Saltar ao contido

Glomerulonefrite membranoproliferativa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Glomerulonefrite membranoproliferativa
Clasificación e recursos externos
ICD-10N.00 N.08
ICD-9581.2 582.2 583.2
OMIM609814 305800
DiseasesDB1353
MedlinePlus000475
eMedicinemed/887
MeSHD015432
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A glomerulonefrite membranoproliferativa (GMP), tamén coñecida coma glomerulonefrite mesanxiocapilar é unha glomerulonefrite (inflamación do glomérulo renal) caracterizada por depósitos na membrana basal glomerular e no mesanxio do ril.[1]

Esta glomerulonefrite é a responsábel dun 4% dos casos de síndrome nefrítica en nenos, e dun 7% destas en adultos.[2]

Non ha de ser confundida coa glomerulonefrite membranosa, onde a membrana basal glomerular está afecta, mais non o mesanxio.

Patoloxía

[editar | editar a fonte]
Glomérulo renal. GMP afecta ao mesanxio (#5a) e mais á membrana basal glomerular (#1).

Na glomerulonefrite membranoproliferativa prodúcense depósitos intraglomerulares no mesanxio e na membrana basal glomerular.

É tamén a nefropatía que máis adoita estar asociada á hepatite C.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Existen tres tipos de GMP.

É, de lonxe, o tipo máis común. É causado por depósitos de inmunocomplexos no ril. Está caracterizada polo depósito mesanxial e subendotelial destes inmunocomplexos.

Crese que está asociado á [[vía clásica do complemento.[3]

A tipo II (ás veces chamada tamén "doenza de depósitos densos"[4]) é semellante á tipo I. Porén, crese asociada á vía alternativa do complemento.[5][6]

A remision espontánea neste tipo é infrecuente. De feito, o 50% dos doentes evolucionarán a insuficiencia renal crónica terminal nun prazo de 10 anos.[7]

A tipo III é moi infrecuente, e é caracterizada por unha mestura entre os dous tipos anteriores.

Identificouse un xene no cromosoma 1 coma posíbel candidato a ser a orixe da doenza.[8]

  1. Elsevier (ed.). "Webcentros". Archived from the original on 02 de marzo de 2009. Consultado o 15 de xaneiro de 2014. 
  2. Habib R, Gubler MC, Loirat C, Mäiz HB, Levy M (1975). "Dense deposit disease: a variant of membranoproliferative glomerulonephritis". Kidney Int. 7 (4): 204–15. PMID 1095806. doi:10.1038/ki.1975.32. 
  3. West CD, McAdams AJ (1998). "Glomerular paramesangial deposits: association with hypocomplementemia in membranoproliferative glomerulonephritis types I and III". Am. J. Kidney Dis. 31 (3): 427–34. PMID 9506679. doi:10.1053/ajkd.1998.v31.pm9506679. 
  4. "Final Diagnosis — Case 148". Consultado o 2008-11-25. 
  5. Rose KL, Paixao-Cavalcante D, Fish J; et al. (2008). "Factor I is required for the development of membranoproliferative glomerulonephritis in factor H-deficient mice". J. Clin. Invest. 118 (2): 608–18. PMC 2200299. PMID 18202746. doi:10.1172/JCI32525. 
  6. Licht C, Schlötzer-Schrehardt U, Kirschfink M, Zipfel PF, Hoppe B (2007). "MPGN II--genetically determined by defective complement regulation?". Pediatr. Nephrol. 22 (1): 2–9. PMID 17024390. doi:10.1007/s00467-006-0299-8. 
  7. Swainson CP, Robson JS, Thomson D, MacDonald MK (1983). "Mesangiocapillary glomerulonephritis: a long-term study of 40 cases". J. Pathol. 141 (4): 449–68. PMID 6363655. doi:10.1002/path.1711410404. 
  8. Neary JJ, Conlon PJ, Croke D; et al. (2002). "Linkage of a gene causing familial membranoproliferative glomerulonephritis type III to chromosome 1". J. Am. Soc. Nephrol. 13 (8): 2052–7. PMID 12138136. doi:10.1097/01.ASN.0000022006.49966.F8. 

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Farreras-Rozman: Medicina Interna. 16º Edición. C Rozman, F Cardellach, JM Ribera, A de la Sierra. Editorial Elsevier, 2009.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]