Saltar ao contido

Gillian Armstrong

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGillian Armstrong

(2012) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de decembro de 1950 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Melbourne, Australia Editar o valor en Wikidata
EducaciónAustralian Film Television and Radio School (en) Traducir
Universidade de Tecnologia de Swinburne (pt) Traducir
Victorian College of the Arts (en) Traducir
Vermont Secondary College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirectora de cinema, directora artística, actriz, produtora, guionista, realizadora Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1970 Editar o valor en Wikidata -
Participou en
19791979 Cannes Film Festival (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Women film directors : an international bio-critical dictionary (en) Traducir
The St. James women filmmakers encyclopedia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000788 Allocine: 14499 Allmovie: p79948 TCM: 5597 BNE: XX1176522 Editar o valor en Wikidata

Gillian May Armstrong, nada en Melbourne o 18 de decembro de 1950 é unha directora australiana de longametraxes e documentais, especializada en dramas de época. Os seus filmes adoitan representar perspectivas e protagonistas femininas.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nada en Melbourne, Gillian Armstrong creceu no suburbio de Mitcham. Graduouse no Swinburne Technical College en 1968, estudou deseño de vestiario para o teatro e realización de cinema. O 1972 entrou no Australian Film Television and Radio School.[1] Tres anos despois dirixiu dúas curtametraxes, The Singer And The Dancer e Smokes and Lollies (1975).

A súa primeira longametraxe, My Brilliant Career (1979), adaptación da novela homónima de Miles Franklin, foi a primeira longametraxe australiana dirixida por unha muller en 46 anos. Armstrong recibiu seis premios do Australian Film Institute Awards, incluído o da mellor dirección. Despois do éxito do filme, que foi candidato ao Óscar ao mellor deseño de vestiario, dirixiu o pequeno musical australiano Starstruck (1981).[2]

A partir de entón, Armstrong especializouse en dramas. O seu maior éxito en Hollywood obtívoo en 1994 coa adaptación de Little Women, protagonizada por Winona Ryder e Susan Sarandon, á que seguiron filmes como Oscar and Lucinda (1997) e Charlotte Gray (2001).

Temas e estilo

[editar | editar a fonte]

Armstrong deu voz ao seu desexo de alcanzar un público amplo nas súas entrevistas, incluíndo homes e mulleres de todas as nacionalidades. Porén, a súa obra diríxese continuamente ás políticas sexuais e as tensións familiares. Os seus filmes céntranse na fuxida e na loita cos roles tradicionais de xénero e a súa evolución e inconvenientes, como en One hundred a Day, My Brilliant Career, High Tide e Oscar and Lucinda.[3] Ademais, moita xente definiuna como creadora de "mulleres fortes", aínda que insiste que simplemente realiza filmes sobre personaxes complexas e as escollas que estes fan.[1]

Armstrong ten un estilo distintivo na súa obra que resiste categorizacións sinxelas. A maioría dos seus filmes non poden ser definidos simplemente como "filmes de mulleres".[3] Os seus filmes descríbense como mestura de xéneros de xeito que recrean como algo amplamente diferente do que foron considerados. Non obstante, tamén poden considerarse filmes convencionais atractivos para o público. Posúen unha fotografía sensible e delicada, unha montaxe fluída, un sentido evocador para os decorados e o vestiario, e un compromiso co desenvolvemento de personaxes sólidas e a interpretación.[3] Segundo a investigadora cinematográfica Gwendolyn Audrey Foster, Armstrong ten unha "forte inclinación feminista" e un "sentido do humor mordaz".[4]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Armstrong está casada con John Pleffer,[5] e teñen dúas fillas.[6]

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Ano Título Tipo Notas
1970 Old Man and Dog Curtametraxe
1971 Roof Needs Mowing Curtametraxe
1973 Satdee Night Curtametraxe Tamén guionista
1973 One Hundred a Day Curtametraxe Tamén guionista
1973 Gretel Curtametraxe Tamén guionista
1975 The Singer and the Dancer Curtametraxe Tamén coguionista e produtora
1976 Smokes and Lollies Documental
1979 My Brilliant Career
1980 Touch Wood Documental
1980 Fourteen's Good, Eighteen's Better Documental Tamén produtora
1982 Starstruck
1983 Having a Go Documental
1984 Mrs. Soffel Participou no 35.º Festival Internacional de Cinema de Berlín.[7]
1986 Hard to Handle Documental Concerto da xira True Confessions de Bob Dylan de 1986 con Tom Petty and the Heartbreakers. Emitido nun especial de HBO e estreado só en VHS.
1987 High Tide
1988 Bingo, Bridesmaids & Braces Documental
1991 Fires Within
1992 The Last Days of Chez Nous Participou no 42.º Festival Internacional de Cinema de Berlín.[8]
1994 Little Women
1996 Not Fourteen Again Documental Tamén guionista e produtora
1997 Oscar and Lucinda
2001 Charlotte Gray
2006 Unfolding Florence: The Many Lives of Florence Broadhurst Documental
2007 O derradeiro gran mago
2009 Love, Lust & Lies
2015 Women He's Undressed Documental
  1. 1,0 1,1 Higson, Rosalie."Gillian Armstrong: The Real Thing"The Australian: Arts The Australian. Web
  2. Reichl, Ruth. "At Tea With: Gillian Armstrong; A Lucky Director's Daring Career."The New York Times. The New York Times. Web.
  3. 3,0 3,1 3,2 "Gillian Armstrong: Women Filmmakers & Their Filmes." Gale Biography in Context Arquivado 20 de maio de 2020 en Wayback Machine.. Gale Cengage Learning. Web.
  4. Gwendolyn Audrey Foster, 1995, Greenwood Press, Westport (CT) e Londres, Women Film Directors: An International Bio-Critical Dictionary. Consultado o 15 de decembro de 2014, páxina 114
  5. "Gillian Armstrong: Award-winning director on smashing through glass ceilings; paying tribute to Australian costume designing legend Orry-Kelly". ABC. 
  6. Reichl, Ruth. "AT TEA WITH: Gillian Armstrong; A Lucky Director's Daring Career". New York Times. 
  7. "Berlinale: 1985 Programme". berlinale.de. Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2017. Consultado o 9 de xaneiro de 2011. 
  8. "Berlinale: 1992 Programme". berlinale.de. Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2011. Consultado o 27 de maio de 2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]