Guernsey
Himno | God Save the King | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Capital | Saint Peter Port | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 63.026 (2016) (808,03 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa lingua francesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 78 km² | ||||
Bañado por | Canal da Mancha | ||||
Punto máis alto | Le Moulin (en) (114 m) | ||||
Datos históricos | |||||
Creación | 1204 | ||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
• Monarca | Carlos III do Reino Unido (2022–) | ||||
• Chief Minister of Guernsey (en) | Gavin St Pier (en) (2016–) | ||||
Órgano lexislativo | States of Guernsey (en) , (Escano: 45) | ||||
Moeda | libra esterlina | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .gg | ||||
Prefixo telefónico | 44 | ||||
Teléfono de emerxencia | 112 e 999 | ||||
Código de país | GG | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | gov.gg | ||||
Guernsey é unha illa na canle da Mancha parte do arquipélago das Illas da Canle. É unha posesión da coroa británica. Ten unha poboación de 58.870 persoas e a capital é Saint Peter Port. No ano 933, a illa foi tomada polo Ducado de Normandía no norte de Francia. Cando en 1066 os normandos invadiron Inglaterra, Normandía e Inglaterra foron unidas baixo unha monarquía. Durante a idade media, Inglaterra perdeu moita da súa terra no continente europeo pero conservou as súas illas na Canle da Mancha, incluíndo Guernesey.
Ademais da illa de Guernsey, a Bailía de Guernsey (en francés Bailliage de Guernesey, en inglés Bailiwick of Guernsey) inclúe as illas veciñas de Alderney (poboación 2.400) e de Sark (poboación 610), e algunhas outras illas moi pequenas. A lexislatura elixida do territorio chámase Os Estados de Deliberación. O xefe de goberno é un administrador elixido chamado o Bailiff, e o xefe de estado é o Tenente Gobernador, que é designado pola raíña.
Como a da veciña illa de Jersey, a economía de Guernsey baséase nos servizos financeiros como paraiso fiscal, o turismo e a agricultura. Un servizo de transbordador conecta as illas con Gran Bretaña e Francia.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome Guernsey provén do [[nórdico antigo] Guerns ten unha etimoloxía incerta, posiblemente significando 'verde, corno' ou procedente dalgún nome persoal. Pola súa banda, ey significa 'illa' en nórdico antigo.[1]
Historia de Guernsey
[editar | editar a fonte]Foi cara ao ano 6000 a.C. cando o ascenso mundial do nivel do mar transformou os ata entón promontorios do continente europeo nas actuais Illas da Canle. Neste tempo, agricultores Neolíticos poboaron as costas e construíron os dolmens e menhires. A illa de Guernsey contén tres menhires esculpidos de grande interese arqueolóxico; o dolmen coñecido como L'Autel du Dehus tamén contén unha deidad de dolmen.
Durante a súa migración a Bretaña empuxados polo asentamento en Gran Bretaña dos saxons, os Británicos ocuparon as Illas Lenur (o antigo nome das Illas Anglonormandas) incluíndo Lisia (Guernesey) e Angia (Jersey). Anteriormente pensábase que o nome orixinal da Illa era Sarnia, pero a investigación recente mostra que era o nome latino para a illa de Sark. Vindo do reino de Gwent, Santo Sansón (o abade de Dólar, na Bretaña) é acreditado coa introdución de cristianismo a Guernesey.
En 933 as illas pasaron a depender directamente do Ducado de Normandía ao anexionarse este ao Ducado da Bretaña. A illa de Guernesey e outras Illas Anglonormandas representan os últimos remanentes do Ducado medieval de Normandía. Nas illas, o soberano de Inglaterra ostenta o título de duque de Normandía.
Guernesey foi ocupado por tropas alemás na segunda guerra mundial. Antes da ocupación, moitos nenos do Guernesey foron evacuados a Inglaterra para vivir con parentes ou forasteiros durante a guerra. Algúns nenos nunca foron reunidos coas súas familias. Durante a ocupación, moitas persoas de Guernesey foron deportadas polos Alemáns a campos no suroeste de Alemaña, notablemente a Biberach un der Riss e internadas no Campo Lindele.
Xeografía
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Guernsey#Xeografía.
Situadas ao redor de, Alderney, Guernsey, Herm, Sark e algunhas outras illas máis pequenas teñen xuntas unha superficie total de 78 km² e costas duns 50 km. A elevación varía desde o nivel do mar ata 114 m. en Le Moulin en Sark.
Hai moitas illas, illotes, rochas e arrecifes máis pequenos na Bailía. Combinado cun rango de marea de 10 m e con correntes rápidas de ata 12 nós, isto fai que a navegación en augas locais sexa perigosa.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Victoria Tower
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Guernsey |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de Guernsey |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- States of Guernsey - Sitio oficial do goberno
- VisitGuernsey/ Turismo de Guernsey
- BBC Guernsey - Noticias
- This Is Guernsey - Novas e información sobre a prensa de Guernsey
- The Guille-Allès Library - Biblioteca pública
- Mapa de Guernsey
- ↑ "Guernsey". Online Etymology Dictionary. Consultado o 31 de maio de 2011.