Gorka Santamaría
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Gorka Santamaría Nos 3 de xullo de 1995 (29 anos) Bilbao, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,76 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2012 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Irmáns | Josu Santamaría Ander Santamaria |
Gorka Santamaría Nos, nado en Bilbao o 3 de xullo de 1995, é un futbolista español que xoga de dianteiro no Unionistas de Salamanca, da Primeira Federación. É irmán dos tamén futbolistas Josu e Ander Santamaría, sendo xemelgo deste último.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ingresou aos 10 anos na canteira do Athletic Club e foi subindo polas diferentes categorías inferiores do club. Na tempada 2012/13 debutou na Terceira División co Basconia, segundo filial do Athletic, e na seguinte campaña foi o máximo goleador do grupo IV da categoría, con 20 tantos.[2] Para a tempada 2014/15 subiu ao primeiro filial, o Bilbao Athletic, da Segunda División B,[3] onde militou durante dúas tempadas, tendo como adestrador ao "Cuco" Ziganda. Na primeira delas marcou 18 goles, sendo o máximo goleador do equipo xunto a Sabin Merino, e logrou o ascenso á Segunda División.[4] Na tempada 2015/16 marcou 7 goles en 34 partidos da categoría de prata, pero o equipo acabou descendendo. Na tempada 2016/17 saíu cedido ao Cádiz,[5] onde dispuxo só de 481 minutos, nos que marcou dous goles.
En 2017 rematou o seu contrato co Athletic e asinou co Recreativo de Huelva, de Segunda B.[6] Disputou un total de 31 partidos co club andaluz, nos que marcou 5 goles. Para a tempada 2018/19 fichou polo Sporting de Gijón B,[7] co que marcou 10 goles en 35 partidos.[8]
En xullo de 2019, fichou polo Badajoz, club no que militou durante os seguintes tres anos.[9] Durante ese período disputou un total de 92 partidos e marcou 31 goles, contribuíndo a que o equipo se proclamase campión do seu grupo da Segunda B en 2021, aínda que non conseguiu o ascenso a Segunda. Na tempada 2021/22 os seus 15 goles colocárono como o terceiro máximo goleador do Grupo I da Primeira División RFEF, só por detrás de Quiles e Héctor Hernández.
En xuño de 2022 foi anunciado como novo xogador do Deportivo da Coruña, tamén da Primeira RFEF.[10] Con todo,no club galego non conseguiu achegarse aos seus números na campaña pasada e non conseguiu ningún gol nos 14 partidos que disputou, dos que só saíu como titular en tres. O último día de 2022 o club anunciou o despido do xogador.[11]
O 12 de xaneiro de 2023 fíxose público o seu regreso ao Badajoz.[12] Disputou 19 partidos co club estremeño ata o final da tempada, anotando 4 goles, sen poder salvar o equipo do descenso. En xuño anunciouse a súa fichaxe polo Nàstic de Tarragona.[13] Apenas contou con oportunidades no equipo de Daniel Vidal, disputando 27 encontros, case todos saíndo dende o banco de suplentes, e disputou sen éxito a promoción de ascenso a Segunda. Marcou un só gol, na final da promoción ante o Málaga.[14]
En xullo de 2024 fichou polo Unionistas de Salamanca, da mesma categoría.[15]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Beltrán, Javier (6 de decembro de 2018). "Gorka Santamaría: «Villalibre e Iñigo Vicente serán jugadores de Primera División»" (en castelán). Consultado o 22 de xuño de 2022.
- ↑ Vivanco, Joseba (5 de decembro de 2014). "Los cachorros enseñan sus garras a los leones" (en castelán). Consultado o 22 de xuño de 2022.
- ↑ "El Bilbao Athletic empieza a trabajar con 17 novedades en un grupo de 25 futbolistas" (en castelán). 14 de xullo de 2014. Consultado o 22 de xuño de 2022.
- ↑ Rodrigálvarez, Eduardo (28 de xuño de 2015). "El Bilbao Athletic, una orquesta variopinta de aprendices". El País (en castelán). Consultado o 22 de xuño de 2022.
- ↑ "Santamaría refuerza la delantera del Cádiz". Marca (en castelán). 20 de xullo de 2016. Consultado o 22 de xuño de 2022.
- ↑ "El Recreativo ficha al delantero del Athletic Gorka Santamaría". Mundo Deportivo (en castelán). 30 de agosto de 2017. Consultado o 22 de xuño de 2022.
- ↑ Cabranes, Ángel (6 de xullo de 2018). "Gorka Santamaría refuerza al Sporting B" (en castelán). Consultado o 22 de xuño de 2022.
- ↑ "Gorka Santamaría y Rubén Sánchez no continúan en la disciplina rojiblanca" (en castelán). 31 de maio de 2019. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2021. Consultado o 22 de xuño de 2022.
- ↑ Zubieta, Jon (3 de xullo de 2019). "El exrojiblanco Santamaría ficha por el Badajoz". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 22 de xuño de 2022.
- ↑ "Gorka Santamaría, primeira fichaxe do Dépor 22-23". 21 de xuño de 2022. Consultado o 22 de xuño de 2022.
- ↑ "La salida poco amistosa de Gorka Santamaría del Deportivo" (en castelán). 2 de xaneiro de 2023. Consultado o 28 de xaneiro de 2023.
- ↑ "Gorka Santamaría ficha de nuevo por el Badajoz y volverá a Riazor el 25 de febrero" (en castelán). 12 de xaneiro de 2023. Consultado o 28 de xaneiro de 2023.
- ↑ Sobrino, Adrián (27 de xuño de 2023). "Gorka Santamaría ficha por el Nástic de Tarragona" (en castelán). Consultado o 25 de outubro de 2023.
- ↑ "Gorka Santamaría deja de ser jugador del Nàstic" (en castelán). 24 de xullo de 2024. Consultado o 28 de xullo de 2024.
- ↑ "El delantero Gorka Santamaría se convierte en el 18º jugador de la plantilla" (en castelán). 26 de xullo de 2024. Consultado o 28 de xullo de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador no sitio web do Athletic Club (en castelán).
- Nados en 1995
- Nados en Bilbao
- Futbolistas do País Vasco
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do CD Baskonia
- Xogadores do Bilbao Athletic
- Xogadores do Cádiz CF
- Xogadores do Recreativo de Huelva
- Xogadores do Sporting de Gijón B
- Xogadores do CD Badajoz
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores do Gimnàstic de Tarragona
- Xogadores do Unionistas de Salamanca