Saltar ao contido

Golfo de Fonseca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaGolfo de Fonseca
Imaxe
Tipobaía Editar o valor en Wikidata
Parte deOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Mapa
 13°15′N 87°45′O / 13.25, -87.75
Composto por
Afluentes
Características
AtravesaHonduras, Nicaragua e O Salvador Editar o valor en Wikidata
Superficie3.200 km² Editar o valor en Wikidata
Candidato a Patrimonio da Humanidade
Data21 de setembro de 1992
Identificador206

O golfo de Fonseca, é un entrante protexido do océano Pacífico, ao oeste de América Central, que limita ao noroeste co Salvador, ao nordeste e ao leste, por Honduras, e ao sur por Nicaragua.

Un dos mellores portos naturais do mundo[1], cunha extensión duns 3.200 km². Entre os portos importantes atópanse La Unión, no Salvador; San Lorenzo, en Honduras; e Puerto Morazán, en Nicaragua.

O conquistador español Gil González Dávila encontrouno mentres procuraba unha rota marítima que comunicara o Atlántico co Pacífico. Un tratado asinado no 1916 concedeulle aos EUA a opción de construír unha canle interoceánica e unha base naval na zona do golfo.

En 1849, Ephraim Squier negociou un tratado cos Estados Unidos para construír un canal a través de Honduras, para que atravesar dende o mar Caribe ao golfo. Frederick Chatfield, británico comandante en América Central, atemorizado por que a presenza norteamericana en Honduras desestabilizase aos británicos, envía a súa frota para ocupar a Illa do Tigre, na entrado do golfo.

Os tres países -Honduras, O Salvador e Nicaragua- coa liña de costa ao longo do golfo rematan nun conflito sobre os dereito do golfo e das illas localizadas dentro del. En 1992, unha resolución do Tribunal Internacional de Xustiza (ICJ) decidía sobre a terra, as illas e o conflito marítimo nas fronteiras; facía unha partición. O ICJ determina que O Salvador, Honduras e Nicaragua compartan o control do golfo de Fonseca, posuíndo O Salvador as illas de Meanguera e de Meanguerita, e Honduras, a illa do Tigre.

Entre as illas máis importantes destacan: Meanguera do Golfo e Zacatillo (O Salvador); Zacate Grande e O Tigre (Honduras), e os Illotes de Consiguina (pertencentes a Nicaragua).

O Tigre, a pesar do seu pequeno tamaño, ten un quilómetro aproximado de diámetro, consta dunha elevación central que supera aos 780 msnm.

Ao golfo de Fonseca desembocan varios ríos, entre os máis importantes están o río Amatillo, na bocana coñecida como Bocana El Pecho, que entra na Baía La Unión, a máis occidental das baías nas que se divide o golfo; o río Goascorán, que serve de límite entre O Salvador e Honduras tamén desemboca na Baía A Unión; o río Nacaome desemboca na Baía de Chismuyo; o río Choluteca, que pasa próximo á cidade do mesmo nome; e, o río Sumpile, tamén. A terceira baía, dende occidente, é a de San Lourenzo, ao fondo da cal atópase o porto El Henecan, pertencente a Honduras.

Zona húmida de importancia internacional

[editar | editar a fonte]
Golfo de Fonseca, foto da NASA.

O 10 de xullo de 1999, un complexo de sete áreas costeiras con aproximadamente 69,700 ha de superficie, entra a formar parte do Convención de Ramsar, elixido pola UNESCO, ao longo da porción hondureña do chamado Corredor Biolóxico Mesoamericano do Pacífico.

Estas sete zonas húmidas son: Baía de Chismuyo, Baía de San Lorenzo, Los Delgaditos, Las Iguanas e Punta Condega; Jicarito, San Bernardo e La Berbería.

Economía

[editar | editar a fonte]

A súa economía baséase na pesca, no traballo portuario e no turismo local e rexional.

  1. "Xestión integrada dos ecosistemas do Golfo de Fonseca". Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2008. Consultado o 07 de xuño de 2008. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]