
 
 
4. Roxerio III de Puglia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Afonso VI de Castela
 
 
 
 
 
 
 
9. Elvira de Castela
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. Isabel de Sevilla
 
 
 
 
 
 
 
2. Tancredo de Sicilia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
10. Achard II de Lecce
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
5. Emma de Lecce
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
1. Guillerme III de Sicilia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
3. Sibila de Acerra
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Predecesor:
Tancredo I de Sicilia
(con Roxerio III de Sicilia)

Rei de Sicilia

1193 - 1194
Sucesor:
Henrique VI Hohenstauffen
(con Constanza I de Sicilia)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Aubé, Pierre (2001): Roger II de Sicilie. París: Payot & Rivages. ISBN 2-2288-9414-1.
  • Bogdan, Henry (2003): Histoire de l'Allemagne de la Germanie à nos jours. París: Perrin. ISBN 2-262-02106-6.
  • Norwich, John Julius (1970): The Kingdom in the Sun (1130-1194). Londres: Longmans. ISBN 978-0-5711-0903-6.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]