Gran Premio de Rusia de 2018
Nome oficial | Formula 1 2018 VTB Bank Russian Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Rusia |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2018 |
Distancia do evento | 53 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto urbano de Sochi (Adlersky City District (en) ) 43°24′30″N 39°57′56″L / 43.4083, 39.9656 |
Lonxitude | 5,848 km |
País | Rusia |
Data | 30 de setembro de 2018 |
Competición | |
Primeiro posto | Lewis Hamilton (Mercedes) |
Pole position | Valtteri Bottas (01:31,387) |
Volta máis rápida | Valtteri Bottas (01:35,861) |
O Gran Premio de Rusia de 2018, (en ruso: Формула-1 Гран-при России 2018), oficialmente coñecido como 2018 Formula 1 VTB Russian Grand Prix,[1] foi unha carreira de Fórmula Un, que se celebrou o 30 de setembro de 2018 sobre 53 voltas ao Circuíto urbano de Sochi, na cidade de Sochi no Krai de Krasnodar, Rusia. A carreira foi a décimo sexta rolda da tempada 2018, o sétimo Gran Premio de Rusia e a quinta vez que a carreira disputase como unha rolda do Campionato Mundial de Fórmula 1 desde que se iniciou a serie en 1950.
Pneus dispoñibles
[editar | editar a fonte]Pneus para pista seca | Pneus para chuvia | |||
---|---|---|---|---|
Hiper brandos |
Ultra brandos |
Brandos |
Intermedios |
Chuvia |
Antecedentes
[editar | editar a fonte]A carreira foi trasladada desde a súa data orixinal de abril a setembro para cubrir a desaparición do Gran Premio de Malaisia, que suspendeuse ao final da tempada 2017 de Fórmula Un.
Durante a fin de semana, a primeira zona DRS moveuse 95 metros ata a liña de meta desde a curva 1.
Carreira
[editar | editar a fonte]No inicio, Sebastian Vettel tivo un mellor comezo que Lewis Hamilton, pero non tivo marxe para superalo na súa primeira volta. Na volta 4, ambos pilotos da Scuderia Toro Rosso, Pierre Gasly e Brendon Hartley sufriron fallos nos freos que forzaron a ambos a retirarse. Foron as únicas retiradas da carreira.
Máis tarde, na volta 14, Hamilton fixo o seu único pitstop da carreira, quedando detrás de Vettel. Dúas voltas máis tarde, Hamilton fixo un amago sobre Sebastian Vettel na curva 3 e pasouno para o cuarto lugar na curva catro.
O momento máis destacado da carreira chegou na volta 26, cando Mercedes pediu a Valtteri Bottas que deixase pasar a Lewis Hamilton para ser segundo na curva 13. Max Verstappen, que lideraba a carreira desde a volta 19, fixo o seu pitstop na volta 42.
Hamilton gañou a carreira por terceira vez na súa carreira, con Valtteri Bottas segundo e Sebastian Vettel completando o podio en terceiro lugar. Como consecuencia, Hamilton ampliou o liderado sobre Vettel no campionato a 50 puntos.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Cualificación
[editar | editar a fonte]Pos. | Nº. | Piloto | Construtor | Tempos cualificación | Grella Final | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Q1 | Q2 | Q3 | |||||
1 | 77 | Valtteri Bottas | Mercedes | 1:32.964 | 1:32.744 | 1:31.387 | 1 |
2 | 44 | Lewis Hamilton | Mercedes | 1:32.410 | 1:32.595 | 1:31.532 | 2 |
3 | 5 | Sebastian Vettel | Ferrari | 1:33.476 | 1:33.045 | 1:31.943 | 3 |
4 | 7 | Kimi Räikkönen | Ferrari | 1:33.341 | 1:33.065 | 1:32.237 | 4 |
5 | 20 | Kevin Magnussen | Haas-Ferrari | 1:34.078 | 1:33.747 | 1:33.181 | 5 |
6 | 31 | Esteban Ocon | Force India-Mercedes | 1:34.290 | 1:33.596 | 1:33.413 | 6 |
7 | 16 | Charles Leclerc | Sauber-Ferrari | 1:33.924 | 1:33.488 | 1:33.419 | 7 |
8 | 11 | Sergio Pérez | Force India-Mercedes | 1:34.084 | 1:33.923 | 1:33.563 | 8 |
9 | 8 | Romain Grosjean | Haas-Ferrari | 1:34.022 | 1:33.517 | 1:33.704 | 9 |
10 | 9 | Marcus Ericsson | Sauber-Ferrari | 1:34.170 | 1:33.995 | 1:35.196 | 10 |
11 | 33 | Max Verstappen | Red Bull Racing-TAG Heuer | 1:33.048 | Sen tempo | 19[3] | |
12 | 3 | Daniel Ricciardo | Red Bull Racing-TAG Heuer | 1:33.247 | Sen tempo | 18[4] | |
13 | 10 | Pierre Gasly | Scuderia Toro Rosso-Honda | 1:34.383 | Sen tempo | 17[5] | |
14 | 55 | Carlos Sainz | Renault | 1:34.626 | Sen tempo | 11 | |
15 | 27 | Nico Hülkenberg | Renault | 1:34.655 | Sen tempo | 12 | |
16 | 28 | Brendon Hartley | Scuderia Toro Rosso-Honda | 1:35.037 | 20[6] | ||
17 | 14 | Fernando Alonso | McLaren-Renault | 1:35.504 | 16[7] | ||
18 | 35 | Sergey Sirotkin | Williams-Mercedes | 1:35.612 | 13 | ||
19 | 2 | Stoffel Vandoorne | McLaren-Renault | 1:35.977 | 15[8] | ||
20 | 18 | Lance Stroll | Williams-Mercedes | 1:36.437 | 14 | ||
107% tempo: 1:38.878 | |||||||
Fonte:[9] |
Carreira
[editar | editar a fonte]Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Carreira anterior: Gran Premio de Singapur de 2018 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 2018 |
Carreira seguinte: Gran Premio do Xapón de 2018 |
Carreira anterior: Gran Premio de Rusia de 2017 |
Gran Premio de Rusia | Carreira seguinte: Gran Premio de Rusia de 2019 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "2017 Formula 1 VTB Russian Grand Prix". Formula One Administration. Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2017. Consultado o 16 de abril de 2017.
- ↑ "Pirelli announces compound choices and mandatory sets for the 2018 Russian Grand Prix". news.pirelli.com. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2018. Consultado o 14 de xuño de 2018.
- ↑ Max Verstappen recibiu unha penalización de 43 posicións, 35 prazas por exceder a súa cota de elementos da unidade de potencia, 5 prazas por un cambio de caixa de cambio non programado e 3 posicións por incumprimento dunha bandeira amarela na cualificación.
- ↑ Daniel Ricciardo recibiu unha penalización de 40 posicións, 35 prazas por exceder a súa cota de elementos de unidade de potencia e 5 prazas por un cambio de caixa de cambios non programado.
- ↑ Pierre Gasly recibíu unha penalización de 35 posicións por exceder a súa cota de elementos da unidade de potencia.
- ↑ Brendon Hartley recibíu unha penalización de 40 posicións por exceder a súa cota de elementos da unidade de potencia.
- ↑ Fernando Alonso recibíu unha penalización de 30 posicións por exceder a súa cota de elementos da unidade de potencia.
- ↑ Stoffel Vandoorne recibiu unha penalización na grella de 5 posicións por un cambio da caixa de cambios non programado.
- ↑ "Formula 1 2018 VTB Russian Grand Prix – Qualifying". Formula1.com. Formula One World Championship Limited. 29 de setembro de 2018. Consultado o 29 de setembro de 2018.
- ↑ "Formula 1 2018 VTB Russian Grand Prix – Race Result". Formula1.com. Formula One World Championship Limited. 30 de setembro de 2018. Consultado o 30 de setembro de 2018.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Rusia de 2018 |