Gran Premio de Abu Zabi
Tipo | evento deportivo recorrente |
---|---|
Deporte | automobilismo |
Organizador | Federación Internacional do Automóbil |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Yas Marina 24°28′13″N 54°36′22″L / 24.470244, 54.606075 |
Lonxitude | 5,554 km |
País | Emiratos Árabes Unidos |
Vixencia | 2009 – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Competición | |
Primeiro posto | Max Verstappen |
Outro | |
Páxina web oficial | abudhabigp.com |
O Gran Premio de Abu Zabi (en árabe: أبوظبي سباق الجائزة الكبرى) é unha carreira de Fórmula 1. Anúnciouse a principios de 2007 no Festival de F1 de Abu Zabi nos Emiratos Árabes. A primeira carreira disputouse o 1 de novembro de 2009, no Circuíto de Yas Marina deseñado por Hermann Tilke.
O 25 de xuño de 2008, a FIA presentou o calendario provisional de Fórmula 1 de 2009, que incluía o Gran Premio de Abu Zabi como a 19ª carreira e última da tempada o 15 de novembro. O 5 de novembro de 2008, anunciouse que a carreira sería disputada o 1 de novembro, dúas semanas antes da data inicialmente prevista, como 17ª carreira e última da tempada.
A carreira foi a primeira carreira nocturna da Fórmula 1, comezando ás 17:00 hora local. Os reflectores que serven para iluminar o circuíto son encendidos desde o inicio do evento para garantir que hai unha transición suave da luz do día a escuridade da noite.
Historia
[editar | editar a fonte]Orixe
[editar | editar a fonte]A Fórmula 1 chegou por primeira vez a Abu Dabi en 2007 baixo o disfrace de Festival de Fórmula 1. Anunciado en xaneiro de 2007, o evento que tivo lugar o 3 de febreiro de 2007 foi libre, e o maior encontro de coches e pilotos da actual Fórmula 1 fóra dun Gran Premio. No festival, anunciouse que Abu Dabi acollería un Gran Premio a partir de 2009 ata 2016. Máis tarde, aquel ano, Etihad Airways negociou un acordo por tres anos para ser os patrocinadores do Gran Premio.
Gran Premio Inaugural
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Gran Premio de Abu Zabi de 2009.
Na tempada 2009, o Gran Premio de Abu Zabi foi engadido ao calendario. Provisionalmente anunciouse como disputado o 15 de novembro de 2009, como 19 e último Gran Premio da tempada. Tanto o Gran Premio do Canadá como o Gran Premio de Francia foron posteriormente eliminados do calendario provisional, e como resultado, o Gran premio de Abu Zabi foi trasladado para o 1 de novembro de 2009. Converténdose na última das 17 carreiras. En agosto de 2009, anunciouse que o horario de inicio serían as 17:00 hora local (13:00 UTC), e que a carreira sería con iluminación. A carreira inaugural foi gañada por Sebastian Vettel para Red Bull Racing
Gran Premio de 2010
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Gran Premio de Abu Zabi de 2010.
Na tempada 2010, o Gran Premio de Abu Zabi foi disputado no Circuíto de Yas Marina, na fin de semana do 12, 13, 14 de novembro de 2010. Na primeira carreira en Abu Dabi en 2009, xa estaba decidido o campionato. Esta vez, decidiuse por primeira vez o Campionato de Pilotos en Abu Dabi. O líder do campionato Fernando Alonso perdeu con Sebastian Vettel que conseguiu a súa segunda vitoria nesta pista, o novo piloto alemán, acadou o campionato mundial.
Circuíto
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Circuíto de Yas Marina.
O Circuíto Yas Marina está situado na Illa Yas, unha illa de 25´50 km² na costa leste de Abu Dabi, e o Gran Premio de Abu Zabi de 2009 foi o primeiro grande evento que tivo lugar no circuíto.
Patrocinadores
[editar | editar a fonte]Etihad Airways é o patrocinador principal actual do Gran Premio de Abu Zabi.
Gañadores do Gran Premio de Abu Zabi
[editar | editar a fonte]Gañadores múltiples (pilotos)
[editar | editar a fonte]Os pilotos en letra grosa aínda compiten no campionato de Fórmula Un
Gañados | Piloto | Anos |
---|---|---|
5 | Lewis Hamilton | 2011, 2014, 2016, 2018, 2019 |
4 | Max Verstappen | 2020, 2021, 2022, 2023 |
3 | Sebastian Vettel | 2009, 2010, 2013 |
Gañadores múltiples (construtores)
[editar | editar a fonte]Os construtores en letra grosa aínda compiten no campionato de Fórmula Un
Gañados | Construtor | Ano |
---|---|---|
7 | Red Bull | 2009, 2010, 2013, 2020, 2021, 2022, 2023 |
6 | Mercedes | 2014, 2015, 2016, 2017, 2018, 2019 |
Por ano
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Abu Zabi |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- https://web.archive.org/web/20070304102303/http://www.ameinfo.com/109577.html
- http://www.huliq.com/9352/abu-dhabi-to-host-formula-1-grand-prix-in-2009
- http://www.formula1.com/news/5604.html
- https://web.archive.org/web/20111001010727/http://www.abudhabigp.com/english/
- http://news.bbc.co.uk/sport1/hi/motorsport/formula_one/7473748.stm