Gran Premio de Francia de 1959
Nome oficial | XLV Grand Prix de l'ACF |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Francia |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1959 |
Distancia do evento | 50 |
Localización e Datas | |
Localización | Reims-Gueux (Gueux) 49°15′15″N 3°55′51″L / 49.2542, 3.9308 |
País | Francia |
Data | 5 de xullo de 1959 |
Competición | |
Primeiro posto | Tony Brooks |
Pole position | Tony Brooks |
Volta máis rápida | Stirling Moss |
O Gran Premio de Francia de 1959 foi unha carreira de Fórmula Un, celebrada en Reims-Gueux, o 5 de xullo de 1959. Foi a cuarta carreira da tempada de Fórmula Un de 1959. Foi o 37º Gran Premio de Francia e o duodécimo que se celebrou no circuíto de estrada de Reims-Gueux e o cuarto, que se celebrou no trazado máis rápido de 8´348 km.. A carreira clebrouse sobre 50 voltas ao circuíto de máis de oito quilómetros cunha distancia de carreira de 417 quilómetros.
Informe
[editar | editar a fonte]A carreira foi gañada polo piloto británico Tony Brooks pilotando un Ferrari Dino 246. Brooks dominou a carreira, liderando as 50 voltas e gañou por 27 segundos sobre o seu compañeiro na Scuderia Ferrari, o americano Phil Hill. Brooks dixo logo da carreira que quedaralle o acelerador agarrotado nas últimas voltas, o fixo máis difícil o resultado do que parecía. O piloto australiano Jack Brabham quedou a máis dun minuto, na terceira posición, pilotanod un Cooper T51 para o equipo de fábrica de Cooper.
O día da carreira ía moita calor, ata o punto que o betume do asfalto comezou a fundirse. Os coches de carreiras lanzaban as pedras do asfalto, que foron a causa da retirada do americano Masten Gregory con cortes na cara, e de Graham Hill co seu Lotus 16 logo de que o seu radiador resultara furado.
Stirling Moss foi descualificado da oitava posición por recibir un empuxón para arrancar o seu BRM P25. Moss apertara duro tratando de superar un defecto na caixa de cambios, logrando unha nova marca de volta. Jean Behra tamén farzara o seu Ferrari 246, subindo ao terceiro posto logo de aiantar a non menos de catro compañeiros de equipo nesta carreira. O motor de Behra rompeu debido ao esforzo e o francés tivo unha acalorada discusión co director do equipo Romolo Tavoni, que terminou con Behra a puñadas con Tavoni. Sería a última carreira de Behra con Ferrari, co francés despedido polo ataque.[1]
A vitoria foi a primeira da tempada para a Scuderia Ferrari e colocou a Brooks en segundo lugar no campionato, cinco puntos por detrás de Brabham. A segunda posición de Hill situouno terceiro no campionato.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 24 | Tony Brooks | Ferrari | 50 | 2:01:26.5 | 1 | 8 |
2 | 26 | Phil Hill | Ferrari | 50 | 27´5 | 3 | 6 |
3 | 8 | Jack Brabham | Cooper-Climax | 50 | 1:37.7 | 2 | 4 |
4 | 22 | Olivier Gendebien | Ferrari | 50 | 1:47.5 | 11 | 3 |
5 | 12 | Bruce McLaren | Cooper-Climax | 50 | 1:47.7 | 10 | 2 |
6 | 44 | Ron Flockhart | BRM | 50 | 2:05.7 | 13 | |
7 | 6 | Harry Schell | BRM | 47 | 3 voltas | 9 | |
8 | 40 | Giorgio Scarlatti | Maserati | 41 | 9 voltas | 21 | |
9 | 42 | Carel Godin de Beaufort | Maserati | 40 | 10 voltas | 20 | |
10 | 38 | Fritz d'Orey | Maserati | 40 | 10 voltas | 18 | |
11 | 14 | Maurice Trintignant | Cooper-Climax | 36 | 14 voltas | 8 | |
Ret | 30 | Jean Behra | Ferrari | 31 | Motor | 5 | |
Ret | 16 | Roy Salvadori | Cooper-Maserati | 20 | Motor | 16 | |
Ret | 28 | Dan Gurney | Ferrari | 19 | Radiador | 12 | |
Ret | 34 | Innes Ireland | Lotus-Climax | 14 | Roda | 15 | |
Ret | 18 | Ian Burgess | Cooper-Maserati | 13 | Motor | 19 | |
Ret | 10 | Masten Gregory | Cooper-Climax | 8 | Problemas físicos | 7 | |
Ret | 32 | Graham Hill | Lotus-Climax | 7 | Radiador | 14 | |
Ret | 20 | Colin Davis | Cooper-Maserati | 7 | Fuga aceite | 17 | |
Ret | 4 | Jo Bonnier | BRM | 6 | Motor | 6 | |
DSC | 2 | Stirling Moss | BRM | 42 | Descalificado | 4 | 1 |
NTS | 36 | Asdrúbal Fontes | Maserati |
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Williamson, Martin (December 18, 2009). "Grit, punches and shattered goggles". ESPN F1. Consultado o November 28, 2011.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Francia de 1959 |
Carreira anterior: Gran Premio dos Países Baixos de 1959 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1959 |
Carreira seguinte: Gran Premio do Reino Unido de 1959 |
Carreira anterior: Gran Premio de Francia de 1958 |
Gran Premio de Francia | Carreira seguinte: Gran Premio de Francia de 1960 |