Saltar ao contido

Gigantic

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
«Gigantic»
sinxelo de Pixies
do álbum Surfer Rosa
Lanzamento 22 de agosto de 1988
Formato {{{formato}}}
Gravada decembro de 1987
Xénero musical rock alternativo
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración 3:13 (versión do sinxelo)
Discográfica 4AD
Produtor(es) Steve Albini (álbum), Gil Norton (sinxelo)
Escritor(es) Kim Deal, Black Francis
Cronoloxía
«-» «Gigantic» «"Monkey Gone to Heaven
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"Gigantic" é un sinxelo da banda estadounidense de rock alternativo Pixies, editado o 22 de agosto de 1988. O tema aparece no seu primeiro álbum de estudio, Surfer Rosa, editado en 1988. "Gigantic" foi lanzado como primeiro sinxelo da banda. A canción aparece no recompilatorio de grandes éxitos da banda Wave of Mutilation: Best of Pixies.

"Gigantic" foi composta pola baixista Kim Deal e o vocalista e guitarrista Black Francis, e a encargada da voz principal no tema é Deal. Trátase dun dos maiores éxitos dos Pixies e un dos temas favoritos do público nos seus directos, que adoitan a tocar nos bises. A súa recoñecible melodía procede da sinxela pero efectiva liña de baixo de Deal que é repetida ao longo de toda a canción.

O tema nunca hegou a entrar nas principais listas e foi o seu único sinxelo do álbum Surfer Rosa. Porén, foi o primeiro éxito da banda e hoxe en día aínda é habitual escoitala nalgunhas emisoras de radio. En maio do 2007 a revista NME posicionou a "Gigantic" no número 38 da súa lista dos 50 mellores himnos de indie de todos os tempos.

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]
  1. "Gigantic" (New Version) (Black Francis e Kim Deal) – 3:12
  2. "River Euphrates" (New Version) (Black Francis) – 3:23
  3. "Vamos" (Live) (Black Francis) – 3:28
  4. "In Heaven (The Lady in the Radiator Song)" (Live) (Peter Ivers e David Lynch) – 1:46