Saltar ao contido

Gonzalo Vázquez Pozo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGonzalo Vázquez Pozo
Biografía
Nacemento29 de novembro de 1945 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Viveiro, España Editar o valor en Wikidata
Concelleiro
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncatedrático, político, editor Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeOlivia Rodríguez Editar o valor en Wikidata
Fillosunha Editar o valor en Wikidata
PaisFrancisco Vázquez Ramudo Editar o valor en Wikidata  e Luz Pozo Garza Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGallegos Editar o valor en Wikidata
BUSC: vazquez-pozo-gonzalo-1945

Gonzalo Vázquez Pozo, nado en Viveiro o 29 de novembro de 1945, é un profesor, político e editor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Documento no que Esquerda Galega pide a devolución do Pazo de Meirás, asinado en 1982 por Pura Barrio e Gonzalo Vázquez Pozo.

Fillo primoxénito de Luz Pozo Garza e Francisco Vázquez Ramudo, fixo o bacharelato como interno no Colexio Apóstolo Santiago dos Xesuítas en Teis, Vigo. É licenciado en Filosofía e Letras e MBA pola Escola de Negocios de Caixanova. Formando parte da primeira corporación democrática,[1] foi concelleiro e tenente de alcalde do Concello da Coruña de 1975 a 1983. Membro, primeiro do Partido Obreiro Galego e despois da Esquerda Galega de Camilo Nogueira Román, en setembro de 1981 organizou e participou, embarcado no Xurelo, nunha protesta contra un vertedoiro de residuos radioactivos nas costas de Galicia.[2] Xa a comezos dos anos oitenta, co tamén concelleiro Manuel Monge, empezou a traballar a prol da devolución do Pazo de Meirás.[3] Nas Eleccións ao Parlamento Europeo de 1987, como integrante do Partido Socialista Galego-Esquerda Galega, foi número dous (tras Mario Onaindia) na lista de Izquierda de los Pueblos.[4] A formación non obtivo ningún escano de eurodeputado.

En 1996, con outros catro tripulantes, fixo unha travesía oceánica nun veleiro, de Boca Chica (República Dominicana) a Ribadeo.[5]

É presidente do consello editorial de Eco, Revista do Eixo Atlántico[6] (anteriormente Eco, Revista do Arco Atlántico), publicación en lingua galega que botou a andar en 1991.[7] Foi membro da directiva da Asociación Internacional de Estudos Galegos.

En 2014 recibiu, en nome da súa nai, o Premio Laxeiro da Fundación Laxeiro, de mans do alcalde de Vigo, Abel Caballero.[8]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou coa profesora Olivia Rodríguez González que lle dedicou o seu libro Estética e teoría da cultura en Vicente Risco (2001, Galaxia).

  1. "A primeira corporación democrática do Concello da Coruña será homenaxeada o 23 de abril". Galicia Confidencial. 18/3/2019. 
  2. "Cúmprense 25 anos da histórica travesía do palangreiro Xurelo contra os vertidos radioactivos da Foxa Atlántica", CCG, 4/10/2006.
  3. "Chegou o momento de recuperar Meirás" Adiante.
  4. "Eurodiputados rotatorios". El País (en castelán). 23/5/1987. 
  5. Neira, N. (14/1/2018). "Dueños del mar". El Progreso (en castelán).Neira&rft.chron=14/1/2018&rft.genre=article&rft.jtitle=El Progreso&rft_id=https://www.elprogreso.es/articulo/lugo/duenos-del-mar/201801141926141289777.html&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:journal" class="Z3988"> 
  6. Eco, Revista do Eixo Atlántico
  7. "Gonzalo Vázquez Pozo: “Levamos 20 anos na rúa pese ó noso estado natural de crise”". El Correo Gallego. 13/10/2010. 
  8. Santos, Ágatha de (22/2/2014). "Luz Pozo se convierte en la segunda mujer que recibe el Premio Laxeiro". Faro de Vigo (en castelán). 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • Gago, Xosé (6/4/2019). "Los pioneros de María Pita, 40 años después". La Voz de Galicia (en castelán).Gago&rft.chron=6/4/2019&rft.genre=article&rft.jtitle=La Voz de Galicia&rft_id=https://webcache.googleusercontent.com/search?q=cache:w-g_gFIim1YJ:https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2019/04/06/pioneros-maria-pita-40-anos-despues/0003_201904H6C3993.htm+&cd=1&hl=gl&ct=clnk&gl=es&client=firefox-b-d&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:journal" class="Z3988">