Saltar ao contido

Glomeruloesclerose segmentaria e focal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Glomeruloesclerose focal segmentaria»)
Glomeruloesclerose segmentaria e focal
Clasificación e recursos externos
Micrografía óptica dunha Glomeruloesclerose focal e segmentaria, variante hiliar. Biopsia renal. Tinción de PAS.
ICD-10N.00
ICD-9581.3
DiseasesDB8230
MedlinePlus000496
eMedicine1483/
MeSHD009404
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A glomeruloesclerose segmentaria e focal (GSF), tamén coñecida coma glomerulonefrite esclerosante segmentaria e focal , é unha doenza que afecta ao glomérulo renal (glomerulopatía). É unha das causas de síndrome nefrótica tanto en adultos coma en nenos, e unha causa frecuente de insuficiencia renal.

O nome que dá lugar á doenza vén das características desta: é focal porque só afecta a algúns glomérulos; segmentaria, porque só afecta a unha parte do glomérulo e non á totalidade; e glomeruloesclerose porque se produce unha esclerose (ou cicatrización) do glomérulo, a porción funcional do nefrón.

Constitúe a glomerulonefrite que máis axiña recidiva após o transplante renal, facéndoo en cuestión de días despois da intervención.[1]

Nos últimos anos esta doenza vén de aumentar a súa incidencia en determinados países, coma os EEUU. Varias hipóteses indican que a obesidade podería ter relación co desenvolvemento desta enfermidade.[2]

Existen diversas causas que poden levar a producir a GSF:

Causas xenéticas

[editar | editar a fonte]

Hiperfiltración do glomérulo

[editar | editar a fonte]

Cando existe hiperfiltración do glomérulo, a albumina (unha das proteínas que se filtran) tórnase tóxica para o glomérulo. Existen varias causas que dan lugar a un aumento da filtración glomerular. Entre elas, destacan:

Toxicidade directa nos podocitos

[editar | editar a fonte]

A cápsula de Bowman que recobre ao glomérulo pode ser danada por diferentes substancias ou doenzas que atacan ao podocito, a célula principal desta estrutura. Entre elas, a destacar:

Signos e síntomas

[editar | editar a fonte]

A forma de presentación típica dos casos xenéticos é a síndrome nefrótica, isto é, edemas nas extremidades inferiores e na face, sangue na urina (hematuria), hipoproteinemia e hiperproteinuria. Se for un caso complicado, podería ocasionar derramamento pleural e ascite. As GSF secundarias a hiperfiltración non cursan con tanta frecuencia con síndrome nefrótica.

Tratamento

[editar | editar a fonte]

No caso das GFS de causa primaria e xenética, os corticoides son o tratamento de elección. Un de cada 3 casos sofre unha curación espontánea sen necesidade de pautar ningún tipo de fármaco. Os casos nos que os corticoides non sexan efectivos pódese usar inmunosupresores como a ciclofosfamida, aínda que existe un maior risco de reaccións adversas, como a toxicidade hepática.[5]

Outra opción terapéutica constitúena os fármacos anticalcineurínicos, coma son a ciclosporina e o tacrolimus, tendo unha efectividade na curación en dous de cada tres casos. Porén, o 60% deles torna a recaer ao retirarse a medicación.

O micofenolato de mofetilo e o rituximab foron empregados nos casos nos que o tratamento con corticoides e anticalcineurínicos foi insuficiente, mais a eficacia foi pobre.[6] As GFS secundarias a outras doenzas non teñen tanto éxito co tratamento con corticoides, e é fundamental curar a causa que orixina a doenza. Para tratar a síndrome nefrótica hanse de empregar fármacos inhibidores do sistema renina-anxiotensina-aldosterona (IECAs).

Se ningún dos fármacos é efectivo, a solución última é o transplante renal. Porén, a GSF é a glomerulopatía que máis recidiva unha vez transplantado o ril, tornando a doenza en cuestión de días.[7]

Prognóstico

[editar | editar a fonte]

A pesar de que existen casos de boa resposta ao tratamento, e incluso de remisión espontánea, adoita ser unha doenza crónica que evoluciona e enfermidade renal terminal, sendo necesario o transplante. A evolución da doenza é, porén, lenta, tardando entre 5 e 20 anos en se producir a insuficiencia renal.

  1. Harrison: Principios de Medicina Interna, 18º Edición. DL Longo, AS Fauci, DL Kasper, SL Hauser, JL Jameson, E Braunwauld. Ed McGraw Hill, 2013.
  2. Farreras-Rozman: Medicina Interna. 16º Edicion. C Rozman, F Cardellach, JM Ribera, A de la Sierra. Editorial Elsevier, 2009.
  3. Cao XY, Wei RB, Wang YD, Zhang XG, Tang L, Chen XM. Focal segmental glomerulosclerosis associated with maternally inherited diabetes and deafness: clinical pathological analysis. Indian J Pathol Microbiol. 2013 Jul-Sep;56(3):272-5. doi: 10.4103/0377-4929.120392.
  4. Banu SG, Banu SS, Saleh FM. HIV-associated nephropathy (HIVAN): a short review of different authors. Mymensingh Med J. 2013 Jul;22(3):613-7.
  5. Subramaniam SR, Cader RA, Mohd R, Yen KW, Ghafor HA. Low-dose cyclophosphamide-induced acute hepatotoxicity. Am J Case Rep. 2013 Sep 4;14:345-9. doi: 10.12659/AJCR.889401.
  6. Lau EW, Ma PH, Wu X, Chung VC, Wong SY. Mycophenolate mofetil for primary focal segmental glomerulosclerosis: systematic review. Ren Fail. 2013 Jul;35(6):914-29. doi: 10.3109/0886022X.2013.794687. Epub 2013 May 28.
  7. Sprangers B, Kuypers DR. Recurrence of glomerulonephritis after renal transplantation. Transplant Rev (Orlando). 2013 Oct;27(4):126-34. doi: 10.1016/j.trre.2013.07.004. Epub 2013 Aug 15

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]