Gran Premio de Malaisia de 2016
Nome oficial | 2016 Formula 1 Petronas Malaysian Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Malaisia |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2016 |
Distancia do evento | 56 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto Internacional de Sepang (Selangor) 2°45′38″N 101°44′15″L / 2.7605555555556, 101.7375 |
Lonxitude | 2,706 km |
País | Malaisia |
Data | 2 de outubro de 2016 |
Competición | |
Primeiro posto | Daniel Ricciardo |
Pole position | Lewis Hamilton |
Volta máis rápida | Nico Rosberg |
O Gran Premio de Malaisia 2016 (oficialmente chamado 2016 Formula 1 Petronas Malaysia Grand Prix) foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 2 de outubro de 2016 no Circuíto Internacional de Sepang en Selangor, Malaisia. Foi a décimo oitava edición do Gran Premio de Malaisia como unha proba do Campionato do Mundo, e a trixésimo sexta en total.
Informe
[editar | editar a fonte]Antecedentes
[editar | editar a fonte]A carreira móvese desde a súa data habitual en marzo a outubro para permitir aos organizadores a oportunidade de mellorar o circuíto. O circuíto asfaltouse de novo, mellorouse o drenaxe para diminuír a posibilidade da formación de auga estancada no circuíto. Nove curvas se reperfilaron, introducindo unha pendente negativa para salientar a mecánica, en lugar do agarre aerodinámico, e a caída no vértice da curva 2 eliminouse.[1]
Carreira
[editar | editar a fonte]18 dos 22 pilotos apostaron por pneumáticos brandos. Só Jolyon Palmer (Renault) montou duros, mentres que Valtteri Bottas (Williams), Kevin Magnussen (Renault) e Felipe Nasr (Sauber) montaron medios. O Williams de Felipe Massa calouse na saída da volta de formación e partiu desde o pit lane.
Na saída Sebastian Vettel (Ferrari) realizou unha gran saída, e tras tocarse con Max Verstappen (Red Bull) e posteriormente intentar arrebatarlle o segundo posto a Nico Rosberg (Mercedes), danou o seu Ferrari, rompendo a suspensión dianteira, quedando fóra da carreira. Rosberg, pola súa banda, fixo un trompo e perdeu moitas posicións, quedando 16º. Na 4ª volta Alonso colócase na décima posición, na 7ª Massa sofre unha picada e entra en boxes e na 9ª volta Grosjean bloquea a parte traseira do seu Haas e sáese de pista para acabar fóra de carreira, bandeira marela. Aproveitando este Virtual Safety car, varios pilotos pasan por boxes. Entre eles, Max Verstappen e Fernando Alonso. Rosberg fai unha rápida remontada e na volta 19 xa é sexto, na volta 20 abandona Magnussen (Renault). Na 21 Hamilton entra en boxes e monta duros, unha volta máis tarde faino Ricciardo, Max Verstappen (Red Bull) pasa a liderar a carreira tralas paradas de Hamilton (Mercedes) e Ricciardo (Rede Bull). Todos pararon unha vez, pero os pneumáticos de Verstappen, brandos, son máis vellos.
Na volta 39 a clasificación é a seguinte, 1º Hamilton, 2º Ricciardo, 3º Verstappen seguidos de Rosberg, Raikkonen, Bottas, Pérez, Alonso, Hülkenberg e Button nos dez primeiros lugares. na volta 41 rompe o motor do Mercedes de Hamilton. Comunicáselle a Rosberg (Mercedes), que foi penalizado con 10 segundos polo seu adiantamento a Kimi Raikkonen (Ferrari). O finlandés estaba a cinco segundos e sería terceiro por diante do alemán. aos poucos Rosberg aumenta a súa vantaxe a máis de 10 segundos. Finalmente a carreira e gañada por Ricciardo seguido do seu compañeiro de equipo Verstappen e Rosberg terceiro. Alonso finalmente e sétimo e Sainz 11º.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Cualificación
[editar | editar a fonte]Pos. | Nº | Piloto | Construtor | Q1 | Q2 | Q3 | Grella |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 44 | Lewis Hamilton | Mercedes | 1:34.444 | 1:33.046 | 1:32.850 | 1 |
2 | 6 | Nico Rosberg | Mercedes | 1:34.460 | 1:33.609 | 1:33.264 | 2 |
3 | 33 | Max Verstappen | Red Bull-TAG Heuer | 1:35.443 | 1:33.775 | 1:33.420 | 3 |
4 | 3 | Daniel Ricciardo | Red Bull-TAG Heuer | 1:35.079 | 1:33.888 | 1:33.467 | 4 |
5 | 5 | Sebastian Vettel | Ferrari | 1:34.557 | 1:33.972 | 1:33.584 | 5 |
6 | 7 | Kimi Raikkonen | Ferrari | 1:34.556 | 1:33.903 | 1:33.632 | 6 |
7 | 11 | Sergio Pérez | Force India-Mercedes | 1:35.068 | 1:34.538 | 1:34.319 | 7 |
8 | 27 | Nico Hülkenberg | Force India-Mercedes | 1:34.827 | 1:34.441 | 1:34.489 | 8 |
9 | 22 | Jenson Button | McLaren-Honda | 1:35.267 | 1:34.431 | 1:34.518 | 9 |
10 | 19 | Felipe Massa | Williams-Mercedes | 1:35.267 | 1:34.422 | 1:34.671 | 10 |
11 | 77 | Valtteri Bottas | Williams-Mercedes | 1:35.166 | 1:34.577 | 11 | |
12 | 8 | Romain Grosjean | Haas-Ferrari | 1:35.400 | 1:35.001 | 12 | |
13 | 21 | Esteban Gutiérrez | Haas-Ferrari | 1:35.658 | 1:35.097 | 13 | |
14 | 20 | Kevin Magnussen | Renault | 1:35.593 | 1:35.277 | 14 | |
15 | 26 | Daniil Kvyat | Toro Rosso-Ferrari | 1:35.695 | 1:35.369 | 15 | |
16 | 55 | Carlos Sainz | Toro Rosso-Ferrari | 1:35.605 | 1:35.374 | 16 | |
17 | 9 | Marcus Ericsson | Sauber-Ferrari | 1:35.816 | 17 | ||
18 | 12 | Felipe Nasr | Sauber-Ferrari | 1:35.949 | 18 | ||
19 | 30 | Jolyon Palmer | Renault | 1:35.999 | 19 | ||
20 | 31 | Esteban Ocon | MRT-Mercedes | 1:36.451 | 20 | ||
21 | 94 | Pascal Wehrlein | MRT-Mercedes | 1:36.587 | 21 | ||
22 | 14 | Fernando Alonso | McLaren-Honda | 1:37.155 | 22[2] | ||
107% tempo: 1:41.055 | |||||||
Fonte:[3] |
Carreira
[editar | editar a fonte]Pos. | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 3 | Daniel Ricciardo | Red Bull-TAG Heuer | 56 | 1:37:12.776 | 4 | 25 |
2 | 33 | Max Verstappen | Red Bull-TAG Heuer | 56 | 2.443 | 3 | 18 |
3 | 6 | Nico Rosberg | Mercedes | 56 | 25.516[4] | 2 | 15 |
4 | 7 | Kimi Räikkönen | Ferrari | 56 | 28.785 | 6 | 12 |
5 | 77 | Valtteri Bottas | Williams-Mercedes | 56 | 1:01.582 | 11 | 10 |
6 | 11 | Sergio Pérez | Force India-Mercedes | 56 | 1:03.794 | 7 | 8 |
7 | 14 | Fernando Alonso | McLaren-Honda | 56 | 1:05.205 | 22 | 6 |
8 | 27 | Nico Hülkenberg | Force India-Mercedes | 56 | 1:14.062 | 8 | 4 |
9 | 22 | Jenson Button | McLaren-Honda | 56 | 1:35.466 | 9 | 2 |
10 | 30 | Jolyon Palmer | Renault | 56 | 1:35.466 | 19 | 1 |
11 | 55 | Carlos Sainz | Toro Rosso-Ferrari | 56 | 1:38.878 | 16 | |
12 | 9 | Marcus Ericsson | Sauber-Ferrari | 55 | 1 volta | 17 | |
13 | 19 | Felipe Massa | Williams-Mercedes | 55 | 1 volta | 10 | |
14 | 26 | Daniil Kvyat | Toro Rosso-Ferrari | 55 | 1 volta | 15 | |
15 | 94 | Pascal Wehrlein | Manor-Mercedes | 55 | 1 volta | 21 | |
16 | 31 | Esteban Ocon | Manor-Mercedes | 55 | 1 volta[5] | 20 | |
Ret | 12 | Felipe Nasr | Sauber-Ferrari | 46 | Freos | 18 | |
Ret | 44 | Lewis Hamilton | Mercedes | 41 | Motor | 1 | |
Ret | 21 | Esteban Gutiérrez | Haas-Ferrari | 39 | Perda dunha roda | 13 | |
Ret | 20 | Kevin Magnussen | Renault | 17 | Perda de potencia | 14 | |
Ret | 8 | Romain Grosjean | Haas-Ferrari | 7 | Freos | 12 | |
Ret | 5 | Sebastian Vettel | Ferrari | 0 | Accidente | 5 | |
Fonte:[6] |
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2016. Consultado o 29 de setembro de 2016.
- ↑ Fernando Alonso penalizou 45 lugares na grella polos cambios de elementos da unidade de potencia non programados
- ↑ "2016 Formula 1 Malaysian Grand Prix – Qualifying". Formula1.com. Formula One World Championship Limited. 1 October 2016. Consultado o 1 October 2016.
- ↑ Nico Rosberg recibiu unha penalización de 10 segundos por causar unha colisión
- ↑ Esteban Ocon recibiu dúas penas de cinco segundos por exceso de velocidade no pit lane
- ↑ "2016 Formula 1 Malaysian Grand Prix – Race Result". Formula1.com. Formula One World Championship Limited. 2 de outubro de 2016. Consultado o 2 de outubro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Malaisia de 2016 |
Carreira anterior: Gran Premio de Singapur de 2016 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 2016 |
Carreira seguinte: Gran Premio do Xapón de 2016 |
Carreira anterior: Gran Premio de Malaisia de 2015 |
Gran Premio de Malaisia | Carreira seguinte: Gran Premio de Malaisia de 2017 |