Glen Davis
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 1 de xaneiro de 1986 (38 anos) Baton Rouge, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Universidade Estatal de Luisiana Louisiana State University Laboratory School (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 206 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 131 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2007 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala-pivote e Pivote | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Seattle SuperSonics | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Ronald Glen Davis, nado o 1 de xaneiro de 1986 en Baton Rouge, Louisiana, máis coñecido como Glen "Big Baby" Davis, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense actualmente axente libre. Mide 2,06 metros e xoga de ala-pivote.
Traxectoria deportiva
[editar | editar a fonte]Universidade
[editar | editar a fonte]Xogou durante 3 anos cos Tigers da Universidade de Louisiana State. No ano 2006 levou ao seu equipo á Final Four da NCAA por vez primeira desde 1986, caendo ante UCLA en semifinais. Ese ano foi elixido polos adestradores da Southeastern Conference como Mellor xogador do ano da súa conferencia. Fixo ao longo da súa carreira universitaria 17,7 puntos, 10,4 rebotes e 2,3 asistencias.[1]
Profesional
[editar | editar a fonte]Foi elixido no posto 35 do Draft da NBA de 2007 por Seattle SuperSonics, mais os seus dereitos foron traspasados a Boston Celtics xunto con Ray Allen a cambio de Delonte West, Wally Szczerbiak e os dereitos da quinta elección do Draft de 2007, Jeff Green.
O 9 de decembro de 2011, Davis foi traspasado aos Orlando Magic a cambio de Brandon Bass. O 21 de febreiro de 2014, Davis e os Magic chegaron un acordo para a rescisión do seu contrato.[2]
O 24 de febreiro de 2014, Davis fichou polos Los Angeles Clippers.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Estatísticas de Davis en LSU
- ↑ Magic, Glen Davis Agree to Buyout
- ↑ "CLIPPERS SIGN FORWARD GLEN DAVIS". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 24 de febreiro de 2014. Consultado o 24 de febreiro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Glen Davis en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas de Glen Davis Arquivado 19 de xuño de 2010 en Wayback Machine. (en inglés)
- Ficha de Davis na web da LSUArquivado 22 de agosto de 2019 en Wayback Machine. (en inglés)