Gonçalo M. Tavares
Nome orixinal | (pt) Gonçalo Manuel de Albuquerque Tavares |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1970 (53/54 anos) Luanda, Angola |
Actividade | |
Ocupación | poeta, dramaturgo, escritor |
Empregador | Universidade de Lisboa |
Premios | |
| |
Gonçalo Manuel de Albuquerque Tavares, nado en Luanda en agosto de 1970, máis coñecido como Gonçalo M. Tavares, é un escritor e profesor universitario portugués.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Luanda, Angola, en 1970, onde a nai era matemática e o pai enxeñeiro, mais aos 3 anos veu para Aveiro, Portugal.[1] Estudou Física, deportes e artes. Profesor de Epistemoloxía na Universidade de Lisboa. Foi bolseiro do Ministerio de Cultura de Portugal cunha bolsa na área de Poesía.[2][3]
Os seus libros deron orixe a pezas de teatro, obxectos artísticos, vídeos de arte, ópera etc. Están en curso cerca de 220 traducións distribuídas por corenta e cinco países.[4]
Está considerado un dos mellores escritores portugueses da súa xeración e un dos máis influéntes de Europa cun mundo persoal moi orixinal.[5]
A novela Jerusalém foi incluída na edición europea de "1001 libros para ler antes de morrer" – unha guía cronolóxica das máis importantes novelas de todos os tempos.
Recoñecementos:
- José Saramago, no discurso de asignación do Premio á novela "Jerusalém", dixo: «'Jerusalém' é um grande livro, que pertence à grande literatura ocidental. Gonçalo M. Tavares não tem o direito de escrever tão bem apenas aos 35 anos: dá vontade de lhe bater!».
- Del dixo tamén Vila-Matas, no Magazine Littéraire: "... de narrador de raça a génio de um imenso futuro. É um escritor que não vai continuar muito mais tempo despercebido nessa Europa…"
- "Tavares triunfará, iso é algo que se ve xa a chegar." in El País, España.
Obras
[editar | editar a fonte]O Reino
[editar | editar a fonte]Unha tetraloxía, os seus libros negros, catro novelas curtas que convidan a reflexionar sobre un contexto político moi actual: a liberdade do individuo en sociedade, a violencia e o poder do Estado ou as relacións sociais.[6] Tamén reflexiona sobre a violencia e o medo.[1] Publicado en español como El Reino, Seix Barral, 744 páxs., trad. de Ana Rita Da Costa e prólogo de Enrique Vila-Matas.
- Um Homem: Klaus Klump (2003). Caminho.
- A Máquina de Joseph Walser (2004). Caminho.
- Jerusalém (2004). Caminho.
- Aprender a Rezar na Era da Técnica (200). Caminho.
Serie "O Bairro"
[editar | editar a fonte]A serie O Bairro, cadernos dedicados aos Señores (homónimos de grandes escritores da modernidade), é "unha especie de historia da literatura en ficción", unha utopía que vai no décimo volume. Mesturando realidade e ficción vai tecendo fábulas que se poderían clasificar como fábulas críticas.[7] Permite uma leitura mais lúdica. Publicados todos en español como El Barrio (2015), Seix Barral, 552 páxs., trad. de Florencia Garamuño.[8]
- O Senhor Valéry (2002). Caminho.
- O Senhor Henri (2003). Caminho.
- O Senhor Brecht (2004). Caminho.
- O Senhor Juarroz (2004). Caminho.
- O Senhor Kraus (2005). Caminho.
- O Senhor Calvino (2005). Caminho.
- O Senhor Walser (2006). Caminho.
- O Senhor Breton (2008). Caminho.
- O Senhor Swedenborg (2009). Caminho.
- O Senhor Eliot (2010). Caminho.
Libros Negros (cancións)
[editar | editar a fonte]- Água, cão, cavalo, cabeça (2006). Caminho. Contos pequenos, en que cada un se eleva nunha labazada no estómago.[9] Pequenas historias cuxas personaxes son seres - humanos e animais - feos, tristes, grotescos (que lembran unha tea de Paula Rego) e que protagonizan episodios de sexo, violencia, morte.[10]
- Canções Mexicanas (2011). Relógio d'Água. Ficción ambientada na cidade de México.
- Animalescos (2013).- Relógio d'Água. Home, animal e máquina están presentes nestas prosas. Tres elementos a partir dos que Gonçalo M. Tavares elabora unha potente reflexión sobre a loucura como condición humana, sobre o caos, o bestial e a animalidade que nos habita, algúns dos seus reversos: a razón, a civilización, a fe e a tecnoloxía.[11]
Colección "Breves notas"
[editar | editar a fonte]Colección de ensaios
- Breves notas sobre ciência (2006). Relógio d'Água.
- Breves notas sobre o medo (2007). Relógio d'Água.
- Breves notas sobre as ligações (2009).Relógio d'Água.
- Breves notas sobra música (2015). Relógio d'Água.
- Breves notas sobre literatura - Bloom (2018). Relógio d'Água.
Bloom Books
[editar | editar a fonte]- A perna Esquerda de Paris seguido de Roland Barthes e Robert Musil (2004). Relógio d’ Água.
Poesía
[editar | editar a fonte]- Livro da dança (2001). Assírio & Alvim
- 1 (2004). Relógio d'Água.
Contos
[editar | editar a fonte]- Histórias falsas (2001). Campo das Letras.
- Short Movies (2011). Caminho.
- Matteo perdeu o emprego (2010). Porto Editora.
Teatro
[editar | editar a fonte]- A Colher de Samuel Beckett (2003). Campo das Letras.
Investigacións
[editar | editar a fonte]- Libro da dança (2001). Assírio e Alvim.
- Investigacións. Novalis (2002). Dífel.
- Investigações geométricas (2005). Teatro do Campo Alegre.
Diversos
[editar | editar a fonte]- Biblioteca (2001). Campo das Letras.
- Uma Viagem à Índia (2010). Caminho. Propón unha Epopea portuguesa para o séc. XXI. Segue a estrutura da obra Os Lusíadas, de Luís Vaz de Camões, copiándolle a segmentación en cantos e estrofas, na mesma cantidade que o orixinal.[12]
- Uma Menina está Perdida no seu Século à Procura do Pai (2014). Porto Editora.
- Os Velhos Também Querem Viver (2014). Caminho.
- O Torcicologologista, Excelência (2015). Caminho.
- A Mulher-Sem-Cabeça e o Homem-do-Mau-Olhado (2017). Bertrand Editora.
- Cinco meninos, Cinco ratos (2018). Bertrand Editora.
- Na América, disse Jonathan (2019). Relógio d'Água.
- Bucareste-Budapeste: Budapeste-Bucareste (2019). Relógio d'Água.
Tese
[editar | editar a fonte]- A Temperatura do Corpo (2001). Instituto Piaget.
- Atlas do Corpo e da Imaginação (2013). Caminho.
Premios
[editar | editar a fonte]- 2002: Premio Revelación de Poesía da Asociación Portuguesa de Escritores por Investigações. Novalis
- 2002: Premio Branquinho da Fonseca da Fundación Calouste Gulbenkian e do Xornal Expresso, por O Senhor Valéry
- 2004: Premio LER/Millennium BCP por Jerusalém
- 2005: Premio José Saramago por Jerusalém
- 2006: Gran Premio de Conto da Asociación Portuguesa de Escritores "Camilo Castelo Branco" por con Água, cão, cavalo, cabeça
- 2007: Premio Portugal Telecom de Literatura por Jerusalém
- 2008: X Premio Internacional Trieste, na Italia
- 2010: Grande Prémio de Romance e Novela APE/IPLB por Uma Viagem à Índia
- 2010: Prémio do Melhor Livro Estrangeiro en Francia por Aprender a Rezar na Era da Técnica
- 2012: Foi feito Grande-Oficial da Orde do Infante D. Henrique.
- 2018: Prémio Vergílio Ferreira.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Coutinho, Isabel. "O escritor Gonçalo M. Tavares". PÚBLICO (en portugués). Consultado o 2020-04-08.
- ↑ Escritores.org. "Tavares, Gonçalo M.". www.escritores.org (en castelán). Consultado o 2020-04-08.
- ↑ Fidelizarte. "Gonçalo M. Tavares". Portal da Literatura (en portugués). Consultado o 2020-04-08.
- ↑ "Gonçalo M. Tavares: biografia e todos os Livros". www.fnac.pt (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2020. Consultado o 2020-04-08.
- ↑ "Gonçalo M. Tavares". CCCB (en castelán). Consultado o 2020-04-08.
- ↑ El reino - Gonçalo M. Tavares. Planeta de Libros (en castelán).
- ↑ "RECORRIDOS - La Central - 2020". www.lacentral.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2020-04-08.
- ↑ Delgado, Antonio Sáez (2015-07-31). "El vecindario de Tavares". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-04-08.
- ↑ "Água, Cão, Cavalo, Cabeça - Livro - WOOK". www.wook.pt (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2020. Consultado o 2020-04-08.
- ↑ "Água, Cão, Cavalo, Cabeça". www.goodreads.com (en portugués). Consultado o 2020-04-08.
- ↑ "Kriller71". kriller71ediciones.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2020. Consultado o 2020-04-08.
- ↑ "Uma Viagem à Índia" (en portugués). 2016-11-22.