Saltar ao contido

Grande Espírito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Apelación ao Grande Espírito, estatua de 1908 feita por Cyrus Dallin, no Museo de Belas Artes de Boston.

O Grande Espírito é unha forza de vida omnipresente e suprema, xeralmente conceptualizada como un deus ou ser supremo, nas crenzas relixiosas tradicionais de moitas culturas indíxenas do Canadá e os Estados Unidos. As interpretacións del varían entre as culturas.

Na tradición lakota, o Grande Espírito é coñecido como Wakan Tanka.[1][2] De acordo co activista lakota Russell Means, unha tradución semanticamente máis precisa de Wakan Tanka é o Gran Misterio.[3] A miúdo, as oracións en lingua lakota comezan dicindo “Tunkasila”, que se traduce como “avó, Grande Espírito.”[4]

Na tradición haudenosaunee, o Grande Espírito é "o Creador". O capitán da selección de lacrosse Haudenosaunee Lyle Thompson, caracterizouno como "o Creador que vive en todos nós. Está no sol. Está na lúa. Está nas estrelas e na auga. Está na terra".[5]

Na tradición algonquina, o Grande Espírito é coñecido como Gitche Manitou.[6]

Debido ás semellanzas percibidas entre o Gran Espírito e a deidade cristiá, os misioneiros coloniais europeos fixeron unha comparación entre as dúas divindades como unha técnica de conversión ao cristianismo.[7]

Igrexa nativa americana

[editar | editar a fonte]

A crenza contemporánea no Grande Espírito está xeralmente asociada coa Igrexa nativa americana.[8] A doutrina relativa ao Grande Espírito dentro desta tradición moderna é moi variada e xeralmente adopta as ideas cristiás dun Deus monoteísta xunto con concepcións animistas.[9][10]Descoñécese o número de adeptos a estas crenzas contemporáneas no Grande Espírito, mais é probable que superen o cuarto de millón de persoas.[8]

  1. Ostler, Jeffry. The Plains Sioux and U.S. Colonialism from Lewis and Clark to Wounded Knee. Cambridge University Press, 5 de xullo de 2004. ISBN 0521605903, páx 26.
  2. Marks, M., & Fauteck, L. (2007). Great mysteries: Native North American religions and participatory visions. ReVision, 29(3).
  3. Means, Robert. Where White Men Fear to Tread: The Autobiography of Russell Means. Macmillan, 1995. ISBN 0312147619 pg 241.
  4. Fund, College (2008-12-15). "Honoring Our Elders | American Indian College Fund". collegefund.org (en inglés). Consultado o 2024-09-06. 
  5. McDonald, Thomasi (16 de novembro de 2023) | Duke Today.Recapturing the Indigenous roots of lacrosse
  6. Thomas, Robert Murray. Manitou and God: North-American Indian Religions and Christian Culture. Greenwood Publishing Group, 2007. ISBN 0313347794 pg 35.
  7. References: Schoolcraft, Henry R. The Myth of Hiawatha and other oral Legends, Mythologic and Allegoric of the North American Indians. J.B. Lippincott & Co. 1856. Brehm, Victoria. Star Songs and Water Spirits, a Great Lakes Reader. Ladyslipper Press. 2011.
  8. 8,0 8,1 "Native American Church | North American religion | Britannica". www.britannica.com (en inglés). Consultado o 2022-03-18. 
  9. Hartz, Paula (2009). Native American religions. Chelsea House Publishers. ISBN 978-1-60413-111-6. OCLC 276406250. 
  10. Garrett, Michael Tlanusta; Wilbur, Michael P. (outubro de 1999). "Does the Worm Live in the Ground? Reflections on Native American Spirituality". Journal of Multicultural Counseling and Development (en inglés) 27 (4): 193–206. doi:10.1002/j.2161-1912.1999.tb00335.x. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]