Gordie Howe
Gordon Howe, nado en Floral (Saskatchewan) o 31 de marzo de 1928 e finado en Sylvania (Ohio) o 10 de xuño de 2016, foi un xogador de hóckey sobre xeo canadense. Entre 1946 e 1980 xogou vinte e seis temporadas na National Hockey League (NHL) e seis na World Hockey Association (WHA); as súas vinte e cinco primeiras temporadas as pasou cos Detroit Red Wings. Alcumado "Mr. Hockey", Howe adoita ser considerado o xogador máis completo da historia do deporte, e un dos máis grandes de todos os tempos.[1][2] Cando se retirou, os seus 801 goles, 1049 asistencias e 1850 puntos totais foron todos récord da NHL, que se mantiveron ata que os superou Wayne Gretzky, el mesmo gran defensor do legado de How. Participou vinte e tres veces no NHL All-Star, e mantén as marcas de máis partidos e máis temporadas xogadas na NHL. En 2017, Howe foi nomeado un dos "100 Mellores Xogadores da NHL".[3]
Howe debutou na NHL cos Red Wings en 1946. Gañou o Art Ross Trophy por liderar a liga en puntos todos os anos entre 1950-51 e 1953-54 e de novo en 1956-57 e 1962-63, un total de seis ocasións, segundo na historia da NHL. Liderou a liga en goles catro veces. Foi clasificado entre os dez mellores da liga vinte e un anos consecutivos e estableceu un récord de puntos da NHL nunha temporada (95) en 1953, marca que foi superada seis anos despois. Gañou a Copa Stanley cos Red Wings catro veces e gañou seis trofeos Hart como xogador máis valioso da NHL. Tamén foi o líder da NHL en puntos nos playoff seis veces.
Howe retirouse por primeira vez en 1971 e foi incluído inmediatamente no Saskatchewan Sports Hall of Fame ese mesmo ano. O ano seguinte foi incorporado ao Hockey Hall of Fame, mais volveu dous anos despois para unirse aos seus fillos Mark e Marty cos Houston Aeros da WHA. Aínda que xa na metade da corentena, marcou máis de cen puntos dúas veces en seis anos, gañou dous trofeos Avco World consecutivos (1974 e 1975) foi nomeado o xogador máis valioso en 1974. Fixo un breve regreso á NHL en 1979-80, xogando unha temporada cos Hartford Whalers, retirándose aos 52 anos. O seu paso pola WHA foi crucial no breve éxito anterior á fusión coa NHL, forzando á NHL a recrutar xogadores europeos e expandirse a novos mercados.
Howe foi célebre pola súa habilidade marcando, a súa forza física e a lonxevidade da súa carreira, e redefiniu as calidades ideais dun dianteiro. É o único xogador que competiu na NHL en cinco décadas diferentes (dende a de 1940 á de 1980); tamén xogou un cambio nun partido de 1997 cos Detroit Vipers da IHL, xogando ao hóckey profesional unha sexta década. Deu nome ao "Gordie Howe hat trick": un gol, unha asistencia e unha liorta no mesmo partido, aínda que el só o rexistrou dúas veces na súa carreira. Foi o primeiro receptor do NHL Lifetime Achievement Award en 2008.
Estatísticas
[editar | editar a fonte]A letra grosa indica líder da liga
Temporada regular | Playoffs | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Temporada | Equipo | Liga | GP | G | A | Pts | PIM | GP | G | A | Pts | PIM | ||
1945–46 | Omaha Knights | USHL | 52 | 22 | 26 | 48 | 53 | 6 | 2 | 1 | 3 | 15 | ||
1946-47 | Detroit Red Wings | NHL | 58 | 7 | 15 | 22 | 52 | 5 | 0 | 0 | 0 | 18 | ||
1947-48 | Detroit Red Wings | NHL | 60 | 16 | 28 | 44 | 63 | 10 | 1 | 1 | 2 | 11 | ||
1948-49 | Detroit Red Wings | NHL | 40 | 12 | 25 | 37 | 57 | 11 | 8 | 3 | 11 | 19 | ||
1949-50 | Detroit Red Wings | NHL | 70 | 35 | 33 | 68 | 69 | 1 | 0 | 0 | 0 | 7 | ||
1950-51 | Detroit Red Wings | NHL | 70 | 43 | 43 | 86 | 74 | 6 | 4 | 3 | 7 | 4 | ||
1951-52 | Detroit Red Wings | NHL | 70 | 47 | 39 | 86 | 78 | 8 | 2 | 5 | 7 | 2 | ||
1952-53 | Detroit Red Wings | NHL | 70 | 49 | 46 | 95 | 57 | 6 | 2 | 5 | 7 | 2 | ||
1953-54 | Detroit Red Wings | NHL | 70 | 33 | 48 | 81 | 109 | 12 | 4 | 5 | 9 | 31 | ||
1954-55 | Detroit Red Wings | NHL | 64 | 29 | 33 | 62 | 68 | 11 | 9 | 11 | 20 | 24 | ||
1955-56 | Detroit Red Wings | NHL | 70 | 38 | 41 | 79 | 100 | 10 | 3 | 9 | 12 | 8 | ||
1956-57 | Detroit Red Wings | NHL | 70 | 44 | 45 | 89 | 72 | 5 | 2 | 5 | 7 | 6 | ||
1957-58 | Detroit Red Wings | NHL | 64 | 33 | 44 | 77 | 40 | 4 | 1 | 1 | 2 | 0 | ||
1958-59 | Detroit Red Wings | NHL | 70 | 32 | 46 | 78 | 57 | — | — | — | — | — | ||
1959-60 | Detroit Red Wings | NHL | 70 | 28 | 45 | 73 | 46 | 6 | 1 | 5 | 6 | 4 | ||
1960-61 | Detroit Red Wings | NHL | 64 | 23 | 49 | 72 | 30 | 11 | 4 | 11 | 15 | 10 | ||
1961-62 | Detroit Red Wings | NHL | 70 | 33 | 44 | 77 | 54 | — | — | — | — | — | ||
1962-63 | Detroit Red Wings | NHL | 70 | 38 | 48 | 86 | 100 | 11 | 7 | 9 | 16 | 22 | ||
1963-64 | Detroit Red Wings | NHL | 69 | 26 | 47 | 73 | 70 | 14 | 9 | 10 | 19 | 16 | ||
1964-65 | Detroit Red Wings | NHL | 70 | 29 | 47 | 76 | 104 | 7 | 4 | 2 | 6 | 20 | ||
1965-66 | Detroit Red Wings | NHL | 70 | 29 | 46 | 75 | 83 | 12 | 4 | 6 | 10 | 12 | ||
1966-67 | Detroit Red Wings | NHL | 69 | 25 | 40 | 65 | 53 | — | — | — | — | — | ||
1967-68 | Detroit Red Wings | NHL | 74 | 39 | 43 | 82 | 53 | — | — | — | — | — | ||
1968-69 | Detroit Red Wings | NHL | 76 | 44 | 59 | 103 | 58 | — | — | — | — | — | ||
1969-70 | Detroit Red Wings | NHL | 76 | 31 | 40 | 71 | 58 | 4 | 2 | 0 | 2 | 2 | ||
1970-71 | Detroit Red Wings | NHL | 63 | 23 | 29 | 52 | 38 | — | — | — | — | — | ||
1973-74 | Houston Aeros | WHA | 70 | 31 | 69 | 100 | 46 | 13 | 3 | 14 | 17 | 34 | ||
1974-75 | Houston Aeros | WHA | 75 | 34 | 65 | 99 | 84 | 13 | 8 | 12 | 20 | 20 | ||
1975-76 | Houston Aeros | WHA | 78 | 32 | 70 | 102 | 76 | 17 | 4 | 8 | 12 | 31 | ||
1976-77 | Houston Aeros | WHA | 62 | 24 | 44 | 68 | 57 | 11 | 5 | 3 | 8 | 11 | ||
1977-78 | New England Whalers | WHA | 76 | 34 | 62 | 96 | 85 | 14 | 5 | 5 | 10 | 15 | ||
1978-79 | New England Whalers | WHA | 58 | 19 | 24 | 43 | 51 | 10 | 3 | 1 | 4 | 4 | ||
1979-80 | Hartford Whalers | NHL | 80 | 15 | 26 | 41 | 42 | 3 | 1 | 1 | 2 | 2 | ||
1997-98 | Detroit Vipers | IHL | 1 | 0 | 0 | 0 | 0 | — | — | — | — | — | ||
Totais da WHA | 419 | 174 | 334 | 508 | 399 | 78 | 28 | 43 | 71 | 115 | ||||
Totais da NHL | 1767 | 801 | 1049 | 1850 | 1685 | 157 | 68 | 92 | 160 | 220 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sinclair, Ron (10 de xuño de 2016). "Gordie Howe dies at 88". CBC Sports. Consultado o 12 de xuño de 2016.
- ↑ "Players: Gordie Howe Biography". Hockey Hall of Fame. Consultado o 26 de xuño de 2013.
- ↑ "100 Greatest NHL Players". National Hockey League. 1 de xaneiro de 2017. Consultado o 1 de xaneiro 2017.