Saltar ao contido

Guerrilla Girls

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
As Guerrilla Girls levan máscaras de gorila cando fan aparicións en público.

Guerrilla Girls foi un colectivo de artistas feministas radicais orixinado en Nova York en 1984 e denominado así por usar tácticas de guerrilla para promocionar a presenza da muller na arte.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O seu primeiro traballo foi despregar pósters nas rúas de Nova York para denunciar o desequilibrio de xénero e racial dos artistas representados en galerías e museos. Ao longo dos anos, expandiron o seu activismo a Hollywood e a industria do cinema, a cultura popular, os estereotipos de xénero e a corrupción no mundo da arte.

Os membros do grupo orixinario sempre levaban máscara de gorila e, ocasionalmente, minisaias e medias de rede. Comentaban que ninguén na súa contorna (nin familias, nin compañeiros, nin maridos) coñecía a súa identidade, a excepción feita, dicían ironicamente, dos seus respectivos peiteadores. E a verdade é que, ademais da súa misteriosa identidade, descoñécese cantas persoas formaban o seu grupo. Con todo, as Guerrilla Girls americanas tiveron as súas imitacións e compañeiras en Francia e tamén en Inglaterra.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]