Saltar ao contido

Grand-Place

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaGrand-Place
(fr) Grand-Place
(nl) Grote Markt Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Imaxe
Tipogrand place (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaBruxelas, Bélxica Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónGrand-Place, Bruxelles Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónPentagon Editar o valor en Wikidata
Mapa
 50°50′48″N 4°21′09″L / 50.84670775, 4.35253815
Conéctase conRue au Beurre - Boterstraat (en) Traducir
Rue Chair et Pain - Vlees-en-Broodstraat (en) Traducir
Rue des Harengs - Haringstraat (en) Traducir
Rue de la Colline - Heuvelstraat (en) Traducir
Rue des Chapeliers - Hoedenmakersstraat (en) Traducir
Rue Charles Buls - Karel Bulsstraat (en) Traducir
Rue de la Tête d'Or - Guldenhoofdstraat (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude30 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións68 (ancho) × 110 (lonxitude) m
Superficie1,48 ha
zona de protección: 20,93 ha Editar o valor en Wikidata
Patrimonio protexido de Bruxelas
Data7 de novembro de 2002
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio cultural  → Europa-América do Norte
Data1998 (22ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (ii) e (iv) Editar o valor en Wikidata
Identificador857
Patrimonio protexido de Bruxelas
Data19 de abril de 1977
Historia
Cronoloxía
Flower Carpet of Brussels (en) Traducir
Ommegang (en) Traducir
Meyboom (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Primeiro rexistro escrito1174 Editar o valor en Wikidata

A Grand-Place en francés, ou Grote Markt en holandés, é a praza central de Bruxelas. Está rodeada de opulentas casas gremiais e dous edificios máis grandes, o Concello da cidade, e a Casa do Rei (francés: Maison du Roi, holandés: Broodhuis) edificio que contén o Museo da Cidade de Bruxelas. A praza é o destino turístico máis importante e o punto de referencia máis importante de Bruxelas. Mide 68 por 110 m., e forma parte do Patrimonio da Humanidade da UNESCO.[1]

Plano da praza

Historia temperá

[editar | editar a fonte]

No século X, Carlos, duque da Baixa Lorena construíu unha fortaleza na Illa de Saint-Géry, o punto máis afastado cara ao interior no que o río Senne era navegable. Esta foi a semente do que se convertería en Bruxelas. A finais do século XI, creouse un mercado ao aire libre nun pantano desecado, preto da fortaleza, que estaba rodeado de bancos de area. O mercado foi chamado o Nedermerckt ou Mercado Baixo.[2]

O mercado probablemente desenvolveuse ao mesmo tempo que o desenvolvemento comercial de Bruxelas. Un documento de 1174 menciona un mercado máis baixo (latín forum inferius) non lonxe do porto no río Senne. O mercado estaba ben situado ao longo do Steenweg (camiño pavimentado), unha importante estrada comercial que conectaba as prósperas rexións de Renania e o Condado de Flandres.

A principios do século XIII, foron construídos tres mercados interiores no extremo norte da Grand-Place; un mercado de carne, un mercado de pan e un mercado de roupa.[2] Estes edificios, que pertencían ao duque de Brabante, non só permitían mostrar ás mercancías ata con mal tempo, senón que tamén permitía aos duques realizar un seguimento do almacenamento e venda de bens, co fin de recadar impostos. Outros edificios, feitos de madeira ou de pedra, cerraban a Grand-Place.

A casa do concello de Bruxelas que ten 96 m. de altura está coroada por unha estatua de San Miguel, duns 4 metros, matando a un demo

Aumento de importancia

[editar | editar a fonte]
O Museo da Cidade de Bruxelas situado na Maison du Roi (Casa do Rei), ou Broodhuis (Casa do pan).

As melloras na Grand-Place do século XIV en diante marcarían o aumento da importancia dos comerciantes locais e dos comerciantes en relación coa nobreza. Curto de diñeiro, o duque transferiu o control dos muíños e o comercio ás autoridades locais. A cidade de Bruxelas, do mesmo xeito que as cidades veciñas de Mechelen e Lovaina construíron un gran mercado interior de roupa, ao sur da praza. Neste punto, a praza estaba aínda deseñada sen orde nin concerto, e os edificios ao longo dos bordos eran unha maraña multicolor de xardíns e alpendres.[2] A cidade expropiou e demoleu unha serie de edificios que obstruían a Grand-Place, e definiron definitivamente os bordos da praza.

A Casa do concello de Bruxelas foi construída no lado sur da praza por etapas entre 1401 e 1455, e fixo da Grand-Place a sede do poder municipal. Elévase a 96 m. de altura, e está coroada por unha estatua de 3´66 metros de San Miguel matando a un demo ou diaño. Para contrarrestar este símbolo do poder municipal, entre 1504 a 1536 o duque de Brabante construíu un grande edificio en fronte da casa do concello da cidade como símbolo do poder ducal. Foi construído na localización dos primeiros mercados de tea e pan, que xa non estaban en uso, e coñeceuse como a Casa do Rei (holandés medio: 's Conincxhuys), aínda que ningún rei viviu alí. É coñecido na actualidade como a Maison du roi (Casa do Rei) en francés, aínda que en holandés continúa a ser chamado o Broodhuis (casa do pan), logo de ocupar o lugar do mercado. Os comerciantes ricos e os cada vez máis poderosos gremios de Bruxelas construíron casas ao redor do bordo da praza.

Destrución e reconstrución

[editar | editar a fonte]

O 13 de agosto de 1695, uns 70.000 soldados do exército francés baixo o mando do mariscal François de Neufville, duque de Villeroi comezaron o bombardeo de Bruxelas nun esforzo por atraer ás forzas da Grande alianza para que abandonaran o sitio da cidade de Namur, ocupada polos franceses, no que hoxe é o sur de Bélxica. O francés lanzou un bombardeo masivo principalmente sobre o centro da indefensa cidade con canóns e morteiros, prendéndolle lume e arrasando a maioría da Grand-Place e a cidade que a rodeaba. Só a fachada de pedra do concello e algúns fragmentos doutros edificios permaneceron en pé. Foi irónico que o concello quedara en pé, xa que era o obxectivo principal do fogo de artillaría.

casas gremiais na Grand-Place
Detalle de casas gremiais

A praza foi reconstruída nos catro anos seguintes polos clans da cidade. Os seus esforzos reguláronse polos concelleiros da cidade e o Gobernador de Bruxelas, que obrigaron a que os seus plans presentáranse ás autoridades para a súa aprobación. Isto axudou a entregar un deseño moi armonioso para a reconstrución da Grand-Place, malia ao ostensiblemente choque da combinación dos estilos gótico, barroco e estilo Lois XIV.

No século XVIII, os revolucionarios saquearon a Grand-Place, destruíndo as estatuas da nobreza e os símbolos do cristianismo.[1] As casas gremiais foron incautadas polo Estado e vendéronse. Os edificios foron abandonados e quedaron en mal estado, cás pinturas e estucados das fachadas danados pola contaminación. A finais do século XIX, o alcalde Charles Buls devolveu á Grand-Place ao seu antigo esplendor, con edificios en proceso de reconstrución ou restauración.

Século XX

[editar | editar a fonte]

En 1885, o Partido do Traballo de Bélxica (POB-BWP), o primeiro partido socialista de Bélxica, fundouse durante unha reunión na Grand-Place. A Grand-Place continuou servindo como un mercado ata o 19 de novembro de 1959, e aínda se chama o Gran Mercado ou Grote Markt en holandés. As rúas veciñas seguen reflectindo as orixes da zona, e leván o nome dos vendedores de manteiga, queixo, arenques, carbón etc. A Grand-Place foi nomeada pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade en 1998. Unha das casas propiedade do gremio cervexeiro, e agora a sede do museo da cervexa.

A Grand-Place votouse como a praza máis bela de Europa en 2010. A enquisa do sitio web holandés (stedentripper.com[3]) pediu aos seus usuarios valorar diferentes prazas de toda Europa. A Praza Vermella de Moscova e a Praza Stanislas de Nancy, Francia, ocuparon o segundo e terceiro lugar.

Alfombra de flores

[editar | editar a fonte]
A alfombra de flores de 2008

Cada dous anos en agosto, crease unha enorme "alfombra de flores" na Grand-Place durante uns días. Créanse modelos cun millón de begonias de cores, e unha pantalla de 24 por 77 m. cobre a praza, cunha área total de 1800 m². A primeira alfombra de flores fíxose en 1971, e debido á súa popularidade, a tradición continuou, a alfombra de flores atrae a un gran número de turistas.[4]

  1. 1,0 1,1 "La Grande-Place de Bruxelles" (en francés). bruNET. May 17, 2007. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o October 9, 2009. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "History of the Grand-Place of Brussels". Commune Libre de l'Îlot Sacré. Consultado o August 25, 2009. 
  3. "Most Beautiful Squares in Europe". stedentripper.com. Consultado o 2010-11-23. 
  4. "Tourist Attractions in Brussels". trabel.com. Consultado o 2008-06-04. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]