Greg Norton
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de marzo de 1959 (65 anos) Rock Island, Estados Unidos de América (pt) |
Educación | Two Rivers High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | gastrónomo, músico, compositor de cancións |
Período de actividade | 1979 - |
Xénero artístico | Rock alternativo |
Instrumento | Baixo |
Sitio web | myspace.com… |
Gregory James Norton, nado o 13 de marzo de 1959 en Davenport, Iowa, é un músico estadounidense coñecido por ter sido o baixista da banda de rock alternativo Hüsker Dü.[1][2] Aínda que a meirande parte das composicións do grupo foron realizadas polos seus compañeiros Bob Mould e Grant Hart, Norton contribuíu cos temas "M.T.C.," "Don't Have a Life" e "Let's Go Die" no EP de estrea do grupo, Land Speed Record.
Tras a separación de Hüsker Dü en 1988, Norton formou a banda Grey Area co enxeñeiro de Hüsker Dü Colin Mansfield e con Jo Jones. Despois de que Grey Area se separase en 1991 Norton deixou o negocio da música para centrarse na restauración, abrindo o The Norton's Restaurant (no presente pechado) en Red Wing, Minnesota. Norton regresou á música en 2006 coa nova banda Gang Font feat. Interloper.[3] O grupo está formado por Norton, Dave King (de The Bad Plus, Happy Apple, Halloween, Alaska, 12 Rods e The Love-Cars), Eric Fratzke de Zebulon Pike e Happy Apple, e Craig Taborn. No ano 2016 Greg uniuse á banda Porcupine para substituír o seu baixista Davey Reinders.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Allmusic (ed.). "Hüsker Dü". Consultado o 28 de xuño de 2018.
- ↑ Gapers Block (ed.). "Looking Minnesota: Greg Norton Meets the Hüsker Düdes". Consultado o 28 de xuño de 2018.
- ↑ All About Jazz (ed.). "The Gang Font Feat. Interloper: The Gang Font Feat. Interloper". Consultado o 28 de xuño de 2018.